Marea de Vigo discrepa profundamente do criterio de rexeitar as solicitudes veciñais de alegacións ao orzamento de 2023

Marea de Vigo formulou hoxe na comisión de facenda que evaluou as 12 alegacións presentadas por colectivos veciñais, asociativos e persoas a título individual ao proxecto de orzamentos para o ano 2023, un voto particular rexeitando a negativa do goberno local a tomar en conta as mesmas

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera “completamente encaixables e evidentes na súa formulación” as 12 alegacións cidadás que recibiu o proxecto de orzamentos para o Concello de Vigo para o 2023. “Solicitar programas de asfaltado ou mellora en barrios, actualizar subvencións nominativas ante o incremento de prezos dos subministros máis básicos ou empregar recursos en integración das persoas con discapacidade é perfectamente asumible nun orzamento que vai finalmente superar os 300 millóns de euros e que previsiblemente terá, como os anteriores, unha execución incompleta”.

Marea de Vigo, que denuncia que o Orzamento non estivo exposto durante este periodo no portal de transparencia, considera que o rexeitamente das propostas cidadás amosa o que o noso grupo verbalizara no pleno de aprobación que “estamos ante un orzamentario con clara continuidade e que configura un uso dos recursos económicos do concello coma se nesta cidade non acontecese nada distinto aos anos anteriores, coma se a inflación galopante nos prezos dos consumos máis básicos das familias, dos prezos e accesibilidade da vivenda ou mesmo as necesidades de que o Concello se configure como un auténtico prestador de servizos sociais integrais non estivesen a ser unha realidade palpable pola cidadanía».

Rubén Pérez considera que “por desgraza o goberno local ignora a madurez política da sociedade viguesa e decide que o proxecto orzamentario non só non teña un capítulo participativo previo á elaboración do mesmo, senón que de xeito chamativo ignora moitas das sucesivas reclamacións de diversos colectivos veciñais e sociais de liñas de axudas e proxectos que axuden ao proceso de reconstrucción económica e loita contra o impacto que a crise da COVID-19 e a escalada de prezos provocada pola guerra de Ucrania ten en Vigo e que foron trasladadas públicamente e por rexistro ao goberno local». Non habilitando ese mecanismo previo, as fórmulas como ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS que Marea de Vigo reclamou en todos e cada un dos exercicios orzamentarios desta e da anterior lexislatura «pedíamos un programa piloto dos mesmos para darlle uso a unha partida non inferior a 2 millóns de euros tampouco constitúen unha senda de traballo para este goberno local».