Luis López expresa os desexos da provincia para un “2025 extraordinario” cun vídeo no que escribe a carta para os Reis Magos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, expresa os desexos da provincia para o novo ano nun vídeo no que escribe a carta para os Reis Magos, unha carta na que pide “atención e recoñecemento para os concellos”, “experiencias 100 % Rías Baixas para os que decidan visitarnos” e “menos muros e máis pontes que unan persoas e ideas”. A carta remata cunha mensaxe do presidente Luis López: “entre todos faremos do 2025 un ano extraordinario”.