Marea de Vigo afirma que o Goberno de Abel Caballero minte na execución orzamentaria, xogando cos investimentos nun momento no que o gasto social debería ser prioritario

Rubén Pérez: “Non hai unha execución orzamentaria á altura da recadación feita á cidadanía viguesa via impostos municipais, por enriba do 100% da previsión de ingresos na maioria dos casos”

Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, fixo unha valoración sobre a liquidación do orzamento do pasado ano 2021, “un ano no que o orzamento municipal incorporou todas as liñas de axuda provenientes do Goberno do estado en base a situación pandémica, os remanentes e o superávit, superando os 352 millóns de euros – sinalou Rubén Pérez na rolda de prensa ofrecida hoxe – , dos que apenas foi executado o 69%”.

Marea de Vigo considera que os datos que pon o Goberno de Abel Caballero enriba da mesa “deberían sacarlle as cores a calquera goberno que se diga progresista – afirmou Pérez – , xa que, nun ano no que era necesario ter posto os recursos acumulados a disposición dos vigueses e as viguesas, apenas se executou o 69% do orzamento”, o que, á marxe de semellar non ser unha baixa execución ao pasar do 50%, “ten unha explicación tendo en conta duas partidas que resultan fundamentais: o pago ás empresas concesionarias, que supón 122 millóns, e os 38 millóns executados dos investimentos” sinalou o voceiro.

Mais, con respecto aos investimentos, “a realidade é moi diferente”, segundo Rubén Pérez. “É especialmente sangrante que dos 25 millóns de euros anunciados para investimentos, acabaran sendo 101 millóns (35 do remanente, os fondos europeos e o superávit dos anos anteriores), para acabar executando apenas eses 38”. Rubén Pérez afirmou que “ainda que algún alguns investimentos están executados en parte, iso non xustifica que existan partidas importantes sen execucion sen tan sequera ter pasado pola mesa de contratación os proxectos de obra”.

Incidindo nos investimentos, Rubén Pérez lembrou que, a pesar de que de 100 millóns de euros apenas 38 estean executados, pódese comprobar que no capítulo de ingresos (o que paga a cidadanía, impostos coma o IBI ou o rodaxe) a recadación está por enriba do 100% e no caso dos impostos indirectos, por enriba do 115%. “É dicir: a veciñanza viguesa paga incluso máis que a previsión de ingresos pero o Goberno de Abel Caballero non executa nin a metade deses recursos” matiza o concelleiro. “Se nos dí que é o Concello quen máis axuda á xente pero vemos que, por exemplo, nunha partida de axuda ao alugueiro, vivenda e alimento, de apenas 526.000 euros, apenas foron executados 86.000” engade.

Rubén Pérez anunciou que Marea de Vigo seguirá denunciando “a campaña publicitaria que se fai coa execución orzamentaria cuxos datos reais desminten sistemáticamente eses anuncios” concluíu.