Marea de Vigo considera que gastar cantidades inxentes de recursos «en autobombo do nadal e 0 euros en información aos veciños e veciñas dunha medida tan indispensable para a cidade» é a demostración do «uso partidista dos recursos en materia de publicidade institucional»
Marea de Vigo considera que a entrada en vigor desta medida neste 2023 aínda que non teña aínda sancións debería ter sido acompañada dunha campaña informativa potente e mesmo individualizada en cada domicilio da cidade, porque vai supoñer un cambio importante na fisionomía urbana da cidade e nos xeitos tradicionais de mobilidade na cidade. Pese a que a proposta de delimitación de zonas de baixas emisións do goberno local e absolutamente insuficiente “o certo é que nalgún momento o acceso será imposible para vehículos que non cumprar as determiñacións de emisións atmosféricas”
Marea de Vigo considera urxente esa campaña informativa toda vez que «a cidade está fatigada dos colapsos de tráfico durante os meses da campaña do nadal e que a proposta obrigatoria de delimitación de zonas de baixa emisión que anunciou o goberno local debería ter sido dialogada co movemento ecoloxista, veciñal, e co sector do transporte».
Marea de Vigo xa tiña denunciado que nada se fixera pasado un ano da moción que levara ao Pleno, na que se demandaba que se comezara a traballar no establecemento de Zonas de Baixas Emisións no Concello de Vigo. O Goberno de Abel Caballero, segundo a Marea de Vigo, “tiña que ter xa comezado os estudos para levalo a cabo xunto coa interlocución co movemento ecoloxista, xa que son estes os que teñen feito medicións sobre as actuais emisións que están provocando os vehículos particulares no centro da cidade” engade o voceiro”. «Agora simplemente temos unha delimitación de zonas acordada para a subvencións con cargo aos recursos que habilita o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda urbana, que, entre outras tarefas, capta fondos europeos para trasladar aos Concellos».
A proposta actual “non está consensuada con ninguén e tiña ter sido consensuada cos colectivos ecoloxistas e así como os relacionados coa mobilidade sostible” afirma Pérez. Os argumentos sobre que zonas deben estar dentro ou fóra desta delimitación “non se sosteñen por exemplo coa exclusión da Gran Vía ou doutras arterias da cidade” engade.
Marea de Vigo insta, ademáis de esta campaña explicativa, a que o Goberno local interlocucione coa cidade de xeito que, alén do movemento ecoloxista, tamén se fale co movemento veciñal co sector do taxi. “Precisamente Ecoloxistas en acción e Greenpeace veñen de presentar recentemente un informe sobre as emisións máis contaminantes que cremos debe ser tido en conta á hora de acometer as delimitacións así como todas as accións que se poidan levar a cabo neste eido” conclúe Rubén Pérez.