O BNG pide a fin da “batalla de egos e logotipos” entre Xunta e Concello para avanzar na recuperación da ETEA

0

A fronte nacionalista volve esixir os Gobernos local e galego que “cesen na lea partidista” para facer realidade o Campus do Mar

Xabier P. Igrexas: «Non pode ser que a cada paso para desenvolver a ETEA, tanto o PSOE como o PP acaben poñendo atrancos absolutamente inxustificábeis”

O Bloque Nacionalista Galego pide poñer fin á “batalla de egos e logotipos” entre a Xunta de Galiza e o Concello de Vigo para avanzar na recuperación da ETEA e na posta en marcha do Campus do Mar. A fronte nacionalista volve esixir así aos Gobernos local e galego que cesen na “lea partidista” arredor deste proxecto, tras moitos anos “bloqueado pola falla de cooperación e compromisos” tanto do PP como do PSOE.

“Xa abonda de tanta batalla estéril”, reclamou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en relación ao novo episodio de intercambio de reproches entre Xunta e Concello. “Se hai vontade compartida por facer realidade ese proxecto, tan longamente agardado pola nosa cidade, o que teñen que facer é cooperar”, valorou.

Igrexas lamentou que ambas administracións poñan “atrancos absolutamente inxustificábeis” a cada paso para o desenvolvemento da ETEA, malia o seu carácter estratéxico para Vigo, e malia que pasaron dúas décadas dende a saída dos militares das instalacións.

Nese sentido, o voceiro nacionalista urxiu o Goberno de Abel Caballero a axilizar os traballos de humanización que lle corresponde, de vez que chamou ao Executivo galego a realizar os investimentos necesarios para o Campus do Mar, que permitiría, a xuízo do BNG, reforzar o papel de Vigo como capital galega da innovación científica.

A Deputación une forzas con outras tres entidades nunha investigación para mellorar o cultivo de castañas na provincia

0

O ente provincial achegará 70.000 euros a un proxecto que probará a efectividade dun remedio elaborado con sementes de camelias da provincia para acabar cun patóxeno que podrece os froitos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres a aprobación dun convenio de colaboración da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, en colaboración con outras tres entidades galegas, para investigar a eficacia dun remedio elaborado a base de sementes de camelias da provincia para acabar cun patóxeno que está a provocar a podremia dos cultivos de castaña na provincia. “Gústame facer fincapé na importancia que este goberno da deputación damos á cooperación entre institucións e á colaboración público-privada para sacar adiante proxectos beneficiosos para a nosa economía e a nosa sociedade”, declarou o mandatario provincial para explicar o contido do convenio bautizado como Soutosan.

Trátase dun acordo de colaboración a catro anos, cun orzamento de 180.000 euros dos que a Deputación, a través da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, será a que máis fondos achegue (70.000 euros) e no que participan tamén Fauna Útil SL, Fundación Universidade Galega e IXP Castaña de Galicia.

A iniciativa, que opta tamén a recibir fondos europeos polo seu carácter innovador no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común, ten como obxectivo dar cun tratamento biolóxico en forma de extracto natural e sostible. “É un remedio natural, de proximidade, eficaz e respectuoso co medio ambiente para acabar cunha enfermidade que agora mesmo non ten cura”, remarcou Luis López. Os investigadores agardan que o proxecto sirva para reducir a incidencia deste patóxeno, chamado Gnomoniopsis Smithogilvyi, nun 60 % ou 70 % coa aplicación deste extracto de camelia e, ao mesmo tempo, elaborar un mapa de risco desta enfermidade.

Ados alcanza as 653 doazóns de sangue na cuarta campaña anual que realizou nas instalacións de Stellantis Vigo

0

O centro vigués acolleu durante a segunda quincena de outubro e principios de novembro a cuarta e última visita anual das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

Ao longo dos catro días que durou a colecta, doaron sangue un total de 653 traballadores e traballadoras das quendas de mañá, tarde e noite

A cuarta campaña de doazón de sangue que este ano desenvolveu a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) nas instalacións de Stellantis Vigo, e que tivo lugar os días 24, 25 e 26 de outubro e 2 de novembro, rematou cun excelente  resultado de 653 profesionais que doaron sangue, sendo 49 as persoas que doaban por primeira vez, o que supón ter acadado unha cifra de 74.291 doazóns dende 1995, ano no que comezaron as colectas de sangue neste centro.

