Rubén Pérez: “Trátase dunha ordenanza que xa aprobaron concellos como Cáceres ou Barcelona, que permita identificar o que é verdadeiramente un apartamento vacacional e diferencialo dun fraude”

Ante a importante oculusión turística que están vivindo as cidades galegas, da que Marea de Vigo se felicita, o Grupo considera que “trátase dunha boa oportunidade para investir nun turismo sustentable e de calidade”.

Este aumento de visitas na nosa cidade está significando que actualmente Vigo é a cidade galega onde están crecendo máis os apartamentos turísticos, “algo que non suporía problema algún de estar regulado e se non fora en detrimento dos alugueiros convencionais para o resto do ano” sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo.

Outra consecuencia que se está dando en Vigo, froito deste “modelo de turismo”, “é síntoma dun tipo de turismo que apenas deixa gasto na cidade, xa que esta afluencia turística non se reflicte na hostalería local, sendo a ocupación máis baixa que a esperada polo sector nestas datas do ano, segundo relatan os propios hostaleiros e hostaleiras” engade o voceiro.

Marea de Vigo pide que se implemente de xeito inmediato unha ordenanza municipal para regular os pisos turísticos, limitándo a actividade e facendo valer a legalidade neste tipo de alugueiro, “que ademais está acabando co stock de vivenda de alugueiro para as familias na nosa cidade” suliña Pérez. Marea considera que “xa é hora de que o Concello tome as medidas adecuadas, sendo ademais conscientes de que a Xunta é unha ferrea defensora deste tipo de turismo, que vén supoñer unha competencia desleal para a hostaleria local”.

“Trátase dunha ordenanza moi necesaria que permita identificar o que é verdadeiramente un apartamento vacacional e diferencialo dun fraude” defende Rubén Pérez, ante a existencia de moitos pisos sen dar de alta e incumprindo as normativas en canto ao número de vivendas turísticas dentro dun edificio. “Este mercado debe ser regulado de xeito inmediato ante a deixadez da Xunta, xa que está creando un grave problema de consolidación de poboación na cidade de Vigo” conclúe o voceiro.