Luis López aborda cos responsables do IKFEM Creativa a organización dos actos deste festival que se celebra en Tui no verán e conta co apoio da Deputación de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, abordou este xoves cos organizadores do festival IKFEM Creativa, un espazo xurdido ao abeiro do International Keyboard Festival&Masterclass (IKFEM) que se celebra cada mes de xullo no Concello de Tui, os actos desta mostra enogastronómica e de artes creativas das Rías Baixas e do Norte de Portugal que conta co apoio do goberno provincial.

O presidente López afondou no compromiso da Deputación de Pontevedra co apoio á cultura e aos colectivos culturais da provincia, así como na aposta por tender pontes coas vilas do norte de Portugal para potenciar esa cooperación transfronteiriza que impulsa social e economicamente o sur da provincia.