No transcurso do presente ano, ADOS ten realizado catro campañas de doazón no Centro de Vigo do Grupo Stellantis, acumulando un total de 2499 doazóns, das cales 178 foron de novos doantes.

Neste senso, a Axencia pon en valor a contribución dun dos principais centros de referencia do tecido empresarial galego que, dende sempre, ten amosado o seu compromiso coa sociedade galega e co solidario xesto da doazón tanto de sangue como de órganos.

Traxectoria solidaria

Hai 28 anos, o Centro de Vigo do Grupo Stellantis comezou a acoller campañas de doazón de sangue promovidas desde a Consellería de Sanidade e que, actualmente, consolidan a esta compañía como un referente no ámbito estatal, sendo a empresa española con maior número de doazóns.

Subliñar que grazas á colaboración dos profesionais da empresa viguesa que doaron sangue nestas catro campañas anuais promovidas por ADOS, poderán realizarse 1.249 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a preto de 500 enfermos oncolóxicos.

Sensibilización e colaboración

ADOS subliña a implicación e compromiso de Stellantis Vigo co desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, pois unha iniciativa desta magnitude require dunha gran coordinación e implicación de cada un dos departamentos que conforman a factoría viguesa, circunstancia que pon de manifesto, unha vez máis, a xenerosa colaboración brindada por esta compañía a prol do solidario xesto da doazón de sangue.

Esta dilatada traxectoria de cooperación permitiu que, ao longo dos últimos 28 anos, a empresa viguesa sobrepase as 74.000 doazóns acumuladas, o que a sitúan como referente social de primeira orde no ámbito do altruísmo. Ademais, hai que lembrar que Stellantis Vigo foi galardoada o pasado 15 de xuño, na cerimonia de entrega de distincións no Día Mundial do Doantes de Sangue, por ser a empresa galega con máis doazóns.

Así mesmo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece o seu compromiso e colaboración á dirección do Grupo Stellantis de Vigo, e de todos os departamentos que integran a empresa, facendo, como non podía ser doutro xeito, extensivo este agradecemento a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.

La Favec critica la dejadez del Concello en mantenimiento de instalaciones deportivas

0

La presidenta, María Pérez, lamenta el cierre de las piscinas y el gimnasio del Carmen

Avanza que los vecinos de Freixeiro reunirán firmas para que el gobierno local preste atención al barrio

La Federación de Asociaciones Vecinales de Vigo Eduardo Chao (Favec) critica la dejadez del Concello en materia de mantenimiento de instalaciones deportivas tras conocer que cesa la actividad en las piscinas y el gimnasio del Carmen hasta que no quede asegurada la cubierta de esta dependencia municipal.

Su presidenta, María Pérez, considera que esta situación se habría evitado si el gobierno local atendiese las demandas de los vecinos, que advierten del mal estado de este recinto desde hace “años”, así como de la privatización de las plantillas. “No se debe solo a la lluvia y el viento, como indica el Concello. No hay mantenimiento de instalaciones, se puede comprobar perfectamente en las pistas de atletismo de Balaídos”, señala.

Pérez también critica el cierre al tráfico rodado de las calles Carmen y Cesáreo

González, situación que está generando un “gran malestar” en el barrio de Freixeiro. “Los vecinos están incomunicados y los vehículos de reparto de mercancías no pueden llegar a los negocios. Empezamos una recogida de firmas para que el Concello preste más atención al barrio de Freixeiro”, apunta. La presidenta de la Favec recuerda que los vecinos reclaman desde hace años que se habilite para el paso de tráfico rodado un tramo pequeño desde el Museo Liste a la calle Pastora, alternativa que desahogaría el tráfico en esta zona y minimizaría las consecuencias de los cortes de Carmen y Cesáreo González.

