Marea de Vigo pide ao Concello actuacións urxentes subsidiarias nas vivendas da Rúa Privada Moderna propiedade da SAREB

Marea de Vigo estivo hoxe con varios dos veciños e veciñas afectadas pola actitude vergoñenta da SAREB, que adquiriu de Abanca as 48 vivendas trala liquidación da constructora viguesa VIALMAR, e que pese a ter sentencias que obrigan a manter o estado das seis vivendas habitadas non arranxa os desperfectos dos edificios

Marea de Vigo pedirá na xerencia de urbanismo a execución subsidiaria das obras necesarias por parte do Concello de Vigo imputando posteriormente os custes á Sareb así como abrir negociación para a cesión das 41 baleiras

O voceiro do grupo municipal de Marea de Vigo, Rubén Pérez, mantivo hoxe unha xuntanza con varios veciños dos bloques existentes na rúa Privada Moderna, no Calvario, que suman un total de 48 vivendas das cales 7 están habitadas e sofren unha deixadez permanente do organismo que arrenda as mesmas, neste caso a Sareb, que quedou con todas trala liquidación da constructora Vialmar e o traspado de activos de Abanca (que adquiriu todo trala liquidación concursal)

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Marea de Vigo considera que as obras de seguridade que garantan a salubridade, funcionalidade e salubridade dos edificios teñen que acometerse de xeito urxente e se a propietaria, neste caso a SAREB, sigue a negarse a facelo, o concello como ten acontecido noutras ocasións debe acometer xa a actuación subsidiariamente e proceder a pasar o cargo ao propietario. “estamos, engade Rubén Pérez, ante un acoso inmobiliario de libro, nun espazo no centro urbano no que poderían perfectamente ubicarte 48 familias si algunha administración asumise o liderazgo dunha negociación coa SAREB para a cesión das mesmas e a rehabilitación e posta a disposición da veciñanza en fórmula de alugueiro público, algo que sucede en ducias de cidades do estado”

Marea de Vigo urxe tanto a reforma como mesmo a cumplir o que recomenda o futuro PXOM, que para este ámbito (Ordenanza U8. Actuacións unitarias consolidadas) que regula os ámbitos de actuacións urbanas unitarias residenciais xa existentes nos que por exemplo se inclúen actuacións de promoción pública pero mantendo o tipo edificatorio existente. Neste ámbito podería acometerse, ben pol SAREB ben mediante a cesión ao Concello como acontece noutras cidades, o que configura o futuro PXOM: “manterase o carácter unitario, permitindose obras de conservación, consolidación, rehabilitación e reestructuración que non impliquen modificación do carácter unitario do conxunto.

Marea de Vigo visitará mañá venres a contorna dos edificios para reunirse de novo cos veciños afectados e iniciar unba batería de medidas na xerencia de urbanismo e ante a propia SAREB para que estas dúas cuestións, as obras obrigatorias de mantemento e seguridade e a futurible cesión poidan acometerse de urxencia.