Calcina 3 vehículos y el portal de una nave tras apagar un cigarrillo en un vehículo abandonado

0

A las 15:07 horas del pasado día 29, se recibió una llamada en la Sala de Comunicaciones del 092 de la Policía Local de Vigo, dónde una persona informaba que en la Calle Jacinto Benavente estaba ardiendo un vehículo en la vía publica.

Una vez en el lugar, observaron un vehículo en llamas de la marca y modelo, Volkswagen Golf, informando rápidamente a las unidades de extinción de incendios. En el lugar se personaron varias dotaciones y tras unos minutos sofocaron el incendio.

Debido a la gran combustión, ardió el vehículo mencionado en su totalidad y dos vehículos más estacionados junto a este. También sufrió daños el portal de una nave cercana.

En el lugar se encontraban dos testigos y requirentes del servicio, y tras entrevistarse con los agentes, indicaron que minutos antes un varón entró en su negocio apresuradamente pidiéndoles agua, comentándoles que se le había ido de las manos el hecho de apagar un cigarrillo en el interior de un vehículo abandonado. El hombre explicó que el vehículo carecía de cenicero en su interior, por lo que decidió hacerlo en el asiento, comenzando este a arder de inmediato. También señalo que intentó echar agua de una botella que llevaba, pero no fue suficiente.

La unidad, se entrevistó con el causante de los hechos, que estuvo en todo momento en el lugar y manifestó a los agentes la mismo versión. Por todo ello, se procedió a la identificación del causante, que responde al nombre de A.A.L. cursándole las diligencias oportunas para la Autoridad Judicial. También se informó, a los propietarios de los vehículos y al Gerente de la nave de los pasos a seguir para las reclamaciones.

A Deputación de Pontevedra rende homenaxe aos campións mundiais xuvenís de balonmán

0

A vicepresidenta Marta Fernández-Tapias presidiu o acto de recepción aos xogadores Carlos Ocaña e Alberto Delgado e ao corpo técnico formado por Javier Fernández, Carla Abad e Ángel Quirós

Marta Fernández-Tapias: “Os vosos triunfos son tamén os triunfos de toda Pontevedra; este ouro é unha proba máis da importancia de apostar pola base no deporte”

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, presidiu esta mañá o acto de homenaxe da institución provincial aos recentes campións mundiais xuvenís de balonmán. A sede de Vigo foi o escenario da recepción ofrecida aos xogadores da selección Carlos Ocaña e Alberto Delgado, que militan no Club Cisne, así como aos membros do corpo técnico formado por Javier Fernández, ‘Jabato’, adestrador da selección e tamén do club pontevedrés; a delegada do equipo nacional Carla Abad e o médico Ángel Quirós. Todos eles recibiron de mans da vicepresidenta unha placa conmemorativa do seu logro, que Fernández-Tapias louvou como un fito histórico. “Esta provincia –subliñou- segue engrosando o seu palmarés deportivo demostrando cada día que é un gran referente e que hai canteira. Os vosos triunfos son tamén os triunfos de toda Pontevedra. E este ouro é unha proba máis da importancia de apostar pola base no deporte”.

Marta Fernández-Tapias felicitou aos xogadores polo seu primeiro título internacional e ao staff polo título conseguido coa selección despois do campionato europeo acadado no 2022. “Con unión, traballo e valores tedes conseguido un tándem perfecto que está a dar os seus froitos”, destacou a vicepresidenta, que tamén incidiu no “enorme esforzo” que están a facer os clubs da provincia, como é o caso do Cisne, no día a día deste deporte e na aposta pola canteira. “Estou convencida –engadiu- de que o balonmán é pedra angular do éxito do deporte na nosa provincia grazas ao traballo de todos os que estades implicados no seu desenvolvemento e promoción”. Neste senso, a vicepresidenta amosou o compromiso da Deputación co balonmán “para seguir acadando as vosas metas” e afirmou que “o deporte é, ademais dunha aposta persoal, un obxectivo firme neste mandato. Queremos impulsalo e non dubidaremos nin escatimaremos recursos para seguir afianzando esta cultura do deporte que tanto está aportando á provincia e que tantas alegrías nos está dando”.

