Luis López coñece as necesidades e proxectos da Federación Galega de Automobilismo para levar ao motor a aposta da Deputación polo deporte

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta e responsable de Deportes, Luisa Sánchez, recibiron este mércores no Pazo provincial ao presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, para coñecer os proxectos que o ente federativo ten en marcha e as necesidades do colectivo nestes días previos ao comezo da tempada.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

O presidente tendeu a man da goberno provincial a colaborar coa Federación Galega de Automobilismo en todo o que sexa posible e reafirmou o compromiso da Deputación para exercer como a casa do deporte na provincia. Neste sentido, López recordou o apoio económico e organizativo á celebración de probas de automobilismo na provincia, como o Rallye do Cocido ou o Rallye Rías Baixas,  así como á participación de escudarías provinciais en competicións de ámbito rexional. ​