Marea de Vigo urxe ao goberno local a actuar con responsabilidade na crise sanitaria

Os voceiros do grupo, Rubén Pérez e Oriana Méndez, nun pleno municipal.

No comunicado emitido polo grupo municipal de Marea de Vigo, sinalan que «o esforzo destes meses podería verse truncado diante dun evidente relaxamento por parte do Concello de Vigo, que debería actuar de xeito exemplar ante a cidadanía». Ademáis recordan que «todos os eventos programados e por programar deben axustarse a un protocolo exhaustivo e rigoroso que siga estrictamente as pautas sanitarias. Responsabilidade e prevención deben ser a prioridade e son responsabilidade do Gobeno local, que non pode botar balóns fóra a ningunha outra Administración».

«Vigo non pode afrontar o Nadal coma se a nosa cidade estivese á marxe da situación global. A cancelación dos eventos culturais só pode ser unha última opción, indesexable para os sectores afectados e para o conxunto da cidadanía, pero sen dúbida todos os eventos deben adaptarse á realidade, tendo en conta os principios da sensatez e da prudencia. Dende a Marea de Vigo cremos que este non é momento de ostentosos e rimbombantes fastos. É momento de priorizar a humildade, a prudencia e a responsabilidade», rematan.