Rubén Pérez: “A modificación do Plan Estatal de Acceso á Vivenda 2022-2025 ven a darlle á razón á Marea de Vigo en que os Concellos poden e deben negociar coa SAREB a cesión de vivendas que estén ubicadas no seu termo municipal para crear un parque de vivenda de emerxencia e outro público de acceso regulado. Xa non vale excusarse en competencias propias ou impropias”
Marea de Vigo considera que o debate sobre un acceso democrático e asequible á vivenda na cidade «xa é un problema cronificado e que non pode obter permanentemente un silencio por parte do Concello ou con medidas anunciadas a moi logo prazo como o futuro desenvolvemento de ámbitos de vivenda protexida que contén o PXOM». O problema, suliña o voceiro do GM de Marea de Vigo Rubén Pérez, témolo “aquí e agora” e na cidade de Vigo existen «ducias de inmobles parados dende hai anos propiedade da SAREB que poden ser susceptibles de ser empregados dentro dun parque público de vivenda».
Marea de Vigo considera que a a modificación do Plan Estatal para o Acceso á Vivienda 2022-2025 que hoxe aprobará o Consello de Ministros establece novidades que deberían ter unha acción proactiva por parte do goberno local. O que vai ser aprobado tanto permite e mesmo facilita chegar a acordos coa SAREB de cesión de inmobles (como por exemplo os bloques de máis de 90 vivendas que agora mesmo ten a entidade na Rúa Aragón) como autoriza que a Sareb poida incluso vender vivendas a concellos, comunidades autónomas e entidades sen ánimo de lucro sen que iso prexudique as súas contas posto que podería recibir subvencións para subir o prezo da transmisión ao tempo que facilita as operacións de transmisión ao permitir que a entidade amortice perdas con fondos europeos.
Marea de Vigo levará ademáis á pleno mañá mércores unha moción que solicita o apoio á accións que contén a futura lei de vivenda como o feito de que concellos como Vigo poidan ser declarados zona tensionada en canto a situación de acceso á vivenda habiltando control de incrementos de prezos de alugueiro e outras medidas como a creación de parques municipais públicos de vivenda.

