Marea de Vigo denuncia novas privatizacións de servizos no Vigozoo

A xestión do espazo de animais nocturnos (nocturama) será de xestión privada a partir deste luns sumándose ao sistema de xestión privada mediante contrato menor de servizos que xa rixe no reptiliario, no bolboretario e no sistema de control de accesos e venta de entradas

O Grupo municipal critica ademais que “xa son varios os contratos que quedaron desertos e tiveron que modificarse, o máis recente o de campamentos no zoo, que hoxe vai de novo á Xunta de Goberno local, cun modificatorio de importes»

Rubén Pérez matiza que «isto non fai máis que amosar de novo que o Goberno local non se sabe que modelo de futuro quere darse ao centro”

O lento proceso de decandecia e a falla de investimento no VIGOZOO, segundo a Marea de Vigo, “impiden a  recorversión do obsoleto modelo de zoo do século pasado que aínda rixe no modelo de centro de conservación e santuario de especies que ten que ser no futuro ” e considera que os modelos privatizadores de exhibición que se están a plantexar baséanse na adquisición de animales, “práctica que hai que ir erradicando e repensando”.

O recente anuncio de reforma integral do alcalde, mesmo dicindo que non quere máis animais presos, non parece substanciarse nalgo concreto. “Non se atalla a situación simplemente metendo empresas privadas a facer xestión das activiades se non se realizan os investimentos públicos precisos para cambiar o modelo e as instalacións” matiza Rubén Pérez.

Marea de Vigo ten amosado en múltiples ocasións a preocupación pola falla de personal público no parque. “Durante moito tempo a praza de conservador estivo deserta e o mantemento das instalacións é absolutamente precario pola falla de personal. Mesmo segue existíndo unha carencia de investimento para arranxar avarías que evitarían as múltiples fugas de auga e mellorarían o estado de moitas instalacións” engade Pérez.

Marea de Vigo segue a considerar como urxente a conversión do Zoo de Vigo nun modelo alternativo como o que xa está a ensaiar de xeito audaz o Concello de Barcelona. “Por moito que se lle cambie o nome por ‘parque das ciencias de Vigo’, se nos modelos de conservación e xestión perviven os vellos vicios pouco se vai avanzar” incide o voceiro.

Para a Marea de Vigo, a xestión pública directa dos servizos e mesmo das actividades pode axudar na liña do novo modelo xa que, e segundo se expresa no programa electoral da Marea de Vigo: «entendemos tamén que debe existir un achegamento desde o mundo educativo e a sociedade á natureza, porque vivimos nela, e ela inflúe notablemente nas nosas vidas a diario. E para poder comprendela e respectala propoñemos reconverter o zoo da Madroa en Vigo nun lugar distinto ao existente, cunhas características propias que fagan del, un lugar que combine a propia actividade de santuario de animais decomisados co espazo para o coñecemento da natureza con animais irrecuperables de especies autóctonas galegas, para dar a coñecer a nosa propia biodiversidade e os perigos aos que son sometidos».

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí