O alubión de consultas e dúbidas veciñais, que o Grupo Municipal da Marea de Vigo esta a recibir nas últimas datas, sobre a implamentación das ZBE na cidade xerou a necesidade de darlle luz á proposta plantexada dende o Goberno do Estado
O voceiro do GM da Marea de Vigo, Rubén Pérez, xunto ao activista e técnico ambiental Antón Lois (Amigas da Terra) e o tamén activista e voceiro de Ecoloxístas en Acción Galiza Xaquín Pastoriza, participaran unha xornada aberta de debate sobre a implementación da ZBE na cidade. Será no local sito na rúa Doutor Cadaval, 17 o vindeiro venres día 10 de febreiro a partires das 19:30h.
Xornada que pretende poñer en contexto de onde xurde a medida, se é verdadeiramente importante implementala na nosa cidade e sobre todo se a proposta feita polo actual goberno local é a máis axeitada e rigurosa.
Por outra banda o acto tamén pretende ser un espazo de reflexión e participación cidadá cara a proposta programática do grupo de esquerda leve nas eleccións locais de maio de 2023.
Rubén Pérez anima a participación nesta xornada de debate a toda a veciñanza viguesa: “Se non hai espazos de decisión colectiva actualmente na cidade, haberá que crealos, non nos imos quedar de brazos cruzados mirando como outros toman decisións que nos afectan a todos e todas. Como sempre definiu o grupo da Marea de Vigo a rigorosidade e a participación son piares fundamentais para calquera proposta que se quera implementar na cidade”.