Rubén Pérez: “O noso voto vai ser negativo, como foi na primeira modificación orzamentaria, por non ter en conta a realidade social e económica que está vivindo a cidade. Precísanse axudas directas para a hostalería, servizos sociais así ou para o sector cultural, mais de novo, O Goberno local propón un uso dos remanentes sen escoitar as propostas nin da oposición nin do tecido asociativo da cidade”

Maña martes o Goberno local leva a Pleno a segunda modificacion orzamentaria para o uso dos remanentes tras permitir o Ministerio de Facenda a liberación dos mesmos por parte dos concellos.

O Pleno do Concello xa aprobara unha primeira modificación na que se utilizaron 33 millóns de euros en diversas actuacións. “O Goberno decide levar mañá directamente a aprobación definitiva para o uso de 13 millóns de euros deses remanentes poñendo como prioridades cuestións como colocar céspede artificial en campos de fútbol e obras arquitectónicas espectaculares, que distan moito das necesidades da cidade e da veciñanza no contexto actual” apunta Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

Dia das Letras Galegas

Marea de Vigo manterá os mesmos criterios que defendeu para o uso dos primeiros 33 millóns de euros e votará en contra da modificación. “Pedimos axudas para a hostalería, en concreto, que cinco deses trece millóns sexan adicados directamente ao sector. Precisamos accións proactivas e concretas como a creación do cheque de consumo na hostalería local, no que o 40% sería financiado dende a administración local, tal e como se está facendo en cidades como Bilbao” detalla o voceiro. Así mesmo, Marea de Vigo tamén demandará “políticas de reactivación do sector cultural da cidade, así como completar o catálogo de servizos sociais ante os difíciles meses que se aveciñan con respecto ao acceso á vivenda” engade.

Tras a aprobación de mañá, “practicamente deixan os remanentes baleiros – suliña o voceiro. -Deses 93 millóns de euros, unha parte xa foi para pagar as indemnizacións de sentenzas xudiciais desfavorables, outra está gardada para as posibles sentenzas dos aparcadoiros, e outra xa se gastou nas chamadas humanizacións, cando estamos ante un contexto de crise que require outro tipo de políticas económicas e de investimento”.