Sede provisional

La Favec recuerda que su sede provisional, a la espera de que el Concello le permita regresar al edificio de la Praza da Princesa, se ubica en el local de la Asociación de Veciños Camiño Vello de Coia, en el número 1 de la calle Marín. “Independientemente del espacio que tengamos, seguiremos denunciando las malas prácticas y protegiendo los derechos de los vecinos”, subraya María Pérez.

Stellantis Vigo anuncia nueva paradas de producción por falta de aprovisionamientos

0

El paro afecta a los turnos de noche de este viernes y del próximo domingo, día 5, en el Sistema 2, que es el que ensambla las furgonetas

La dirección de la factoría de Stellantis Vigo ha anunciado hoy a los trabajadores nuevas alteraciones en la producción por la falta de aprovisionamientos.

Así, se ha suspendido la producción en los turnos de noche de este viernes y del próximo domingo, día 5, en el Sistema 2, que es el que ensambla las furgonetas de las diferentes marcas del grupo.

La causa, una vez más, es la falta de aprovisionamientos, señala la compañía.

Estas paradas llegan después de las que hubieron de acometerse los pasados días 19 y 21 de octubre, que habían afectado a los dos sistemas.

Adif AV mejorará las instalaciones del tramo Vilagarcía de Arousa-Bifurcación Angueira

0

El control del tráfico y los sistemas de comunicaciones y seguridad incrementan la fiabilidad y capacidad de la línea y aumentan la regularidad de las circulaciones

Adif AV invertirá 10 millones de euros en la mejora de las instalaciones de control de tráfico, comunicaciones y seguridad en el tramo Vilagarcía de Arousa-Bifurcación Angueira.

El contrato incluye la redacción del proyecto constructivo y la ejecución de las obras de adecuación de las instalaciones de seguridad del ámbito de Pontecesures y los bloqueos en el trayecto de la línea a lo largo de 27,7 km.

Con esta actuación se incrementará la fiabilidad y capacidad del tramo, aumentando la regularidad de las circulaciones y potenciando también el tráfico de mercancías, en el marco del Corredor Atlántico ferroviario.

Principales actuaciones

Los trabajos incluirán actuaciones en enclavamientos, contadores de ejes, sistema Asfa Digital, señalización fija y luminosa, integración de los sistemas en el CTC (Control de Tráfico Centralizado), sistemas de telecomunicaciones fijas, videovigilancia y control de accesos, sistema de energía, edificación técnica y obra civil auxiliar.

Las obras serán compatibles con el mantenimiento del servicio ferroviario.

Entre las principales actuaciones que se abordarán se encuentran: la instalación de un nuevo enclavamiento electrónico en la estación de Pontecesures y adecuación de los existentes en Vilagarcía, Catoira, Padrón y A Escravitude; elevación de nivel del sistema de bloqueos (herramienta para el control automatizado del tráfico): del BAU descentralizado al BLAU centralizado, en las estaciones del tramo Vilagarcía-A Escravitude; instalación de focos y señales de tecnología LED; instalación de nuevas señales y contadores de ejes, para la mejor gestión del tráfico ferroviario; nuevos equipamientos de telefonía, sistemas de control de accesos y videovigilancia en las estaciones del tramo; y renovaciones de cableado de telecomunicaciones y energía.

Finalizadas las actuaciones, la línea quedará lista para su futura electrificación a 25 kV.

El contrato se ha adjudicado a la Unión Temporal de Empresas (UTE) integrada por las compañías Alstom Transporte e instalaciones y Técnicas Eléctricas Asturianas.

El tramo Vilagarcía-Bifurcación Angueira formaba parte de la línea Redondela-Santiago antes de la puesta en servicio del Eje Atlántico. Su trazado, bordeando la costa, incluye las estaciones de Catoira, Pontecesures, Padrón y A Escravitude.

Esta actuación contribuye al Objetivo de Desarrollo Sostenible ODS 9, en especial a sus metas 9.1 (desarrollar infraestructuras fiables) y 9.4 (modernizar la infraestructura).

Esta actuación podrá ser cofinanciada por el Mecanismo “Conectar Europa” de la Unión Europea (CEF).

