Marea de Vigo sigue a considerar que hai que buscar outros mecanismos propositivos de candidatos e candidatas á distinción, pero en todo caso cree que é de xustiza histórica que Paco Amoedo e a súa importante traxectoria deportiva e social teña un recoñecemento da cidade
Marea de Vigo considera axeitada á distinción e «curiosamente non outorgada antes» a Francisco Amoedo Martínez (1943), boxeador e adestrador de grandes campións do mundo do boxeo como figura indiscutible do boxeo galego grazas aos seus triunfos, o proxecto do ximnasio Saudade e o inxente traballo non só deportivo senón de fomento de valores sociais na nosa cidade.
Na solicitude de Marea de Vigo que foi trasladada hoxe ao goberno local previa á xunta de voceiros que se celebrará para configurar a orde do día do pleno de Vigueses Distinguidos do vindeiro 21 de marzo, o grupo municipal sinala que «Paco Amoedo é un candidato ideal non só pola plena dedicación o boxeo merece a mención a Vigués Distinguido, senón tamén polo seu labor social e profesional inculcando os valores do deporte a centos de rapaces e rapazas viguesas que en momentos transcendentais nas súas vidas súpolles dar unha áncora onde amarase e que non perderan o rumbo. Así mesmo por portar a bandeira de Vigo polos lugares máis afastados do mundo. Moitas veces izándoa no mais alto. Así o demostran as cifras acadadas cos seus pupilos. 66 campionatos de España; a concorrencia 32 veces no Campionato de Europa, no que gañaron catro veces e un empate; e a participación en catro mundiais».