Marea de Vigo cualifica como «delirante» a situación dos parques infantís e subliña que con maior persoal e recursos podería realizarse a súa desinfección diaria

El parque infantil de Venezuela es uno de los que permanece abierto.

O voceiro Rubén Pérez lembra que o Concello leva varios anos consignando no orzamento un millón de euros para parques infantís e bioasaudables”, dos que o ano pasado executou cero

Marea de Vigo cualificou hoxe como «delirante» a situación que están a atravesar os parques infantís de Vigo, que continúan pechados pese a que a chegada da ‘nova normalidade’ permite a súa apertura. Unha situación que obedece, segundo o alcalde Abel Caballero, ao elevado custo da súa desinfección. Neste marco, este grupo municipal lémbralle ao rexidor que “leva varios anos consignando no orzamento un millón de euros para parques infantís e bioasaudables” e que “no 2019, unha vez aprobada a partida, retiroulle 809.000 deixando 190.000 euros para a mesma e executando finalmente 0 euros dos mesmos”.

“Non existe obrigación de vixiantes nos parques” como dixo o alcalde, mais “o que ten que ter é seguemento da policía local tal e como se fai na vía pública”, matiza Rubén Pérez. “O que si é necesario – prosigue – nesta e noutras concesións relacionadas cos espazos e mobiliarios públicos, é adaptalas aos criterios de seguridade das persoas que mandata a nova normalidade que por desgraza imos vivir nas nosas cidades”.

O Grupo municipal incide en que “dende hai anos queda sen executar unha partida que supera o medio millón de euros nos investimentos previstos de parques infantís e biosaludables” e que a concesión de mantemento de parques infantis, biosaudables e bancos que xestiona o Concello “ten que modificarse e adaptarse á nova realidade post-covid19, modificando o contrato para que inclúa actuacións de limpeza e desinfección, incorporando persoal permanentemente á concesión que faga esa tarefa”.

Fanse modificatorios de contratos a ducias ao longo das lexislaturas, e este, segundo a Marea de Vigo, é especialmente necesario porque só 5 persoas estan a manter os parques infantís da cidade, os milleiros de bancos na vía pública e os parques biosaudables que progresaron numéricamente en Vigo de xeito inversamente proporcional ao persoal asignado ao seu mantemento.

«Que imos gastar máis recursos en Vigo pola COVID-19 é unha realidade, así como que outras administracións terán que facer o mesmo en sanidade, educación, seguridade laboral, etc… pero o que hai que afrontar urxentemente é a nova realidade. Os recursos municipais non son infinitos e entre despilfarros de luces e nadal e seguridade das persoas é preciso establecer prioridades”, conclúe Rubén Pérez, voceiro do grupo Municipal da Marea de Vigo.