O BNG tacha de “insultante”o discurso do PP coa vivenda: “O problema en Vigo son os prezos imposíbeis non as ocupacións”

0

A fronte nacionalista esixe a Xunta de Galiza que exerza dunha vez as súas competencias en materia de vivenda en lugar de xogar “demagoxicamente co medo”

Xabier P. Igrexas: “Resulta repugnante que o PP vigués se sume ao discurso alarmista da ultradereita mentres moitos millares de viguesas e vigueses non se poden permitir literalmente o luxo de vivir na súa cidade”

O Bloque Nacionalista Galego tacha de “insultante” que a única proposta do PP sobre vivenda sexa crear en Vigo unha oficina municipal contra a ocupación. Dende a fronte nacionalista acusan aos populares de sumarse ao discurso “alarmista” da ultradereita mentres a Xunta de Galiza, con competencias na materia, non ten construído nos últimos anos ningunha vivenda pública na cidade.

“O problema en Vigo son os prezos imposíbeis non as ocupacións”, subliñou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas. A ese respecto, censurou que o PP vigués de Marta Fernández-Tapias xogue de forma “demagóxica co medo” en lugar de esixir ao seu Goberno en Santiago que tome medidas dunha vez para enfrontar o “gravísimo” problema de acceso á vivenda.

Igrexas asegurou que o principal problema é que moitos millares de viguesas e vigueses, especialmente xente moza, “non se poden permitir literalmente o luxo de vivir na súa cidade”. Así, lembrou que os prezos dos alugueiros incrementaron na cidade nun 50% nos últimos anos, mentres son cada vez maiores as esixencias para poder alugar unha vivenda. Denunciou ademais que hoxe hai máis do dobre de pisos turísticos para “especular” que vivendas dispoñíbeis en réxime residencial e que en Vigo seguen rexistrándose decenas de desafiuzamentos sen alternativa habitacional.

Sen vivendas públicas da Xunta en Vigo

“O problema da vivenda é un problema social non de seguridade”, afirmou o voceiro nacionalista en relación á proposta do PP. Dende o Bloque consideran “indefendíbel” que o Goberno galego «non teña promovido ningunha vivenda pública en 13 anos, agás uns poucos inmóbeis rehabilitados polo Consorcio do Casco Vello, malia ser a cidade galega con maior número de demandantes de vivenda protexida con case 6 mil familias rexistradas».

O portavoz nacionalista comprometeuse a seguir esixindo que tanto Xunta como Concello cooperen para poñer en marcha un parque público de vivenda social en Vigo que facilite o acceso ás familias traballadoras, ás persoas máis vulnerábeis e á mocidade. Nese sentido, lamentou as continuas negativas de ambos Gobernos a atender as propostas do BNG nesta materia, como crear unha Axencia Local de Vivenda Protexida e Social, poñer en marcha un Plan Facilitador do Alugueiro, mobilizar as 18.500 vivendas desocupadas na cidade ou medidas para frear a especulación crecente dos pisos turísticos, entre outras.

O Mosteiro de Oia acolleu onte o peche do Sinsal SON Estrella Galicia 2023

0

O Mosteiro de Oia acolleu onte o peche do Sinsal SON Estrella Galicia 2023 coa presentación do Escenario Océano x FEST Galicia, que incluíu o Concerto das Donas.O ensemble conformado por Pilar Moráguez, Marta López, Elena Vázquez e María José Pámpano ofreceu unha actuación na que interpretou obras de compositoras do Renacemento e do Barroco, como Francesca Caccini, Isabella Leonarda, Bárbara Stroozi ou Élisabeth Jacquet de La Guerre.

