Marea de Vigo pide «contundencia» ao goberno local ante as «cláusulas abusivas» de mantemento de contas de Abanca

O voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez.

A formación solicita que a colaboración na recadación municipal ou as contas municipais queden «supeditadas a que a entidade bancaria rectifique o dano que está a facerlle a miles de familias viguesas»

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, considera que o cobro de 50 euros de comisións cada 6 meses ou cobrar 28 euros por tarxetas de débito incluso en contas bancarias cuxos ingresos son exclusivamente prestacións é «un abuso intolerable que debe ter resposta das administracións públicas, e especialmente do Concello de Vigo«.

Neste sentivo, Pérez Correa lembra que o Concello «dende fai anos ten unha estreita colaboración coa entidade, tanto na recadación administrativa, na apertura e operativa de numerosas contas municipais e o mesmo fondo de pensións de traballadores e traballadoras públicas».

Abanca, considera o voceiro, «deixou de ser unha entidade asentada no territorio, con obxectivos non lucrativos en parte da súa actividade e agora funciona exclusivamente como un banco máis con sede en Venezuela e sen ningunha preocupación pola situación que centos de familias viguesas están a pasar».

Marea de Vigo entende que “hai que darlle un serio tirón de orellas á entidade” que, na súa opinión, “xa non está pensando en clave do país”. Por isto, pide que se informe aos clientes que para non ter que soportar estas comisións abusivas terían que domiciliar nesa conta unha nómina ligada a un contrato de máis dun ano de duración e unha tarxeta de crédito coa que facer un gasto mínimo de 2000 euros anuais”.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí