Marea de Vigo esixe reformar o regulamento do pleno para que «retorne a democracia perdida a partir do ano 2016» e incorpore o escano cidadá

Marea de Vigo considera que cando se realizou na lexislatura anterior unha modificación do Regulamento de Funcionamento do Pleno mermaronse os dereitos democráticos da oposición, pero tamén da cidadanía como quedou plasmado no pleno de onte

Cualificar de golpistas do 36 aos colectivos «é dunha baixeza só asimilable a manter unha cruz fascista no Monte do Castro: di Rubén Pérez Voceiro do GM da Marea de Vigo»

O grupo municipal da Marea de Vigo considera «triste» que diversos colectivos teñan que dirixirse ao alcalde dende o público do pleno ante os tentativos silencios de solicitudes formuladas para ser escoitados e recibidos polo alcalde. «Estamos nunha cidade onde se filtra a que entidades e colectivos se lles escoita ou se lles permite intervir nos plenos algo que nin é democrático nin axuda a ter un mecanismo serio e riguroso de participación cidadá».

Marea de Vigo considera que hai que revertir xa a falla de elementos obxectivos de participación cidada porque a dende que o Concello de Vigo modificara en 2016 o Regulamento Orgánico do Pleno desapareceron non só dereitos para a oposición senón que se alonxa Vigo do contexto político actual onde a cidadanía demanda maior transparencia, democracia, participación e control público e cabería esperar que os cambios deste regulamento que rexe o funcionamento do órgano máis importante da democracia municipal foran paralelos a esta demanda cidadá e non para recortar dereitos e interlocución co goberno local.

Marea de Vigo xa alertara tamén do grave que era a consideración que a proposta de modificación facía do desenvolvemento do pleno, limitando a posibilidade de traballo dos medios de comunicación que terán que contar coa autorización da presidencia do pleno para realizar gravacións sonoras ou gráficas das sesións, non poderán existir carteis ou calquera imaxe gráfica considerando estas como “intervencións no pleno” equiparándoas a interrupcións verbais, algo inexistente nos regulamentos das grandes cidades de Galicia e do estado e de difícil explicación democrática.

Marea de Vigo considera que incorporar o criterio de prohibir ao público exhibir carteis, pancartas ou similares como norma, cando esta manifestación por parte do público, pode que nin interrompa nin perturbe o normal desenvolvemento do pleno non ten sentido, como de prohibir por ningún medio, sen atoparse expresamente autorizado pola Presidencia, realizar gravacións gráficas ou sonoras das sesións.

«Vigo tivo a aportunidade, pese a todo, con esa modificación a oportunidade de artellar intervencións da cidadanía no pleno incorporando un criterio democrático ás mesmas se se introducira o demandado por Marea de Vigo de que as intervencións que teñan relación cun dos puntos da orde do día, entenderanse aprobadas por norma xeral, pola súa orde de chegada, co único limite por funcionalidade, de dúas intervencións por pleno, a súa intervención, terá unha duración determinada polo alcalde de entre 5 e 10 minutos e e a través dunha/dun único representante, a intervención figurará na Orde do Día como primeiro punto da sesión”

Tamén Marea de Vigo propuxera un “Escano Cidadá” que permitira, finalizada a sesión do Pleno, abrir unha quenda de rogos e preguntas sobre temas concretos de interese municipal entre o público asistente cun regulamento que foi expresado en forma de emenda ao Regulamento Orgánico de Pleno