A Deputación avanza na redacción do novo viario de conexión entre a EP-4001 Ponteareas-Guillade e a N-120

0

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con membros do Goberno e técnicos do Concello de Ponteareas para avanzar neste proxecto transformador que vai desafogar tráfico do casco urbano e mellorar as súas conexións

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de manter unha xuntanza de traballo con membros do Goberno e técnicos do Concello de Ponteareas para avanzar no proxecto do novo viario de conexión entre a EP-4001 Ponteareas-Guillade e a N-120. Trátase, en palabras da deputada, dun proxecto “transformador que vai desafogar tráfico do casco urbano e mellorar as conexións da vila”.

O obxectivo desta xuntanza, tal e como informou a deputada provincial, “foi escoitar e atender as prioridades do Concello de Ponteareas e pulir diferentes cuestións dun proxecto no que xa se está a traballar”. Neste eido, Couselo adiantou que a actuación, incluída no plan xeral de Ponteareas, vai ser redactada polo servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra. Mediante a nova infraestrutura, tal e como informou Isabel Couselo, vaise conectar unha estrada provincial como é a EP-4001 cunha nacional. Ademais de desafogar o tráfico do casco urbano, con este viario de nova construción tamén se dotará de maior seguridade a unha contorna na que, nestes momentos, se atopan centros educativos de infantil, primaria e secundaria e se prevé a edificación dun centro de saúde.

La Casa das Artes acoge un «gran ciclo» de debate sobre la emigración

0

El alcalde dio cuenta del desarrollo de dos días de debate -este jueves 19 de abril y el próximo 9 de mayo- bajo el título «Opiniones sobre la emigración gallega a Europa», en los que participarán expertos de las universidades gallegas

«Queremos que se comprenda ese momento histórico y la memoria de tantas personas que emigraron a Gran Bretaña», ha explicado este lunes Abel Caballero al adelantar la celebración de este «gran ciclo sobre la emigración gallega» que permitirá «analizar ese tiempo y la experiencia de la cultura de la emigración».

El Concello desarrolla “Miradas sobre la emigración gallega a Europa”, dos días de debate en torno a la exposición “Las generaciones de Montserrat. Memoria emotiva de la emigración gallega al Reino Unido», que se podrá visitar en la Casa das Artes hasta el 26 de mayo, y que recupera la memoria de las personas que emigraron al país británico en la segunda mitad del siglo XX a bordo del barco Montserrat .

En el ciclo participarán expertos de alto nivel de las universidades gallegas. La primera mesa, que será este jueves 18 de abril, a las 19 horas en la Casa das Artes, con el análisis de las dinámicas migratorias hacia el Reino Unido y la Europa continental, las experiencias de los gallegos y el legado de esas migraciones hasta el tiempo presente. La jornada estará coordinada por Luís Domínguez Castro, catedrático de Historia Contemporánea de Uvigo y contará con la participación de Francisco Durán, Sandra Fernández García y Xaime Varela Sieiro. La segunda mesa abordará la proyección literaria y las representaciones de esas migraciones en la cultura gallega contemporánea con la coordinación de Dolores Vilavedra Fernández, catedrática de la USC y con la participación de María Alonso, María Xosé Porteiro y Xavier Queipo.

No es necesaria inscripción previa para participar hasta completar el aforo, que está limitado a 50 personas.

O MARCO e a biblioteca Neira Vilas súmanse á programación do Día do Libro

0

Abel Caballero deu conta das actividades que están a desenvolver o MARCO e a biblioteca municipal Neira Vilas con motivo do Día do Libro, que se celebra el 23 de abril

O Salón de Actos do museo vigués acollerá unha charla coloquio con 3 escritoras que contarás a súa experiencia no mundo literario

O 23 de abril Vigo súmase á celebración do Día do Libro con actividades no MARCO y na biblioteca municipal Neira Vilas. Ambas institucións organizan conxuntamente unha charla coloquio no Salón do Actos no MARCO coas escritoras María Rod, María Solar e Raquel Campos Pico, que contarán a súa experiencia no mundo literario. A actividade é aberta ao público xeral ata completar aforo e desenvolverase ás 19 horas. O acto contará cunha intérprete en lingua de signos, grazas á colaboración coa Fundación La Caixa.

Amais, a partir das 11 da mañá do propio 23 de abril, haberá un bookcrossing, unha solta de libros en distintas espazos da cidade. O MARCO tamén desenvolve ao longo do mes de abril os seus ciclos #MARCOconversas e #MARCOtalk.

Na biblioteca municipal Neira Vilas o 26 de abril celebrarase o ciclo “Contos dakí: Ángeles Goás”, unha actividade de contos rescatados de tradición oral.

