O candidato da formación á Xunta, Pancho Casal, incide na importancia de ordear o sector para facelo máis forte: “A mesa do taxi permitirá ir cara a un modelo máis xusto para o sector, máis axeitado á nova normalidade”
O candidato á presidencia da Xunta de Galicia pola Marea galeguista, Pancho Casal, e a número un pola provincia de Pontevedra, Peque González, participaron nun encontro con membros da asociación Élite Taxi Vigo, unha das agrupacións con maior peso no sector na cidade. Na reunión reclamouse que a Xunta cumpla a lei: “O sector do taxi pide que a Xunta cumpla a lei no relativo ás licenzas”, afirmaron. Nese sentido, reclaman das administracións un plan de incentivos para fomentar a amortizacion de licenzas e para controlar as irregularidades das chamadas aplicacións VTC.
A Marea Galeguista apostou no encontro pola implantación dun marco de ordenzanzas municipais que homoxeinice o sector, na liña do modelo actual de policías locais de Galicia. “Temos que crear unha mesa galega do taxi, que permitirá ir cara a un modelo máis xusto para o sector, máis axeitado á nova normalidade. Tamén máis accesible para o usuario e que ordeará ese ámbito en todo o país”, dixo Pancho Casal. “Temos que implicar ao sector, á Xunta e á Fegamp para que o taxi se modernice e se adecúe á nova normalidade. Ten que haber un diálogo que actualmente non existe”, engadiu.
Pola súa banda, o candidato da Marea Galeguista respalda á asociaciñon e ao sector na súa demanda para loitar contra as irregularidades, a competencia desleal e a precariedade laboral nas que incurren as plataformas VTC. Tamén destacou a importancia do sector para a nova normalidade: “O sector do taxi é fundamental para sostibilidade do país. A crise sanitaria puxo de manifesto a súa relevancia e a súa capacidade de servizo público”, dixo.
Nese sentido os taxistas recalcaron que xa tomou medidas para aplicar as novas tecnoloxías, con pouca resposta por parte da administración: “En Bruxelas presentamos unha app europea para o taxi. Non estamos en contra das novas teconoloxías, estamos en contra do intrusismo. As licenza VTC non son taxis. Non permiten traballar nos casco urbanos”, denunciaron os membros da asociación.
No encontro tamén se puxo de manifesto a importancia do taxi para vertebrar o ámbito rural: “O noso servizo no ámbito rural galego ten un peso fundamental na súa función de servizo publico, para interrrelacion das persoas e a vertebración territorial”, concluiron os taxistas.