La luz suma su tercer día por debajo de los 6 euros/MWh

0

En el tramo del día de las dos a las seis de la madrugada el mercado mayorista eléctrico marcará unos precios mínimos cercanos a los cero euros/MWh

El precio medio de la luz para los clientes de tarifa regulada vinculados al mercado mayorista subirá hoy un 30% con respecto a este jueves. Sin embargo, y tras marcar ayer uno de loss registros más bajos del año, el coste se situará en solo 5,76 euros por megavatio hora (MWh). Una tendencia a la baja en este arranque de noviembre que está impulsada por la alta presencia de las renovables -principalmente eólica e hidráulica- en la generación por los temporales.

Por franjas horarias, el precio máximo, de 15,50 euros/MWh, se registrará entre las 20.00 y 21.00 horas, mientras que habrá un mínimo, un día más, de cero euros/MWh, entre las 04.00 y 05.00 horas, según los datos provisionales del Operador del Mercado Ibérico de Energía (OMIE).

Además, en el tramo del día de las dos a las seis de la madrugada el mercado mayorista eléctrico marcará unos precios mínimos cercanos a los cero euros/MWh. De esta manera, el ‘pool’, que en los últimos dos días ha registrado dos mínimos anuales -con los 4,42 euros/MWh del día 1 de octubre y los 4,53 euros/MWh del 2 de octubre-, marcará este viernes el cuarto precio más bajo en lo que va de 2023.

El Doctor Tomás Camacho presenta hoy en Vigo: «El arte de la luz y la sombra»

0

La película podrá disfrutarse a partir de las 20 horas en Multicines Norte, siendo presentada por el propio doctor de Vithas Red Diagnóstica de Vigo

El Doctor Tomás Camacho presenta hoy en Vigo: «El arte de la luz y la sombra», un largometraje documental animado, sobre los orígenes del cine y los audiovisuales que fue seleccionado como proyecto en el DOCS Valencia Lab.

La película podrá disfrutarse a partir de las 20 horas en Multicines Norte, siendo presentada por el propio doctor de Vithas Red Diagnóstica de Vigo.

Con «El arte de la luz y la sombra», los espectadores podrán ver por primera vez un recorrido histórico, audiovisual y mágico de obras fascinantes y misteriosas que el público veía antes del cine.

Su carácter documental junto a elementos de animación, dota a la película de una interesante personalidad.

Los testimonios de figuras internacionalmente relevantes como el prehistoriador y escritor francés, Jean Clottes o el gran ilusionista Juan Tamariz, otorga a la película un interés extraordinario.

Otros excelentes profesionales que han participado en la película han sido el ilusionista Gonzalo Albiñana que ha obtenido el Gran Premio Extraordinario de Magia 2023 o el internacionalmente conocido Raúl García: primer animador europeo en Disney. Su trazo acompañó, entre otros, al genio de Aladdin, a las hienas de El rey león o al mapache de Pocahontas .

Respondiendo a la espectacularidad de las imágenes que contiene, el ambicioso recorrido por los orígenes del cine y los profesionales que ofrecen testimonio en la película se han realizado dos versiones de la película: una versión estándar (115 minutos) y una versión extendida (144 minutos).

A Cañiza registra tres accidentes de tráfico casi simultáneos

0

Dos de los accidentes tuvieron lugar en el kilómetro 271 de la A-52, y el tercero en la aldea de Randufe, en As Achas, donde una conductora sufría una salida de vía

A Cañiza registraba ayer tres accidentes casi simultáneos, dos de ellos en el kilómetro 271 de la A-52.

Según informaba el 112 Galicia, de los dos siniestros de la autovía, el primero se produjo a las 16.30 horas, cuando un vehículo impactó con la barrera quitamiedos. El conductor implicado contactó con la Central de Emergencias a través del sistema de aviso de emergencia de su vehículo y confirmó que necesitaba asistencia sanitaria, aunque podía salir del coche por su propio pie.

Diez minutos después, Emerxencias recibió otro aviso de accidente en el mismo punto kilométrico, esta vez con varios vehículos implicados.

También en A Cañiza, pero en la aldea de Randufe, en As Achas, una conductora sufrió una salida de vía con su coche. Ella misma contactó con el 112 Galicia cinco minutos después de las 16.30 horas para alertar del accidente y explicó que el coche había quedado en un desnivel y que podía salir, pero que prefería permanecer en el interior por la posibilidad de desestabilizarlo.

