Mañá sairán á venda 2.500 reservas para desfrutar de Raphael o 16 de agosto en Castrelos

As reservas para este concerto sairán á venda mañá, martes 2 de agosto. Durante o día de hoxe están dispoñibles as reservas de Hombres G, que actuarán en Castrelos o domingo 14 de agosto

Mañá estará á venda a reserva de espazo no anfiteatro de Castrelos para gozar do concerto que ofrecerá Raphael o domingo 10 de xullo ás 22.00 horas.

Como ven sendo habitual, simultanearase a venda online e presencial dun total de 2.500 entradas ás que lles corresponderá unha cadeira no anfiteatro para seguir a actuación. Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas, combinando o formato online (serán 750 as 10.00 horas e outras tantas as 17.00 horas) e á venda presencial (500 as 10.00 horas e outras tantas as 17.00 horas) na Praza do Rei.

As reservas de Hombres G están a venda durante o día de hoxe

As 10.00 da mañá saíron as primeiras reservas para a actuación de Hombres G, que terá lugar o domingo 14 de agosto as 22.00 horas. Na primeira quenda esgotáronse, tanto nas billeteiras do Auditorio Municipal como online.