Marea de Vigo organiza encontros e un acto público para plantexar alternativas de gasto nos orzamentos do Concello de Vigo para o ano 2023

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, anunciou hoxe que “ao ninguneo e sistemática negativa do alcalde a escoitar as propostas dos grupos municipais Marea de Vigo» responderá con encontros sociais e un acto público o vindeiro 2 de decembro para fomentar a presentación de alegacións cidadás, toda vez que ate o 15 de decembro é posible facelo trala publicación no BOP da proposta de orzamento

O acto público titulado “E tí que farías con 292 millóns de euros” o 2 de decembro será o colofón de encontros con entidades veciñais, sociais e culturais da cidade para explicar o que acontece na cidade en materia orzamentaria nun momento nos que os recursos consignados son moi altos pero teñen unha moi baixa execución

Marea de Vigo considera que dende o punto de vista da acción política municipal “o pleno é xa un instrumento de difícil marxe para facer entender ao goberno local que existen eivas notables no gasto público, que non se escoita a demandas da cidade en materia de investimentos, dotacións e prioridades” e que “nese soliloquio ao que nos ten acostumado o alcalde de Vigo a opción da acción cidadá nos plazos legais que permite o proceso de aprobación do orzamento: 20 días hábiles dende a publicación da aprobación inicial do orzamento no BOP, ten que tomar un cariz de representatividade esencial».

O voceiro do Grupo Municipal de Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera esencial que exista un coñecemento cidadá do que realmente se fai cos recursos públicos máis aló dos anuncios mediáticos e nun momento ademáis de situación de incertidume económica moi evidente. «Non é casual que a data 1 de outubro a inexecución do orzamento de 2022 roce apenas o 60% ou que teñamos por exemplo unha inexecución de máis de 44 millóns de euros no capítulo 1 (gasto de personal) mentras que os pagos a empresas privadas para que realicen servizos públicos supere os 89 millóns dos 148 previstos».

Marea de Vigo comenza contactos con colectivos veciñais e sociais da cidade para que sexan eles os promotores de emendas, de cambios en usos de partidas adicadas ao gasto e para fomentar que exista unha cultura de opinión e participación na elaboración orzamentaria, “algo que de xeito incomprensible só existe na cidade de Vigo fronte ao resto de grandes cidades do estado donde esta cultura está arraigada mesmo con programas de orzamentos participativos” sinala Rubén Pérez, voceiro do GM da Marea de Vigo.