Previamente, as e os asistentes, que esgotaron as entradas dispoñibles, participaron por dúas actividades divulgativas. Por unha banda, unha visita guiada ao Mosterio (cuxa actividade cultural promove a Fundación Bretal) e, pola, unha introdución ao mundo submarino da Ría de Vigo grazas ás lentes de realidade virtual. 

Sinsal SON Estrella Galicia despide así a súa edición de 2023 cunha xornada dedicada á visualización tanto do talento feminino coma do patrimonio cultural, histórico e natural, que forma parte da propia esencia do evento; e que, á vez, tende pontes coa edición de 2024. 

La Nao Victoria estará en Vigo en septiembre pudiendo visitarse los días 9 y 10

0

Se trata de la réplica del barco que protagonizó la primera vuelta al mundo

La Nao Victoria, réplica del navío que dio la primera vuelta al mundo, visitará el puerto de Vigo en septiembre. Esta embarcación podrá ser visitada durante los días 9 y 10, en horario de 10.00 a 20.30 horas, de manera ininterrumpida.

Durante su estancia en la ciudad, el público podrá subir a bordo de este museo flotante, con una exposición en la que se pueden visitar sus cubiertas para descubrir la historia marítima de una forma única, según expone la Fundación Nao Victoria. Los interesados puden optar a navegar a bordo de este barco de época a través de www.tallshipexperience.com

La Nao Victoria es la réplica del barco que, capitaneado por Fernando de Magallanes y Juan Sebastián Elcano, protagonizó la primera vuelta al mundo, que comenzó y terminó hace cinco siglos en el puerto de Sevilla (1519-1522).

Durante los años 2004-2006, esta réplica completó su propia vuelta al mundo, surcando más de 26.000 millas náuticas, haciendo escala en 17 países. Desde entonces ha realizando giras culturales por cientos de puertos de Estados Unidos y Europa.

Investigan una agresión a un menor en Vigo difundida en redes sociales

0

Por estos hechos se presentó denuncia en la Comisaría de la ciudad y se pudo constatar que la agresión fue grabada

La Policía Nacional está investigando una supuesta agresión a un menor de edad ocurrida en Vigo, y que fue grabada y difundida en redes sociales.

Según indican fuentes policiales, se presentó denuncia en la Comisaría de la ciudad y se pudo constatar que la agresión fue grabada y que se difundieron imágenes a través de redes sociales.

La Policía ha abierto una investigación para identificar y localizar al presunto agresor y a posibles testigos, y ha eludido facilitar más datos para no interferir en las pesquisas.

La Favec anuncia una brigada vecinal ante el abandono de los barrios en Vigo

0

«Y ahora nos van a subir los impuestos», critica la Federación sobre el anuncio del Ayuntamiento de una subida del 4 % en el impuesto de bienes inmuebles, el de actividades económicas, el de recogida de basura y el de circulación, así como los vados o la grúa municipal

La Federación de Asociaciones Vecinales de Vigo Eduardo Chao (Favec) ha anunciado la creación de una brigada vecinal ante el «abandono de los barrios». Una brigada que será presentada el 14 de septiembre en la asociación de vecinos de Lavadores, según explica la Favec.

La federación vecinal acusa al Ayuntamiento de Vigo del «abandono total en los barrios y parroquias» de la ciudad con aceras en mal estado, árboles que no han sido podados, vegetación en las zonas de paso de los peatones, ratas, cucarachas y problemas de accesibilidad.

«Y ahora nos van a subir los impuestos», critica la Favec sobre el anuncio del Ayuntamiento de Vigo de una subida del 4 % en el impuesto de bienes inmuebles, el de actividades económicas, el de recogida de basura y el de circulación, así como los vados o la grúa municipal.

«El Ayuntamiento habla de subidas de salarios y pensiones y se olvida de la subida de hipotecas y de diversos productos como el aceite o el pescado», advierte. Ese contexto, junto al estado del rural, lleva a la Favec a poner en marcha la ‘Brigada Veciñal’.