A la llegada de los servicios de emergencias, la mujer pudo salir al exterior por sus propios medios.

A Deputación contará no 2024 co Orzamento máis alto da súa historia: máis de 189 M€ para avanzar no municipalismo e na transformación da provincia

0

Luis López presentou este xoves as contas “do municipalismo” nas que a partida de Cooperación cos concellos medra un 16 % ata acadar os 66 millóns, un terzo do total

O goberno provincial deseña unhas contas que son reflexo claro das súas prioridades, cunha suba do 18 % nas partidas de Deporte, de preto do 2 % en turismo ou do 20 % en Cultura, así como a creación dun novo servizo de Xuventude e Reto Demográfico

A Deputación estrea nova imaxe institucional: “Somos unha tripla ponte entre cidadáns, concellos e Administracións e por iso esta imaxe representa, en cada un dos tres arcos, o noso imprescindible papel dentro da provincia”, afirmou López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou este xoves no vestíbulo do pazo Provincial, ante os membros do seu goberno e traballadores públicos, o orzamento máis alto da historia deste organismo, que acada os 189,2 millóns de euros. Unha cifra global que supón un incremento de 7,6 millóns máis que o Orzamento do ano anterior. Do mesmo xeito, supón unha suba de 30 millóns comparado co ano 2019 e de 35 millóns, con respecto ao 2016, que son os anos de inicio de mandato do goberno anterior.


“Son as contas do municipalismo”, afirmou o mandatario provincial en alusión ao crecemento da partida de Cooperación cos concellos, que crece un 16 % ata situarse nos 66 millóns. “Nin máis nin menos que un terzo do Orzamento dedícase a axudar aos nosos municipios para que se modernicen e atendan as necesidades dos veciños”, defende Luis López.

O Orzamento do 2024, que está previsto que entren en vigor o 1 de xaneiro, reflexan unha aposta clara por algunhas das áreas estratéxicas do novo goberno. Así, reflicten unha suba do 18 % nas partidas de Deporte, de preto do 2 % en turismo, do 20 % en Cultura, así como a creación dun novo servizo de Xuventude e Reto Demográfico.

 “Este proxecto susténtase no municipalismo: escoitar, entender e atender á realidade particular dos 61. Tamén é un proxecto de transformación, sen renunciar ao que está ben feito, pero sen complexos para perseguir o bo que queda por facer. E, por último, é un proxecto aberto coa man tendida para colaborar con outras Administracións, cos colectivos e cos cidadáns a título particular”, explicou o presidente da Deputación antes de detallar polo miúdo as partidas.

Municipalismo

“Estas contas son ademais un reflexo claro das nosas prioridades. Non só nos declaramos municipalistas. A colaboración e o apoio non é unha frase bonita, é un feito que se reflicte nestas contas”, asegurou Luis López antes de debullar todas as partidas pensadas para os concellos que gardan estas contas. Ademais da partida para Cooperación, o mandatario provincial recordou o programa +Provincia, que está tamén incluído nestes orzamentos. “Disporá en total de 48,2 millóns. É o maior plan de obras e servizos da historia da Deputación. Falamos dun 9 % máis que o do ano pasado. O noso primeiro plan incrementa a contía máis que os do anterior goberno en oito anos”, recordou o dirixente, citando a novidosa cuarta liña deste programa, destinada a executar proxectos de futuro e transformadores nos municipios.

Seguindo co apoio aos concellos, avanzou López que o documento inclúe tamén unha partida de dous millóns de euros para o Plan Provincia Comunitaria, que garda na liña +Aqua un apoio específico para comunidades de usuarios de auga.

O apoio ás grandes cidades queda tamén garantido nestas contas. Vigo e Pontevedra seguirán contando cun convenio específico para cada unha dotado con 7,5 millóns de euros. Unha cifra que poderá medrar a medida que se formulen proxectos concretos.