Caballero anima aos escolares a afondar na historia da Reconquista coas visitas didácticas «A Máquina do Tempo»

0

Abel Caballero animou este luns aos alumnos de quinto e sexto de educación primaria do CEIP A Dobrada, que participan no primeiro itinerario da actividade didáctica “A Máquina do Tempo-Reconquista Vigo 2024”, a afondar no coñecemento dun dos episodios máis importantes da historia da cidade percorrendo, co soldado francés Pierre Delapierre, coa heroína de Vigo Aurora, e o experto Eduardo Rolland, os escenarios do Casco Vello onde en 1809 os vigueses expulsaron ás tropas francesas

O alcalde Abel Caballero, e a concelleira de Educación Olga Alonso, recibiron hoxe na Praza do Rey do Concello de Vigo aos primeiros 50 alumnos dos 1.200 de 23 colexios de Vigo que ata o 8 de maio participarán nun dos 23 itinerarios guiados, que están programados dentro da iniciativa didáctica “A Máquina do Tempo- Reconquista Vigo 2024”.

“Queremos que a Reconquista siga formando parte da forma de entender o Vigo de 2014”, afirmou hoxe o rexedor ao indicar que as visitas, de carácter totalmente gratuíto, os escolares ademais de recibir un mapa da Reconquista, visitarán os escenarios emblemáticos da histórica data desde a Porta do Sol, á Praza da Constitución, a rúa Cesteiros, rúa Real, Porta dá Gamboa para finalizar no antigo Concello de Vigo onde contemplarán unha exposición e asistirán a un coloquio con Eduardo Rolland sobre: “Reconquista, Vigo en Armas”.

Caballero indicou que o programa, que conta con servizo de autobús gratis para os colexios, comeza ás 9,3 da mañá para finalizar ás 12 do mediodía.

O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026

0

O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social

O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026

A Xerencia de Urbanismo convocará un concurso público para a adxudicación e construción de dereito de superficie sobre a parcela municipal de Esturáns co obxectivo de construír e xestionar vivendas protexidas por un período de 50 anos. Abel Caballero e María Xosé Caride visitaron esta mañá, xunto cos arquitectos, a parcela na que se van construír 27 vivendas en réxime de alugueiro que terán que estar rematadas en xullo de 2026.

Tal e como explicou o alcalde, a empresa que resulte adxudicataria será a beneficiaria da achegas de 1,2 millóns de euros que lle concederon ao Concello procedentes de fondos europeos dentro do Programa de axudas á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes dentro do Plan de Recuperación NextGenerationEU.

O Real Decreto polo que se outorgan fondos europeos recomenda optar por esta fórmula de colaboración público-privada, que é a primeira vez que implementa o Concello. Adicionalmente, engadiu, o goberno local está redactando o proxecto básico para este edificio enerxeticamente eficiente.

El PP de Vigo acusa a Abel Caballero de mentir al ocultar “intencionadamente” la pérdida de los fondos europeos para el parque Camilo José Cela

0

El grupo municipal popular lamenta que las arcas municipales tengan que asumir los 120.000 euros solicitados debido a la “incompetencia” del Gobierno socialista, que incumplió los plazos para ejecutar la obra

Miguel Martín avisa de que esta situación se repetirá con la remodelación del parque infantil de O Berbés: “Es exactamente el mismo caso y también habrá que devolver la subvención concedida”

El PP de Vigo ha acusado a Abel Caballero de mentir a los vigueses al “ocultar intencionadamente” la pérdida de los fondos europeos solicitados para la nueva reforma del parque Camilo José Cela, un lamentable contratiempo del que ya alertó la formación popular en noviembre. Tras adjudicar la obra este pasado viernes, el alcalde socialista presumió de que el Gobierno de España había concedido una subvención de 120.000 euros procedente de los Next Generation. Lo hizo, según advierte el portavoz del grupo municipal del PP, Miguel Martín, a pesar de que “sabía perfectamente” que la ciudad se ha quedado sin ese dinero a causa de su “incompetencia”.

Tal y como ha explicado Martín este lunes, la realidad es que la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) tramitó esta ayuda dentro de un convenio con el Ministerio de Sanidad. Pero al incumplirse la fecha límite para ejecutar la obra, el 31 de diciembre de 2023, el ente que agrupa a los ayuntamientos de España ha requerido al Concello de Vigo que devuelva esos 120.000 euros, con amenaza de cobrar incluso intereses. Pese a ello, Caballero ha optado por seguir mintiendo “descaradamente” a los vigueses.

