Igrexas imputa á «incompresión lectora» do alcalde as súas críticas ao BNG polo túnel de Elduayen

O voceiro nacionalista en rolda de prensa.

A fronte nacionalista acusa a Caballero de mentir deliberadamente sobre a resposta da Comisión Europea a respeito dese proxecto.

O portavoz municipal nacionalista en Vigo, Xabier P. Igrexas, afeou as “desaforadas e ofensivas declaracións” realizadas polo alcalde por segundo día consecutivo contra o BNG, por causa da pregunta trasladada pola formación nacionalista á Comisión Europea sobre o proxecto de túnel en Elduayen.

“O verdadeiramente ridículo é a incomprensión lectora de Abel Caballero” retrucou o edil nacionalista, sinalando que é “rotundamente falso” que a Comisión Europea expresase o seu acordo co proxecto de túnel. “O que di a Comisión é que non lle consta que o túnel se vaia cofinanciar con fondos FEDER e que a aprobación dos proxectos DUSI depende das autoridades estatais”, explica. O propio rexedor acabou por recoñecer esta mañá que inda non solicitaran ese financiamento comunitario a pesar de ter asegurado que si.

Igrexas insta o alcalde a non faltarlle o respeito á cidade nin ao seu cargo “mentindo deliberadamente” sobre un documento oficial que a fronte nacionalista fará público para coñecemento da cidadanía.Aliás, desde o Bloque reiteran o seu compromiso de seguir a «escoitar e dialogar» coa veciñanza afectada e cos colectivos sociais do barrio, fronte a política «autoritaria e antidemocrática» do alcalde que fica instalado nun permanente «aquí mando eu».

1 COMENTARIO

  1. Que tomen nota dende o BNG que está apoiando a Carmela Silva na Deputación de Pontevedra (?)

    Leva máis dun ano dicindo que o túnel o paga Europa e resulta que o túnel o vai pagar a Deputación (?)

    E o chiringuito da Deputación en Vigo cheo de actos puramente ELECTORAIS quen o paga ?
    Todos nós para maior gloria dunha Carmela Silva botada ao monte da prepotencia e do oscurantismo político.

    O BNG é responsable de manter ao Cacique Local
    https://twitter.com/00Gamela/status/1223654632276275201

Los comentarios están cerrados.