Deporte e Turismo

Pero o apoio aos concellos non é o único piar que reforzan estes documentos. Para a área de Deporte a contía crece en 900.000 euros ata alcanzar os 5,5 millóns. Un total que se sitúa preto dos 10 millóns de euros ao ter en conta o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas de 4 millóns de euros. “Non só nos declaramos impulsores do deporte, é que facemos unha aposta real por el”, dixo o presidente.

En materia de turismo, sostén López, que o seu goberno podería “agardar a seguir colleitando novos récords sen facer nada real por el”. Nada máis lonxe da realidade, o goberno da Deputación dá un novo impulso ao Turismo cun incremento nas súas partidas ata alcanzar os 5,6 M€, unha suba “real” de máis un millón de euros, ao ter en conta a finalización doutros proxectos financiados con fondos europeos.

Cultura

O documento recolle tamén unha maior aportación para a área de Cultura, cun crecemento dun 20 % ata chegar aos 4,7 millóns de euros. Tamén sube a dotación para o Museo de Pontevedra, cun aumento do 3,2 % das partidas, a institución da que se encarga o vicepresidente Rafa Domínguez manexa un orzamento de 10,3 millóns de euros.

Outra das novidades deste orzamento é a creación dun novo servizo de Xuventude e de Reto Demográfico dotado con 1,2 millóns de euros para “potenciar o inmenso talento e as oportunidades dos nosos mozos e mozas, e velar polo futuro do noso territorio”.

Tamén potencian estas contas os fondos dispoñibles para os centros dependentes da Deputación para que sigan sendo referencia nos seus eidos. É o caso da Finca Mouriscade, incluída na dotación para Medio Ambiente que é de 4,9 millóns de euros (+16,5 %); o Centro Príncipe Felipe, con 13,1 millóns (+4,4 %); a Escola de Enfermería, con 500.000 euros (+5,6 %); ou a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, con 400.000 euros (+15,8 %).

Finalmente, as contas do vindeiro ano recoñecen tamén o esforzo dos traballadores da Deputación coa suba na súa retribución dun 3 % prevista nos acordos estatais, a recuperación do complemento especial de dedicación técnica para o persoal ou a creación de 26 novas prazas de emprego público.

Nova imaxe institucional

“Somos unha institución que tende pontes”, concluíu Luis López equiparando o carácter municipalista do goberno provincial e do seu Orzamento coa nova imaxe institucional que o presidente presentou este mesmo xoves aproveitando a súa intervención para dar a coñecer as contas do ano 2024.

Os arcos dunha ponte dan forma á nova imaxe da institución provincial. Uns arcos que, ao mesmo tempo, agochan as siglas (DPO) desta administración. “Nesta provincia de pontes coma o de Rande, A Illa de Arousa, ou O Burgo de Pontevedra, a Deputación é unha ponte máis. Somos unha tripla ponte entre cidadáns, concellos e Administracións,

e por iso esta imaxe representa, en cada un dos seus tres arcos, o noso imprescindible papel dentro da provincia. Ese é o lema que o acompaña: ‘Tendemos pontes’”, detallou López.

Ademais, a cor escollida para esta nova imaxe lanza tamén unha mensaxe de unidade e inclusión. “Esta non é unha imaxe dun partido nin o dun goberno en concreto. Non quixemos tomar ese camiño. Presentamos un logo para este e os seguintes gobernos, sexan ou non do partido que o apoia neste mandato. Por iso non é nin vermello, nin azul. É verde. Verde como a pedra antiga de moitas das nosas pontes; como calquera recuncho desta espléndida provincia”, argumentou o representante provincial, agradecendo o traballo feito polo estudo vigués Chachachá e as aportacións do persoal da Deputación. Continuando coa metáfora da ponte, rematou Luis López a presentación do Orzamento e da nova imaxe institucional asegurando que “levamos case 190 anos en pé, conectando a cidadáns de distintas beiras, de lugares moi diversos, para que se xunten en algo moi grande, que é a nosa provincia; temos sólidos piares: confianza, rigor, un proxecto definido, un Orzamento forte e todas as ganas por levalo a cabo; seguimos sendo unha referencia institucional sólida fronte ás correntes revoltas que queren derrubar todo o bo que levamos construído ata hoxe; e seremos aínda máis fortes se, entre todos, fortalecemos eses piares e nos seguimos conectando”.