Mueveloreina, Los Mejillones Tigre y Yung Prado se suman al Underfest

0

Las nuevas incorporaciones se añaden a las anunciadas previamente, entre las que, junto a Paul Weller, figuran el dúo británico Blood Red Shoes, el grupo de culto de música electrónica PVA, la artista ecuatoriana LaTorre, Juno, La Élite, Ciel y Queidem

Mueveloreina, Los Mejillones Tigre, Yung Prado, La Perra Blanco, Henry Warrington y Álex Silva se han incorporado al Festival Underfest, que se celebrará el 15 y 16 de septiembre en Vigo con Paul Weller como cabeza de cartel.

Las nuevas incorporaciones se añaden a las anunciadas previamente, entre las que, junto a Weller, figuran el dúo británico Blood Red Shoes, el grupo de culto de música electrónica PVA, la artista ecuatoriana LaTorre, Juno, La Élite, Ciel y Queidem.

Mueveloreina es un proyecto que Karma Cereza y Joaco J Fox llevan impulsando desde 2016 con sonidos pegajosos, sus mestizajes de ritmos latinos y electrónicos y sus contenidos líricos, punzantes y críticos.

Alba Blanco lidera el trío ‘La Perra Blanco’, que trae las raíces del rock and roll, el blues y el country a la escena actual. Los Mejillones Tigre mezclan desde Jaén cumbia, garage, boogaloo y psicodelia.

Yung Prado destaca en la música electrónica nacional de club. El gallego Álex Silva interpreta la música electrónica contemporánea desde la influencia del punk, y el cantante y compositor de Vigo Henry Warrington ha pasado de una primera etapa en el folk-rock a la actual en la electrónica.

Evacuado en helicóptero un ciclista que sufrió una caída en Tomiño 

0

El Centro de Emergencias alertó de inmediato a Urgencias Sanitarias 061, que notificó la movilización del helicóptero medicalizado

Un ciclista de 56 años, resultó herido tras sufrir una caída en Tomiño, fue evacuado en un helicóptero medicalizado al hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, según informan fuentes del 112 Galicia.

El accidente ocurrió en la tarde de ayer, sobre las 16.20 horas, cuando un particular contactó con Emergencias para informar de que un ciclista había sufrido una caída.

El Centro de Emergencias alertó de inmediato a Urgencias Sanitarias 061, que notificó la movilización del helicóptero medicalizado con base en Ourense. Asimismo, trasladaron al lugar una ambulancia de soporte vital básico y un equipo del PAC de la zona.

Para prestar apoyo al personal médico, también se pusieron los hechos en conocimiento de la Policía Local, el GES de A Guarda y Protección Civil.

Luis López recibe os mozos que comezarán en outubro as súas prácticas no estranxeiro no marco do programa “Erasmus+ 2022”

0

O presidente da Deputación e o vicepresidente provincial Rafa Domínguez asistiron á reunión preparatoria da 5ª mobilidade do programa, coa que realizarán estadías en organizacións de Finlandia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado do vicepresidente provincial Rafa Domínguez, asistiu hoxe á reunión preparatoria da próxima mobilidade do programa “Erasmus+ 2022” na que 45 alumnos de 16 centros de ensino comezarán prácticas en empresas e entidades de países da Unión Europea (Finlandia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal) a partir do 2 de outubro. Coa súa adhesión ao programa europeo, a institución provincial ofrece ao alumnado de Formación Profesional da provincia bolsas para completar a súa formación e acompañamento e apoio durante toda a súa estancia no estranxeiro.

O presidente provincial, Luis López, asegurou que “o futuro da nosa xuventude preocúpanos e por iso imos investir en medidas” como o Eramsus+, que “permite á xuventude adquirir unha experiencia profesional que se traduce nun mellor perfil profesional”. López salientou que participar no programa será para eles unha oportunidade “para completar as vosas destrezas e coñecementos”, para “prepararvos para outras situacións na vida” e tamén “un grande impulso que facilitará a transición da vosa etapa de estudantes á inmersión no mercado laboral”.

