Rubén Pérez, voceiro do GM da Marea de Vigo, sinalou hoxe que tanto o que acontece co proceso de investigación aberto por fiscalía co vial autorizado en Cabo Estai sobre unha servidume sen coñecemento dos propietarios con dereito sobre ela, como o anunciado pola concelleira de urbanismo María José Caride sobre os novos usos para a franxa litoral do Berbés; constitúen sen dúbida unha «emenda histórica aos usos tradicionais da franxa litoral». «O goberno local pretende modificar espazos industriais e portuarios no ámbito urbano e paixasístico e de protección natural no ámbito de Cabo Estai, constituíndo un perigosísimo cambio de terzo porque os dous son condicionados pola presión inmobiliaria e dos lobbys que queren convertir os espacios máis achegados á costa como lugares onde especular sen rubor con vivendas de segmento medio alto», sinalan.
«O goberno local permanece como socio colaborador na concrección dunha evidente ilegalidade en Cabo Estai, mesmo con presencia como parte interesada na operación inmobiliaria dun funcionario da administración local, e como comercial implicado na reconversión dos espazos industriais relacionados co sector naval ou a industria pesqueira e portuaria en vivenda promocionada por inversores como fondos boitre ou grandes constructoras». Dende Marea sinalan que o goberno de Abel Caballero é á vez «parte e causa deste cambio de modelo de cidade cara ao pelotazo de intereses especulativos na costa».
«Porque é evidente», sinala Rubén Pérez, «que os cambios de tendencia no sector inmobiliario coa chegada da pandemia, a alta demanda de vivenda unifamiliar e o “impass” que supón o PXOM do 93 fronte á maior protección de costas que marca o novo PXOM en elaboración, “é un caldo de cultivo perfecto para que volva a presión urbanistica á costa do termo municipal de Vigo, feito que obriga a unha maior labor fiscalizadora e inspectora por parte do Concello para evitalo” afirma Rubén Pérez, laboura que se amosa como inexistente no caso de CAbo Estai e na protección de patrimonio industrial de Beiramar».
Marea de Vigo afirma tamén que a costa que percorre o termo municipal de Vigo “ten que ter un grado de protección evidente, pero especialmente ten que ter un Goberno local que vele polo cumprimento da legalidade, que realice unha inspección rigorosa de calquera actuación que se realice na contorna natural e na servidume de costa e que responda á veciñanza e e aos grupos municipais cando requiren información, non empregando como sistema o silencio administrativo que non fai máis que acrecentar as sospeitas de que se convive coa ilegalidade, co incumprimento da legalidade en materia de protección de costas e que os intereses especulativos e privados se aúpan como intereses públicos xerais” sinala o voceiro municipal.

