Marea de Vigo reclámalle á Xunta solucións para as bolsas de comedor escolar

Serán necesarias 32.000 horas más para desinfectar todos los espacios.

Oriana Méndez: “É un agravio que os rapaces e rapazas con bolsas de comedor escolar dos centros dependentes da Xunta aínda non recibiran a mesma axuda que recibiron xa as familias das e dos que dependen do Concello”

Marea de Vigo considera acertada a proposta do Concello de ingresar 50 euros ás familias con maior necesidade que teñen bolsas de comedor pero segue sen entender porque os comedores dos centros escolares que dependen da Xunta de Galicia seguen sen ter unha medida análoga por parte da institución autonómica, acusando a mesma de total “deixadez”.

Para Marea de Vigo, os CEIP de Vigo son todos iguais e o modelo de xestión do comedor escolar non pode ser motivo de discriminación e menos na situación actual polo que pide á Xunta de Galicia que a celeridade coa que traballou en recolocar na administración autonómica aos seus militantes que ían en listas electorais para o proceso electoral autonómico “a aplique” a igualar cando menos a medida tomada polo Concello de Vigo e deixe de “procrastinar e botar balóns fóra”.

Trátase, segundo Oriana Méndez, concelleira de Marea de Vigo, de “garantir que moitos nenos e nenas da cidade teñan garantida a comida quente e equilibrada que tiñan garantida durante o curso escolar”.