Abel Caballero anunciou en rolda de prensa que a venda de reservas para o concerto de Tanxugueiras do 30 de xullo en Castrelos será maña
Ademais sinalou que a primeira quenda de entradas para Love of Lesbian esgotáronse en minutos, aínda que volverán a saír as restantes as 17:00 horas
O rexedor vigués confirmou este martes que maña sairán a venda as reservas para o concerto de Tanxugueiras, para as que se seguirá o mesmo esquema que as de Love os Lesbian. Expediranse 5000 entradas en dúas modalidades de compra simultánea: tanto no tramo das 10:00 como no das 17:00 horas sairán 500 entradas na billeteira de Praza do Rei e 2000 para adquisición online, tendo un máximo de dúas entradas por persoa.
O concerto do trío galego terá lugar o sábado 30 de xullo no auditorio de Castrelos. Un día antes teremos o concerto de Love of Lesbian, sobre o que o alcalde sinalou que a primeira quenda de reservas online “esgotouse inmediatamente”.
Actuacións do día de onte
Por outra banda, Abel Caballero cualificou de “espectacular” o concerto que realizou o artista canadense Bryan Adams no campo de fútbol de As Travesas. Tamén salientou o “éxito colosal” da primeira das actuacións infantís que acolleu onte Castrelos, Coco Tributo Musical, que congregou ao redor de 15.000 asistentes. Para a próxima semana terá lugar o segundo, co musical O rei da Sabana, o martes 26 as 20:00 horas.
Festival Folclórico Internacional de Vigo
No día de hoxe dase o pistoletazo de saída do Interfolc, que arrincará as actividades no Centro Cultural de Beade as 21:30 horas coa actuación da banda mexicana Fusión Folklórica e ca portorriqueña Guarionex.
O peche do festival producirase o día 25 de xullo no escenario principal do auditorio de Castrelos, no que participará a Banda de Gaitas Xarabal, que arrincará as 21:00 horas; dando paso o concerto de Luar na Lubre as 21:30 horas, ca posterior actuación do grupo vigués Batea.