O presidente da Deputación garantiu que “malia que haxa momentos nos que vos vexades fisicamente sos, a Deputación sempre vai estar ao voso carón para guiarvos, axudarvos e apoiarvos en todo o necesario para que estes meses sexan unha experiencia positiva”. López lembrou que “este programa funciona e os resultados están aí”, destacando que na última mobilidade “27 alumnos recibiron ofertas para ser contratados nas súas organizacións de acollida e moitas outras atoparon traballo ao pouco de volver”. Por iso, animou os alumnos a que “aproveitedes o tempo, tamén para desfrutar, e metades na maleta todos os coñecementos que ides adquirir para poñelos en práctica aquí”, xa que “está ben que pasedes unha temporada fóra, pero queremos ter os mellores na provincia”.

A reunión de hoxe, que tivo lugar no Edificio Administrativo da Deputación, serviu para explicar ao alumnado as súas obrigas, medios á súa disposición, medidas de seguridade, posibles incidencias ou modificacións, e tamén aspectos culturais dos seus países de acollida así como recomendacións para a viaxe e estancia no estranxeiro. Ao remate, o alumnado reuniuse particularmente con persoas intermediarias das organizacións nas que realizarán as prácticas para comentar polo miúdo as características das entidades e en que consistirán as súas estadías.

As 45 persoas, maioritariamente de entre 18 e 25 anos, proceden de 16 centros de ensino situados en 12 concellos: A Estrada (1 persoa do IES Antón Losada Diéguez), Gondomar (4 persoas do IES Plurilingüe Terra de Turonio), A Illa de Arousa (2 persoas do Instituto Galego de Formación en Acuicultura), Marín (4 persoas do IES Chan do Monte), As Neves (3 persoas da E.F.A. A Cancela), Poio (2 persoas do IES de Poio), Pontevedra (5 persoas do IES Luis Seoane), O Porriño (1 persoas do IES Ribeira do Louro), Tomiño (1 persoas do IES Antón Alonso Ríos), Tui (2 persoas do IES Indalecio Pérez Tizón), Vigo (7 persoas do Centro de Artes Plásticas y Diseño Atlántico, 2 persoas do Divino Maestro Fundación Educativa, 4 persoas do IES A Guía, 3 persoas do IES Audiovisual de Vigo e 2 persoas do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico) e Vila de Cruces (2 persoas do IES Marco do Camballón).

Entre os perfís profesionais, salientan os graos medio de FP en Actividades comerciais, Procedementos de xoiaría artística, Guía no medio natural e de tempo de lecer ou Xestión administrativa. As súas prácticas durarán entre 3 e 8 meses e recibirán unha axuda económica, segundo o seu país de acollida, que oscila entre os 4.200 € e os 10.300 €. 14 persoas viaxarán a Italia, 11 a Portugal, 5 a Malta, 4 a Finlandia e outras 4 a Irlanda. “Erasmus+ 2022” está dotado de 800.000 euros (600.000 € achegados polo SEPIE, axencia encargada de coordinar o programa europeo en España) e no seu marco programaranse en total 60 mobilidades de alumnado e outras 5 de profesorado. Ademais, a Deputación aprobou recentemente unha nova edición do programa, “Erasmus+ 2023”, co que mobilizará outros 1,4 millóns de euros (1,2 millóns achegados desde o SEPIE) para organizar outras 90 mobilidades para alumnado e 10 para persoal docente. A Deputación conta cunha acreditación Erasmus que facilita o acceso ás oportunidades de financiamento no marco temporal 2021-2027 e, ademais, ten creado un consorcio de mobilidade formado por 40 centros de 24 concellos aos que ofrece a posibilidade de que o seu alumnado realice estes períodos de prácticas.