Marea de Vigo denuncia de máis de un millón de euros destinados a mellora dos firmes nas rúas da cidade siguen sen executarse 

Marea de Vigo reiteira que fronte a anuncios enganosos do goberno local o rigurosamente certo e que partidas como o plan de renovación de firmes e partidas relacionadas co mantemento da rede viaria non se executan na súa integridade mesmo pese a existir reiteradas queixas veciñais no 010 sobre estado de rúas con fochancas e mal estado do firme”

Marea de Vigo non entende como na partida de 1.3 millóns do Plan de Renovación de firmes en barrios e parroquias se retiraron 350.000 euros e dos 950.000 restantes a data 1 de outubro estaba sen executar un so euro “cando temos un rural con firmes destrozados, ausencia de beirarrúas e accesibilidade a persoas con mobilidade reducida e non é que o diga Marea de Vigo, senón que son recurrentes as chamadas de AAVV e veciños e veciñas para alertar da presencia de fochancas e problemas no firme” Sinala Rubén Pérez, voceiro do GM da Marea de Vigo.

Ardan

Marea de Vigo denuncia que hai lugares nos barrios e parroquias especialmente degradados porque dende hai décadas que non se actúa en moitas beirarrúas do barrio co argumento de que todo o ámbito está afectado por un PERI e que a urbanización correspondería facela ao que desenvolvese o mesmo. “O certo é que nin de desenvolveron os mesmos durante anos e o Concello non foi quen de asumir o erro de pretender que os viais públicos sexan acondicionados por actuacións privadas e realizar un acondicionamento con recursos públicos” sentenza o voceiro. 

No novo PXOM moitos deses PERIS desaparecen e “xa debería ser o Concello o que actuara de xeito inmediato ante as recorrentes denuncias de veciños e veciñas así como da propia AAVV” engade Rubén Pérez, especialmente sabendo que hai moitos recursos económicos orzamentarios asignados sen executar e de posible asignación como remanentes e uso de superávits doutras lexislaturas.

Marea de Vigo considera que o concello debe presentar de xeito inmediato un plan de actuacións urxentes para atallar o esquecemento permanente de barrios e parroquias fronte ao investimento desaforado no centro urbano, onde se concentra a maior parte das actuacións de rehabilitación urbana, algo que é establecer de xeito inmoral unha dobre categoría de cidadanía que Marea de Vigo considera inxusta porque impostos pagan todos os vigueses e viguesas” conclúe o voceiro municipal.