“De hecho, en el expediente administrativo del nuevo parque Camilo José Cela figura un informe del jefe de área de inversiones del Ayuntamiento donde se reconoce la pérdida de la subvención tras haber recibido un correo de la FEMP, la entidad que tramitó la ayuda, informando del incumplimiento de las bases e instando a su devolución. Circunstancia de la que se informó a la Junta de Gobierno Local, que acordó asumir la totalidad de la financiación del proyecto con cargo a los presupuestos municipales”, relata el concejal del PP.

Según Martín, Abel Caballero lo ocultó “para no darnos la razón y no tener que reconocer lo que ya dijimos desde el Partido Popular de Vigo que iba a pasar hace cinco meses”. Por ello, ha exigido una rectificación del alcalde socialista, quien debe “decir la verdad a los vigueses, a los que ha tratado de meterles un gol”. Finalmente, el portavoz del grupo municipal del PP ha recordado que esta misma situación se va a producir con el parque infantil de O Berbés, cuya ayuda, también de 120.000 euros, se solicitó junto a la del parque Camilo José Cela. “Es exactamente el mismo caso y también habrá que devolver la subvención concedida”, ha lamentado el concejal. “Los vigueses acabaremos pagando la incompetencia del Gobierno socialista”, ha zanjado.

A Xunta financia o proxecto de embelecemento da alameda de Moaña cunha achega de 45.000 euros

0

A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este luns a zona na que a vella fonte cibernética converterase nunha nova instalación destinada á cidadanía

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns, xunto á alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, a alameda na que o Goberno galego impulsa con preto de 45.000 euros o proxecto de embelecemento turístico para retirar a vella fonte cibernética e adicar o espazo a unha instalación para a cidadanía.

A Axencia Turismo de Galicia vén de resolver a segunda convocatoria desta liña de axudas destinada a accións que afonden na transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, accións de transición dixital e de accesibilidade inclusiva en concellos galegos coa finalidade de potenciar o seu uso turístico.

O Concello de Moaña é un dos 41 concellos galegos beneficiados desta convocatoria coa que se impulsarán un total de 64 proxectos que abranguen melloras paisaxísticas en diferentes contornas, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, sinalización e mellora de sendeiros, entre outras.

No caso de Moaña, que recibirá unha axudas por un valor de 45.000 euros, executará a corrección da transformación da paixase litoral da alameda de Moaña debido á instalación dunha fonte cibernética hai máis de 20 anos.

Baiona e Soutomaior

O Concello de Baiona, pola súa banda, recibe unha achega autonómica de 14.000 euros para a creación dunha Gimkana dixital, mentres que o Concello de Soutomaior porá en marcha a dinamización de contidos de interese turístico no municipio con outros 14.000 euros. Esta liña de axudas, cun investimento global de máis de 2,7 M€, é unha das actuacións incluídas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation e dentro do que as entidades locais están a executar distintos Plans de Sostibilidade Turística en Destino. O Plan Territorial que conta con 29,3 M€ de fondos, enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camiño á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos.

O BNG de Mos pide explicacións pola adquisición dun coche oficial para a alcaldía

0

O goberno de Nidia Arévalo sacou a licitación o renting dun vehículo de alta gama, por 540 euros ao mes, mentres a situación das arcas municipais é crítica

Gustavo Barcia: “É un gasto inaceptable nun Concello que non ten diñeiro nin para clips por culpa da irresponsable xestión económica do PP”

O grupo municipal do BNG de Mos amosou o seu desacordo coa contratación dun coche oficial para a alcaldía, un gasto que o portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, considera “inxustificado e inaceptable”. O goberno do PP sacou recentemente a licitación o renting dun vehículo, sen opción a compra, cunhas características específicas: un turismo SUV todocamiño cunha cilindrada de 1.450CC ou superior, con prestacións tecnolóxicas de vangarda e data mínima de primeira matriculación no ano 2023. En palabras de Barcia, “a alcaldesa quere que entre toda a veciñanza lle paguemos un coche de alta gama”.

A adquisición deste vehículo implicará, de acordo co prego de condicións, un desembolso de 540 euros ao mes durante catro anos. Para o BNG, trátese dun “capricho suntuario” que demostra que “Nidia Arévalo está cada vez máis afastada da realidade da xente de Mos”. A licitación deste contrato prodúcese, ademais, pouco despois da aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito que supuxo o pagamento de 1.700.000 euros en facturas atrasadas de 2023. “Cando non temos diñeiro nin para comprar clips”, explica Gustavo Barcia, “o Partido Popular ponlle un coche oficial á alcaldesa”. Na súa opinión, “gastos irresponsables coma este foron os que levaron ao Concello de Mos a unha situación económica realmente crítica”.

