Marea de Vigo considera urxente habilitar aparcadoiros disuasorios en Vigo

Rubén Pérez: “Á actual situación de colapso de tráfico de vehículos privados en moitos tramos horarios do día, á existencia de obras que cortan rúas e accesos, vanse sumar aos previsibles incrementos de tráfico para os meses de novembro e decembro coa campaña de nadal»

Marea de Vigo teme que polo tanto que a entrada no centro urbano de vehículos privados e o aparcamento en parkings vaia colapsar polo que reitera a proposta lanzada no seu día de habilitar aparcadoiros disuasorios en diferentes puntos da cidade

Marea de Vigo sigue a considerar urxente ir delimitando aparcadoiros disuasorios, ben temporais (a espera de desenvolver os definitivos previstos no Plan de Mobilidade que figura incluído no texto do futuro PXOM) ben xa definitivos aproveitando por exemplo cesións de espazos como o que ADIF cedeu no ano 2020 ao Concello na zona de Isaac Peral (15.000 m2). Estos terían que funcionar xa de xeito urxente e ter habilitado acordo con Vitrasa para incorporar lanzadeiras co centro urbano ou mesmo modificacións de rutas existentes para dar servizo aos espazos habilitados como aparcadoirodisuasorios.

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, lembrou hoxe que “non é un acto de voluntarismo acometer a concrección destes espazos xa que o propio PXOM inclúe na súa memoria tanto a implantación do carril bus en Avda. de Madrid. Esto o propio PXOM indica acometelo aproveitando a súa remodelación e mesmo insta a reforzar as actuais frecuencias de 9 veh/hora en cada sentido para “fomentar o uso do aparcadoiro disuasorio que se plantea situar na posición da Estación de Autobús actual tras a remodelación do nó”. 

Mentras a estación non se valeira e se cede ao Concello, Marea de Vigo propón a búsqueda de alternativas que permitan evitar o tráfico denso procedemente da A55. “Hai que ir acelerando os traballos deste tipo de aparcadoiros disuasorios e fomentar a interconexión do transporte público cos novos aparcadoiros disuasorios programados xa que o PMUS establece entre os seus obxectivos a urxencia de dotar a Vigo das estacións intermodais mesmo ao marxe da propia estación intermodal futura de Urzáiz, que terá os seus aparcamento propio.

Marea de Vigo considera que este modelo de aparcadoiros disuasorios existen xa programados no texto do PXOM recollendo ademáis un proxecto da Xunta, por exemplo dende un no enlace da AP9 na Rúa Bos Aires, outro na Avenida Madrid, substituíndo á actual Estación de Autobuses, outro no segundo Cinturón de Vigo (en Estrada de. Camposancos; entorno de avenida Florida, avenida Ricardo Mella e avenida Alcalde Portanet) e outras ubicacións alternativas que se recolleron no O Plan Sectorial de Aparcadoiros Disuasorios da Xunta de Galicia, por desgraza pendente de aprobación definitiva dende 2013, pero que podería servir como referencia perfectamente ao recoller 3.830 prazas de aparcamento na Área de Vigo repartidas en 15 aparcadoiros na contorna do termo municipal e no propio Concello de Vigo.