Marea de Vigo esixe que non se paguen indemnizacións ás concesionarias que fixeron ertes inxustificados

O grupo municipal pide un informe ao Goberno local sobre as supostas indemnizacións ás concesionarias municipais anunciadas onte polo alcalde con valor de máis de 10 millóns de euros, sobre ás que esixe se retiren os ERTES inxustificados antes de percibilas, por estar cobrando por un gasto que nunca ocorreu

“Sería un insulto aos cadros de persoal facer pagos millonarios a empresas que realizan ERTES que solventan os custes salariais cun mínimo do 70% cos recursos públicos, indemnizando áss mesmas sen ter en conta esta situación. Este caso é especialmente grave para os máis de 100 empregados e empregadas de VITRASA, DORNIER, SCI ou CLECE que levan o transporte público, ORA, recadación executiva e algunhas escolas infantís da cidade” recalca o voceiro do Grupo municipal Rubén Pérez

Marea de Vigo pon coma exemplo VITRASA, empresa que xa recibe do concello anulamente 1.300.000 euros polos billetes de transferencia e os billetes ao CUVI, e 11.300.000 en concepto de bono buses, tarxeta verde e políticas de transporte, alén do aproximadamente millón de euros da subvención estatal ao transporte público das cidades de máis de 50.000 habitantes. Na conta xeral do concello figura que o servizo lle custa explotalo a AVANZA 24 millóns (datos da última vez que se fixeron públicos en 2016) e agora pide outros 10 millóns, segundo o alcalde. “Todo cun ERTE que afecta ao 50% do persoal. Un negocio redondo” engade Rubén Perez.

Marea de Vigo considera que “tiña que declararse e notificarse fehacientemente a suspensión do servizo a cada concesionaria, cousa que non se fixo en casos como o da recadación executiva” O que é unha deixadez evidente e ten que ter solución inmediata para evitar que as empresas concesionarias “abusen deste Concello e dos recursos das prestacións dos ERTES, que son recursos que saen das cotizacións dos traballadores e traballadoras”

Marea de Vigo rexistrará hoxe unha petición de informe ao Interventor Municipal sobre o alcance das indemnizacións e de cales serían as penalizacións que se poderían aplicar a cada concesionaria porque en casos como DORNIER, segundo a Marea de Vifgo, “é de escándalo que, tendo suspendido o servizo e polo tanto garantido o pago polo concello, o grupo empresarial metera ao 100×100 do persoal no seu ERTE estatal a pesar de que os salarios, garantidos pola suspensión do servizo, sexan o 80% do custe da explotación”.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí