Luis López salienta que o +Provincia mobilizará 1,1 millóns para que 9 concellos impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 37 persoas

Os novos recursos beneficiarán aos concellos da Cañiza, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Forcarei, Moaña, Mondariz, Ponteareas e Redondela

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 1,12 millóns de euros para que 9 concellos da provincia impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 37 persoas ao abeiro das tres primeiras liñas do Plan +Provincia. Benefícianse destes recursos A Cañiza, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Forcarei, Moaña, Mondariz, Ponteareas e Redondela. Con este novos recursos, como explicou o presidente provincial, Luis López, son xa uns 12 millóns os aprobados ao longo deste ano ao abeiro deste plan para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

No marco da liña 1, de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou 565.000 euros para cinco concellos: A Cañiza, Dozón, Mondariz, Ponteareas e Redondela. Desta maneira, Redondela recibirá 202.840 € para a pavimentación e mellora da estrada do Outeiro de Reboreda; A Cañiza 81.622 € para o proxecto de xeración eléctrica fotovoltaica para uso da piscina municipal, e Mondariz 76.070 € para a ampliación do saneamento no barrio do Cruceiro. Ademais, Dozón contará con 118.282 € para a rehabilitación de edificio para uso sociocultural no Castro de Dozón, e Ponteareas 86.900 € para o acondicionamento e ampliación de edificio público para ludoteca. Estes dous últimos proxectos serán financiados ao 100% pola institución provincial, a través de diferentes mecanismos provinciais de axuda.

No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar 216.943 euros para os concellos da Estrada e Cerdedo – Cotobade. En concreto, A Estrada recibe 146.900 euros para o XV Campus deportivo de verán 2024 (51.000 €), Estrada escena (30.900 €), a 50ª Festa do Salmón (22.000 €), Adventure Galicia (14.700 €), o Ciclo ruralizarte 2024 (8.100 €), as feiras cabalares de Pascua e San Martiño (5.900 €) e a XXVIII Subida A Estrada 2024 (5.400 €). No caso de Cerdedo-Cotobade, os 70.043 euros aprobados irán destinados á Iluminación e decoración de Nadal en Cerdedo – Cotobade 2024 (16.200 €), música en Cerdedo – Cotobade 2024 (12.990), teatro en Cerdedo – Cotobade 2024 (10.591 €), excursións en Cerdedo – Cotobade 2024 (5.000 €), festas do neno en Cerdedo – Cotobade 2024 (4.488 €), San Xoán en Cerdedo – Cotobade 2024 (4.433), Entroido Infantil en Cerdedo – Cotobade 2024 (3.955 €), Transgalaica Cerdedo – Cotobade 2024 (3.630 €), Nadal infantil en Cerdedo – Cotobade 2024 (3.256 €), Campionato galego de Kickboxing Cerdedo – Cotobade 2024 (3.000 €) e Torneocup de fútbol base Cerdedo – Cotobade 2024 (2.500 €).

Por último, ao abeiro da liña 3, de activación de emprego, a institución provincial aproba 340.182 euros para a contratación de 37 persoas desempregadas nos concellos de Moaña e Forcarei. En concreto, Moaña recibirá 210.839 euros para contratar a 28 traballadores como peóns de medio ambiente – forestal (6), limpadores (6),  peóns especialistas xardineiros (4), peóns de obra pública (3), conserxes (3), peóns xardineiros (2), oficial albanel (1), oficial electricista (1), oficial enterrador (1) e oficial condutor (1). Pola súa banda, Forcarei contará con 129.342 € para condutores de tractor (2), peóns forestais (2), peóns de obras públicas (2), peón de recollida de lixo (1), oficial de 1ª albanel (1) e oficial de 1ª albanel (1).