Coñecida a intención do Celta para a celebración do seu centenario co concerto de Muse no estadio de Balaídos, Marea de Vigo considera que a dirección do club “deberia recapacitar” sobre a decisión de reservar o 30% para as persoas socias do Celta, “xa que a cidade está facendo un importante esforzo e investimento de recursos públicos para que se teña un campo en condicións” afirma Rubén Pérez.

As administracións públicas (Concello e Deputación) “están deitando moitos recursos publicos (máis de 40 millóns de euros) para a rehabilitación e reforma dun espazo que o Celta utiliza de xeito exclusivo cun custo simbólico – recalca o voceiro – e tratándose dun concerto que vai traer a moita xente de fóra da cidade, que se reserve alo menos un 30% desas entradas para persoas socias do Celta non nos parece de recibo”, facendo fincapé en que se trata dun edificio público e de titularidade municipal “aínda que cedido en usufructo a través dun convenio a unha empresa privada como é o Real Club Celta” engade.

Igualmente, Marea de Vigo sopesa recalca que “esta non é a senda para recuperar o diálogo entre o club e o Concello, nun momento no que ademais sería moi importante restaurar o consenso que existiu hai poucos anos sobre o pago dun canon de non máis de 800.000 euros anuais pola explotación do estadio, o aparcadoiro así como os comercios que se proxectaban arredor” explica Pérez.

Marea de Vigo non concorda con esta actitude do Celta e así llo trasladará ao Presidente da entidade solicitándolle que recapaciten sobre a decisión. “Pode resultar o concerto máis relevante que se ten feito na cidade en moitos anos e cremos que é preciso reconsiderar esta maneira de facelo” conclúe o portavoz do Grupo municipal.