Marea de vigo cualifica como «penoso e neglixente» o proceso de contratación do servizo de dinamización infantil (ludotecas) cuxo contrato remata mañá sen que se teña feito a licitación

Los concejales del grupo municipal en una rueda de prensa en el Concello.

Oriana Méndez: “O Goberno local, e nomeadamente a concelleira de Xuventude, sabían perfectamente que o contrato de xestión do programa de Dinamización Infantil de Vigo remataba hoxe 15 de abril, e aínda hoxe levan á mesa de contratación a apertura das ofertas económicas”

Marea de Vigo esixe unha resposta inmediata tanto ás traballadoras do servizo como as familias usuarias

Marea de Vigo non alcanza a entender “como, coñecendo a Concellería de Xuventude a duración da actual concesión, non se da artellado a tempo o proceso de contratación tendo en conta que o contrato remataba hoxe, 15 de abril, e que isto podía xerar unha paralización do servizo deixando  ao persoal nunha situación de incerteza e sen servizo aos nenos e nenas e familias que  empregan o servizo como método de conciliación e complemento educativo” afirma  Oriana Méndez. “Non estamos falando dun servizo de nova creación, cunha complexidade tal que poida chegar a xustificar unha demora, senón dun servizo que existe dende hai máis de 20 anos” incide a concelleira.

“Trátase dun gravísimo erro de xestión por parte da Concellería responsable que pode chegar a acarrear o peche do servizo e esperemos que non tamén a apertura dun ERTE ou mesmo un ERE para as traballadoras do servizo en tanto en canto non se incorpore a nova concesionaria e subrogue ao persoal actual, tal e como obriga a lexislación vixente, os propios pregos e o convenio colectivo de aplicación” sinala Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo.

Dia das Letras Galegas

Ante a situación xerada, e á vista dos acontecementos e as deficiencias no proceso de contratación, o Grupo municipal da Marea de Vigo trasladou hoxe por escrito á Concelleira Delegada da Área, Mª del Carmen Lago, unha solicitude para coñecer cal é o motivo polo que non está rematado o proceso de licitación da prestación do servizo en tempo e forma, así como que medidas se van a tomar de xeito inmediato para evitar calquer tipo de perxuizo no persoal do servizo e en que situación vai estar o servizo a partir do día de mañá cara ás familias usuarias.