Marea de Vigo considera que o proxecto orzamentario para o ano 2023 que se presenta para ser aprobado en pleno en decembro amosa “unha clara continuidade de configurar un uso dos recursos económicos do concello coma se nesta cidade non acontecese nada distinto aos anos anteriores, coma se a inflación galopante nos prezos dos consumos máis básicos das familias, dos prezos e accesibilidade da vivenda ou mesmo as necesidades de que o Concello se configure como un auténtico prestador de servizos sociais integrais” non estivesen a ser unha realidade palpable pola cidadanía.
O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez alertou de que “a contínua política de revestir de publicidade e grandes declaracións sobre as contas do Concello de Vigo fanse para agochar unha falla absoluta de proxecto que non sexa as obras ornamentais para inagurar en periodos próximos aos procesos electorais”.
¿Como pode ser?, cuestiónase Rubén Pérez, que “sen débeda, con remanentes de tesourería notables, sen execucións ás veces de partidas por enriba do 50%; Vigo esté aínda por debaixo dos 100 euros de gasto social por habitante, as políticas de vivenda de emerxecia sexan case nulas, ou as dotacións publicas como biliotecas, centros de día ou escolas infantís inexistentes ou escasísimas?. Salvo humanizar rúas no centro e o nadal este goberno non ten un proxecto de cidade a curto e medio prazo.”
Marea de Vigo tamén considera que de novo neste orzamento para o 2023 o goberno local ignora a madurez política da sociedade viguesa e decide que o proxecto orzamentario non só non teña un capítulo participativo previo á elaboración do mesmo, senón que de xeito chamativo ignora moitas das sucesivas reclamacións de diversos colectivos veciñais e sociais de liñas de axudas e proxectos que axuden ao proceso de reconstrucción económica e loita contra o impacto que a crise da COVID-19 e a escalada de prezos provocada pola guerra de Ucrania ten en Vigo.
Aínda que o orzamento de servizos sociais escala dos 19.268.714 de 2022 (importe que era menor ao de 2021) aos 22.254.035 deste 2023, para o Grupo Municipal da Marea de Vigo sigue sendo incomprendible como Vigo aínda está lonxe dos 100 euros de gasto social por habitante que é o que os profesionais do sector consideran un gasto necesario para complementar o catálogo de servizos sociais e ter garantida a eficiencia dos mesmos.
Ao xuízo da Marea de Vigo, a excusa da existencia dun maior número de persoas perceptoras do novo Ingreso Mínimo Vital, non xustificaba a reducción de recursos que se consignaba no orzamento do 2022, e ainda que neste ano recupera cifras anteriores ao 2022 (lóxicamente polo aumento de solicitantes de axuda nos servizos sociais da cidade, sigue sendo unha cifra insuficiente para cubrir a realidade dos solicitantes.
No tocante aos investimentos propostos, neste proxecto orzamentario para 2023 «asistimos á plasmación da incapacidade manifesta de executar o orzamentado e que, ano tras ano, vai provocando notables disfuncións no proxecto de orzamento. Ano tras ano prodúcense os anuncios de grandes cantidades de recursos económicos en investimentos. Neste ano 2022 os investimentos iniciais diminúen dos 39 millóns iniciais en 2022 aos 27 neste 2022, unha variación negativa de case un 30% da que non se dá ningún tipo de explicación no proxecto orzamentario».

