Luz verde ao expediente de contratación das obras de demolición do Camaleón

El Camaleón, en Samil.

A Xunta de Goberno Local celebrada este xoves tamén deu luz verde ao expediente de contratación das obras de demolición da antiga cafetería “Camaleón”, en Samil, que presenta un orzamento de 139.000 euros. O Concello de Vigo, trasladou Caballero, explicou que a licitación pública sae cun prazo máximo de catro meses de obras, “pero imos urxir para que se faga o antes posible, porque quero ter derrubado o Camaleón cando empece a tempada de verán, e alí ten que haber unha zona verde”.