Hipocrisía

O portavoz municipal do BNG denuncia, por outra parte, “a hipocrisía e o cinismo da senadora Arévalo”, que hai uns días defendía o traballo desinteresado dos concelleiros “de pueblo”. Nun discurso vehemente dende o atril da Cámara Alta, a alcaldesa popular afirmaba que “non teñen soldo, nin Falcon, nin asesores”, esquecendo que ela mesma cobraba, ata hai pouco, 50.000 euros do Concello de Mos. “Agora, no Senado, cobra bastante máis”, indica Barcia, “pero é que ademais conta cunha asesora de comunicación que cobra máis de 30.000 euros ao ano e, dende hai uns meses, tamén cun secretario persoal cun soldo de preto de 40.000 euros a cargo das arcas municipais”. A estes gastos sumarase, proximamente, o renting do coche oficial da alcaldía.

O BNG chama a garantir a presenza de grupos galegos e vigueses nos concertos de Castrelos

0

A fronte nacionalista critica a “opacidade e o carácter discrecional” da decisión sobre quen actúa no auditorio e pide incluír bandas locais como teloneiras en lugar do “mitin de autobombo” do alcalde

Ana Martínez: “Hai unha calidade enorme na música que se fai na nosa cidade e non se entende o desprezo do Concello excluíndo estes grupos ano tras ano da programación”

O Bloque Nacionalista Galego chama a garantir a presenza de grupos galegos e vigueses na programación de concertos de Castrelos. A fronte nacionalista reacciona así aos primeiros anuncios por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticando a “opacidade e o carácter discrecional” na selección sobre quen actúa no auditorio e que cada verán “marxina” o talento musical da cidade.

“Existe no Concello unha equipa técnica que deseña o programa de concertos atendendo a criterios de diversidade, igualdade e calidade? Ou a selección recae nunha persoa en función dos seus gustos particulares?”, cuestionou a este respecto a concelleira do BNG de Vigo, Ana Martínez, quen lamentou que en anos anteriores fora “testemuñal” a presenza de artistas mulleres, bandas locais e grupos de música tradicional galega.

Por estes motivos, a edil nacionalista demandou o Goberno municipal que garanta na programación deste ano unha presenza significativa de música en galego e de artistas locais. “Hai unha calidade enorme na música que se fai na nosa cidade e non se entende o desprezo do Concello cara a estas persoas que se forman, estudan, compoñen e ensaian aquí, e ven como son excluídas dos grandes concertos de Vigo”, salientou.

Martínez pediu nese sentido que sexan grupos locais os que actúen como teloneiros en Castrelos en lugar do habitual “mitin de autobombo” do alcalde. “Quen debe protagonizar os concertos é a música e non Abel Caballero, por iso demandamos que elimine dos contratos a cláusula que obriga aos artistas a aceptalo (ou soportalo) como presentador, para que as bandas da cidade teñan a oportunidade de toca no mellor auditorio ao aire libre do país”, asegurou.

Dende o BNG solicitaron tamén contar coa música tradicional galega “na que Vigo somos potencia” dentro da programación. “O Concello se empeña en tratala música de segunda e a esquece nos grandes eventos”, lamentou a concelleira nacionalista, reclamando que os concertos de Castrelos sexan parte dunha política cultural que “entenda a cultura como dereito” poñendo en valor a creación en todos os estilos e propostas musicais e dando visibilidade ao talento musical da cidade.

Detenido en Vigo tras agredir y amenazar a su pareja en plena vía pública

0

Según una testigo, el hombre arrinconó a la víctima contra una farola y la golpeó tirándola al suelo

Agentes de la Policía Local de Vigo han detenido a un vecino de la ciudad de 31 años como presunto autor de un delito de violencia de género, tras agredir y amenazar a su pareja en plena vía pública.

Los hechos ocurrieron sobre las 13.30 horas del pasado sábado, cuando una conductora que circulaba por la calle Pizarro observó a un varón agrediendo a una mujer. Según esta testigo, el hombre había arrinconado a la chica contra una farola y la había golpeado, tirándola al suelo, por lo que detuvo la marcha y llamó al 092.

Cuando los agentes llegaron se entrevistaron con la agredida, que reconoció que su pareja se había puesto agresivo y que era la segunda vez que sucedía. La mujer trasladó a los policías que no quería denunciarlo puesto que tienen tres hijos menores en común y depende económicamente de él.

Por su parte, el supuesto agresor se mostró en todo momento agresivo y muy alterado, pese a la presencia de los policías, y profiriendo gritos hacia la chica, a la que recordaba constantemente que es él quien mantiene a la familia.

Por estos hechos, los agentes procedieron a su detención, mientras que la mujer fue trasladada a un centro de salud para ser evaluada, ya que presentaba un importante estado de ansiedad.