Luz verde ao PERI de Montana en Alcabre que prevé 43 vivendas e 5.500 m2 de zonas verdes

Praia de Alcabre.

O alcalde Abel Caballero informa da aprobación inicial do PERI de Montana, ámbito que inclúe un gran parque, aparcamentos e reserva solo para equipamento público

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da aprobación inicial do PERI de Montana, que suma case que 20.000 m2 fronte a igrexa de Santa Baia en Alcabre e prevé erixir 43 vivendas unifamiliares das que 16 serán de prezo taxado. O ámbito inclúe un gran parque, aparcamentos e reserva solo para equipamento público.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

De iniciativa privada, o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) de Montana será aprobado inicialmente na próxima sesión da Xerencia de Urbanismo e comprende 19.400 metros cadrados que lindan coa Avenida Atlántida, nunha parcela case que delimitada polos camiños do Castañal e de Montana, en Alcabre.

O proxecto reserva preto de 5.500 metros cadrados para zonas verdes, outros 700 metros cadrados máis para equipamento público dotacional e prevé construír 43 vivendas unifamiliares, das que 16 serán vivendas protexidas, segundo subliñou o alcalde vigués.

O plan inclúe ademais 106 prazas de aparcamento e a plantación de 65 árbores. Entre o solo reservado no proxecto para zonas verdes destaca a creación dun gran parque de algo máis de 4.000 metros cadrados na parte máis próxima á Avenida Atlántida, xunto fronte á igrexa de Santa Baia.