Luisa Sánchez propón celebrar a Semana Europea da Mobilidade en Vigo cun día de viaxes gratis no Vitrasa, charlas, talleres e rutas a pé ou en bicicleta

“A mobilidade sostible non se limita ás rampas e os ascensores. Debe promover a conexión dos vigueses, independentemente do lugar no que vivan e co obxectivo de unir mellor o centro coas parroquias”, sinala

A presidenta local do PP reitera a proposta dun abono mensual ilimitado para viaxeiros frecuentes por 20 euros e a necesidade de implementar na cidade unha rede de puntos de recarga para os vehículos eléctricos

A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, destaca a importancia da mobilidade sostible para a que aposta por una xornada gratuita no bus urbano e outras iniciativas para fomentar do uso do Vitrasa e o uso de vehículos eléctricos. Coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade e o Día Sen Coches, que se conmemora este martes, a líder da oposición aboga por pór en marcha “durante a lo menos unha xornada, a gratuidade do transporte público para animar aos cidadáns a deixar os automóviles na casa e subirse ao bus”.

ZFV

Unha iniciativa das moitas que se poderían activar durante estes días e que se adoptan noutras cidades onde se celebra a Semana Europea da Mobilidade con actividades en torno ao transporte público, ao uso da bicicleta, ao medio ambiente como obradoiros, charlas, exposicións, rutas a pé ou en bici para fomentar as boas prácticas e medidas de carácter permanente. “En Vigo, sen embargo, este ano nin sequera se anunciou por agora a iniciativa comodín dos últimos anos que era por gratis durante un día o bus turístico para os vigueses”, remarca.

O fomento do transporte público durante esa xornada conmemorativa debe ir acompañado ademáis de medidas durante todo o ano como o abono mensual proposto polo Partido Popular aproveitando a renovación do servicio este mesmo ano. “Propoñemos a creación dun abono mensual para que os viaxeiros frecuentes podan realizar viaxes ilimitados e tería un coste de 20 euros ao mes ou de 200 euros cada ano”, remarca.

Do novo contrato, en fase de licitación, “aínda non se sabe” a súa resolución pero sí que non engade novas rutas, nin mellora os horarios nin as frecuencias. “É algo sintomático dunha cidade na que as Zonas de Baixas Emisións se activaron sin anunciarse previamente á cidadanía”, afirma.

Luisa Sánchez apunta que ademáis do transporte urbano, Vigo debería contar cunha rede de puntos de recarga de vehículos eléctricos. “E que se poidan usar, dende logo, non como ocorre coas estacións instaladas na Praza Elíptica, que tres anos despois de ser instaladas seguen inoperativas e convertidas, tristemente, en parte do mobiliario urbano”. “A mobilidade sostible non se limita ás rampas mecánicas e os ascensores, senón que debe promover a conexión de todos os vigueses, independentemente do lugar no que vivan e co obxectivo de unir mellor o centro coas parroquias”, conclúe.