Marea de Vigo sinala que ligar o problema do tráfico en Vigo a presencia de autobuses interurbanos é “unha marcianada épica porque era o mesmo problema en todo caso que cando Xunta e Concello decidiron ubicar ahí a estación intermodal mediante convenio asinado” e que se o conflicto está en que rúas da cidade ten que parar a recoller ou deixar viaxeiros é unha cousa diferente porque ningun Policía Local pode impedir o tránsito de transporte público interurbano pola cidade “salvo que queira prevaricar quen multa ou quen ordena facelo”
Marea de Vigo insta a que Xunta e Concello resolvan de xeito inmediato o único problema realmente existente, que é en que puntos da cidade parará un transporte público esencial para miles de vigueses, sobre todo agora pola saturación do eixo atlántico de ferrocarril polos abonos gratuítos, “porque os autobuses van a entrar na cidade queira ou non o Concello porque non ten nin unha competencia nin lexislación que o impida”
«O que é dun ridículo espantoso e que o convenio entre administracións suscrito hai anos que deixaba claro en que lugar e como se ubicaba a estación intermodal sexa agora froito de conflicto entre Xunta e Concello», recordan. “Salvo que nos tomen a todos e todas as viguesas por imbéciles en serio alguen cree que agora, con todo asinado e construído o problema é que os autobuses de transporte público interurbano son un problema ao tráfico da cidade?. Eran exactamente o mesmo problema que cando as dúas administracións asinaron e decidiron que a ubicación sería esa na que finalmente se construíu a estación intermodal», sinala o voceiro do GM da Marea de Vigo, Rubén Pérez.
Para Marea de Vigo non vale todo en política, «non vale permitir sen control que ducias de autobuses privados, tanto de colexios privados sen zonificación escolar, de excursións privadas de todo tipo atravesen a cidade en calqueira momento e hora, de non ter un control dos trailers de transporte de mercadorías que atravesan rúas e viais sen control e poñer agora a obxección». «Ao transporte público de pasaxeiros”, “roza sinceiramente, algo inimaxinable toda vez que hai por exemplo moita xente que se queda sen prazas no ferrocarril entre Vigo e Coruña polo sistema de bonos gratuítos e depende do autobús como medio de transporte», lamentan.

