Marea de Vigo solicita a creación dunha comisión de seguemento da execución orzamentaria

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, alertou hoxe de que mañá levase á comisións informativas de pleno a execución orzamentaria do terceiro trimestre de 2022 e apenas un 44% do orzamento foi executado: 169 millóns dos 383 que finalmente conteñen os Orzamentos do Concello de Vigo para 2022

Marea de Vigo considera “extremadamente grave que se teña saturada a mesa de contratación de licitacións relacionadas co nadal e dos 120 millóns de euros de investimentos que se anuncian a bombo e prato a data 1 de outubro apenas 22 foran executados

Marea de Vigo denunciou hoxe que levar un informe de execución orzamentaria que contén a información do realizado a data 1 de outubro cunha inexecución que roza o 60% é a plasmación dunha realidade incontestable: “estamos ante un goberno local que perde máis o tempo e os recursos públicos en anunciar cousas no que é levalas a diante na realidade do gasto”. “Estamos ante un orzamento que xa era histórico en canto a cifras iniciais cando se aprobou no 2021: 285 millóns de euros dos que 40 eran investimentos, pero que finalmente coa incorporación de remanentes, superavits, fondos estatais e europeos de reconstrucción covid, etc… superou os 383 millóns de euros, pero estamos tamén ante o feito histórico de inexecución baixa a estas alturas do ano” sinala o voceiro do GM da Marea de Vigo.

A xuizo da Marea de Vigo especialmente grave é o feito de que non exista transparencia e información sobre cales son os motivos para esta baixa execución, se teñen que ver coa falla de persoal, falla de organización interna ou e directamente unha decisión política de “primar anuncios de gasto sobre capacidade ou interese real de levalos adiante”. Marea de Vigo solicitará no pleno do Concello do 30 de este mes a creación dunha COMISIÓN ESPECIAL DE SEGUEMENTO DA EXECUCIÓN ORZAMENTARIA na que participen de xeito transparente e colaborativo grupos municipais, xefes de servizo e concelleiros responsables das diferentes áreas de gasto do Concello de Vigo.

«Que nun momento no que as administracións públicas xogan un papel determiñante no armazón social e nas coberturas económicas das familias, teñamos por exemplo unha inexecución de máis de 44 millóns de euros no capítulo 1 (gasto de personal) mentras que os pagos a empresas privadas para que realicen servizos públicos supere os 89 millóns dos 148 previstos demostra que a opción elexida polo goberno do PSdG é a xestión privada e a destrucción permanente de posible emprego público vía contratación con cargo ao capitulo 1», lamentan.

Do memo xeito existen consignados máis de 120 millóns de euros de orzamento de investimentos dos que non fóron executados casi 100, «e estamos xa coas mesas de contratación do concello saturadas de licitacións pretendidamente urxentes, moitas relacionadas do nadal, que parece que é a única prioridade deste goberno local” mentras partidas como a melloras de firmes viarios no rural, plans de emprego ou recursos en materia de becas e coberturas sociais quedan «no limbo permanente mes a mes neste 2022».