Marea de Vigo esixe ao Concello que faga público se foron realizadas medicións acústicas para a instalación do mercadillo, noria e atraccións na zona do Areal e Praza Compostela

Marea de Vigo reiteira a petición do mesm xa que o técnico do concello que emitiu o informe favorable á ampliar un ano máis o contrato coa empresa que monta todos os elementos literalmente indicaba “a necesidade da realización de medicións acústicas e avaliación do impacto acústico relativo da Campaña de Nadal a desenrolar no 2022-2023 en cumprimento da lexislación vixente”

Marea de Vigo considera bastante sospeitoso que as queixas veciñais verbalizadas, ademáis de en numerosos escritos ao concello, en medios de comunicación estos días “tivera o efecto do apagado das megafonías das atraccións ao momento”, o que pode indicar que finalmente esa medición de ruído non se realizase polo que, segundo indica o voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo “estaríamos ante un gravísimo e deliberado acto de saltarse unha condición administrativa nunha licitación pública, que son xa palabras maiores e punibles xudicalmente”.

Marea de Vigo non entende como a estas alturas, e despois de solicitar información nas comisións informativas de pleno, no propio pleno e por escrito dirixido á concellaría responsable, “o noso grupo sigue a ter como resposta o silencio” cando estamos ante un estudo de ruído que era absolutamente vinculante á prórroga á empresa montadora e explotadora das atraccións e o Cíes Market. “Non existe polo de agora ningunha licitación para contratar a unha empresa que realice as medicións, o que pode ser ilustrativo de que non existe a medición e polo tanto estamos ante un gravísimo incumprimento dun acto administrativo que de ser así Marea de Vigo porá en conocemento das autoridades xudiciais”.

Os niveis de ruído terán evidentemente que adaptarse a realidade de que se trata dunha situación excepcional e cincunscrita a un evento temporal, “agora ben, sinala o voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo: nada excusa que a realización da medición é unha condición que os técnicos do concello esixen como obrigatoria e de acordo á lexislación vixente” “De feito ao xuizo de Marea de Vigo o criterio acústico debería ser xa de inicio un elemento a valorar para tomar a decisión de en que lugar colocar esta tipoloxía de elementos de ocio especialmente cando falamos de Zonas Acústicamente Saturadas como a Praza de Compostela que así figura catalogada dende 2008 por acordo do pleno do Concello.

Marea de Vigo considera absolutamente ridículo que calqueira intento de grupos políticos da oposición, veciños e veciñas afectadas ou de calqueira colectivo da cidade de facer unha campaña de nadal sostible coa vida e mobilidade dos que viven todo o ano na cidade sexa sinalada por Abel Caballero como “unha campaña de enemigos da cidade ou do nadal” e pide “política de persoas maduras e sensatas porque a cidade non é un centro recreativo e de ocio nin cortijo de ninguén”.