“O concello non pode esperar a que a empresa decrete un ERE temporal e paralice o servizo, proactivamente o Concello pode decretar servizos mínimos e reorientar ao persoal a labores de desinfección. Un ERE temporal neste servizo sería nestes momentos pouco operativo como servizo municipal”
O Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que o concello, tal e como como aconteceu no conflicto xurdido en 2015 polo convenio laboral, ou posteriormente coa adxudicación do contrato (polo que pasaron 3 empresas ata que se solventou xudicialmente), non pode “poñerse de perfil” e esperar que a solución sexa o peche patronal da empresa e a declaración dun ERE temporal á totalidade do persoal, xa que este pode perfectamente realizar outras tarefas de limpeza e desinfección na cidade en vez das actividades ordinarias que agora mesmo están a cometer.
Según sinalan, as medidas de seguridade poden ser garantidas a través dun decreto de servizos mínimos que permita o descanso do parte do persoal, así como establecer un criterio sobre as accións laborais urxentes (limpeza e desinfección de zonas verdes e espazos sensibles) e as menos prioritarias neste momento (aspectos ornamentais das mesmas, corte de céspede ou mesmo o estado das piscinas de samil) que quedarían postergadas.