Rubén Pérez Correa, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, considera que está comenzando a ser moi dificil para moitos veciños e veciñas da cidade estar antes das 9 da maña nos seus postos de traballo polo que pide adaptar liñas a horarios laborais habituais e garantir que non existen retrasos nos tempos de traslado
Marea de Vigo considera que o éxito dos abonos recurrentes gratuítos xa obrigaba inmediatamente ao reforzo inmediato de frecuencias e aumento de prazas nos trens que realizan o traxecto Vigo-A Coruña, pero que ahora os retrasos nas chegadas ás estacións do traxecto «son constantes».
Rubén Pérez, voceiro do GM da Marea de Vigo, considera esta unha situación de merma de utilidade do servizo público «porque moitos traballadores, estudantes, etc. dependen de estos trenes para a súa mobilidade están a quedar en ocasións sen prazas polo notable incremento de viaxeiros que non empregan esta liña por motivos laborais ou académicos, algo que obriga a reforzar servizos e garantizar a penalización do mal uso do servizo gratuíto».
Pero este éxito non vai parello tampouco a un incremento da puntualidade de determinadas frecuencias que «acumulan a diario retrasos por enriba dos 15 min e que poden significar en moitas ocasións a pérda de autobuses ou reiterados retrasos na incorporación aos postos de traballo», algo que imposibilita de facto a moitas persoas que se desplazaban habitualmente en tren para acudir aos seus traballos xa non poidan facelo ou teñan que facelo con horas de antelación o que «supón un problema para a organización familiar con respecto a horarios de deixar aos nenos e nenas nos coles, gastos relacionados coas aulas madruga escolares, etc.».
«Non se entende que varios meses despois da posta en marcha do servizo gratuíto para os traxectos recurrentes non se tiveran aumentado as capacidades dos trens os venres e domingo, que non se recuperaran todos os trens e frecuencias prometidas para este mes de febreiro recuperando todo o volume de servizo de antes da pandemia, pero o especialmente grave agora é que os continuos retrasos están imposibilitando para moitas persoas empregar o transporte público e usuarios históricos do ferrocarril estén xa a organizarse para desplazarse en vehículos personales», sinalan.
Marea de Vigo sigue considerando central na mobilidade interurbana pero tamén nos desplazamentos metropolitanos a concurrencia dun sistema ferroviario público, accesible e con intermodalidade polo que seguirá a defender a inclusión no PXOM e no desenvolvemento futuro da cidade un sistema de cercanías cos concellos limítrofes e unha conexión ferroviaria digna co resto de Galicia e coa meseta.

