Do mesmo xeito, pide ás comunidades de propietarios a paralización de obras nos seus inmobles mediante acordo dos veciños e veciñas do edificio

Marea de Vigo concorda coa decisión tomada onte polo Goberno local no comité de seguimento da evolución do coronavirus COVID-19 no seu 13º paquete de medidas, nas que se instar á concellería de fomento a evaluar a continuidade da execución dos contratos de obra, mais engade que esta medida ten que darse con “extrema urxencia”. 

Do mesmo xeito emplaza ás comunidades de propietarios á paralización das obras promovidas polas propias comunidades, toda vez que en numerosas votacións de veciños e veciñas o resultado sorpresivamente teña sido o de continuar coas mesmas. “Esta situación non axuda en nada a que saiamos deste estado de confinamento o antes posible. Pedimos responsabilidade e solidariedade coas persoas enfermas ou con diferentes dolencias que teñen que pasar as cuarentenas e confinamentos nos seus domicilios. En moitos casos, as obras están impedindo incluso abrir as ventás para poder limpar o aire das casas” matiza Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

En canto ao resto de obras privadas, entendendo que os Concellos aínda non teñen capacidade da súa paralización inmediata, Marea de Vigo “urxirá ao Goberno central que se decrete un mecanismo que permita a paralización executiva das mesmas”. En todo caso, Marea de Vigo reitera xa a solicitude trasladada ao Goberno local, de establecer un mecanismo análogo ao que outros concellos como o de Madrid están habilitando para que a policía local visite estas obras co fin de avaliar se se está a cumprir a lexislación laboral e sanitaria devengada desta situación de estado de alarma.

“Pedimos paralizar especialmente as obras de Gran Vía, Porta do Sol, labores de asfaltado, non iniciar a modificación da pasarela e ascensor do Parque Cela e paralizar calqueira adxudicación que esté en mesa actualmente como é o proxecto de remodelación do enlace do P.Q. 5000 da autoestrada A-P9V, así como as obras menores e negociados que non pasan por mesa e coordina directamente fomento” conclúe o voceiro.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí