A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu onte á inauguración do II Congreso Ibérico de Casas Solariegas no Museo do Mar de Galicia. O congreso, que se celebrará dende o 23 ata o 26 de setembro na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo e que está organizado por Amigos dos Pazos, contará coa presenza de historiadores, investigadores, arquitectos, especialistas en patrimonio e representantes de históricas casas señoriais de Galicia e Portugal. A vicepresidenta resaltou a importancia de estas construcións non só para entender e estudar o pasado, senón para “contribuír coa cultura e o turismo do presente e do futuro”.
Inicio Hoy en Vigo Sociedad Luisa Sánchez asiste á inauguración do II Congreso Ibérico de Casas Solariegas

