Rueda destaca que la Xunta lanzará en unas semanas la orden de ayudas para cubrir los primeros gastos veterinarios tras adoptar un animal de compañía abandonado

0

El presidente de la Xunta visita las instalaciones del Centro de acogida y protección de animales de la Diputación de Pontevedra (CANN)

Anima a la ciudadanía a adoptar porque estos animales «merecen una segunda vida» y porque una Galicia «con más mascotas será una Galicia mejor»

El Gobierno gallego dará ayudas de hasta 150 € para los costes de la identificación con microchip, la desparasitación, la vacunación o la esterilización

Van dirigidas a personas que adopten perros o gatos en alguno de los 39 centros de recogida autorizados a día de hoy en Galicia

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, anunció hoy que la Xunta va a convocar «en unas semanas» la nueva línea de ayudas para apoyar a los ciudadanos que adopten un animal doméstico de compañía con los primeros gastos veterinarios. 

Durante una visita al Centro de acogida y protección de animales de la Diputación de Pontevedra (CANN), acompañado de la conselleira de Medio Ambiente e Cambio climático, Ángeles Vázquez, Rueda animó a la ciudadanía a adoptar animales abandonados que residan en centros de recogida «porque merecen una segunda vida». «Si quieren tener un amigo para a toda la vida aquí tienen una oportunidad», indicó. 

Para promover las adopciones, tal y como aprobó el Consello esta misma semana, el Gobierno autonómico va a dar ayudas de hasta 150 euros en el caso de los perros y de 125 euros si se trata de un gato para financiar los costes de la identificación con microchip, la desparasitación, la vacunación o la esterilización de los animales. 

La Xunta va a destinar 125.000 euros a esta convocatoria durante 2024 con el objetivo de promover la adopción de un millar de animales de compañía. La previsión es que cada ciudadano interesado pueda recibir ayudas por dos ejemplares, como máximo.

Para beneficiarse de estas subvenciones habrá que hacerse cargo de un animal que esté siendo atendido en alguno de los 39 centros de recogida autorizados actualmente en Galicia -inscritos en el Registro Gallego de Núcleos Zoológicos-, hacerlo desde la entrada en vigor de la orden y antes del 30 de septiembre de 2024 y comprometerse a no transmitir la titularidad del animal mientras este viva excepto por motivos debidamente justificados como enfermedad, incapacidad sobrevenida o vulnerabilidad económica de la persona adoptante. 

El bienestar animal es una prioridad para lo actual Gobierno gallego tal y como marca la Ley de protección y bienestar de los animales de 2017. Por eso, Rueda animó a la ciudadanía a adoptar una mascota teniendo en cuenta «la responsabilidad y obligación de cuidados» que implica. En esta línea, destacó que tiene claro que «una Galicia con más mascotas, con mas amor por los animales será una Galicia mejor».

Claudio Giráldez continuará al frente del primer equipo del RC Celta hasta junio de 2025

0

Club y entrenador sellaron en las últimas horas un acuerdo que cierra su continuidad y la de los integrantes del actual cuerpo técnico del preparador celeste.

Natural de Porriño, Claudio es el paradigma de técnico de la casa. Su trayectoria en el club nace en julio de 2015, cuando se unió a la estructura del RC Celta para dirigir, con gran éxito, diversos equipos de base.

En la temporada 2021/22, se hizo cargo del equipo juvenil quedando campeones de la División de Honor. Un logro, unido a una propuesta futbolística valiente y efectiva, que le sirvió para que en la siguiente temporada 2022/23 le confiasen la dirección del Celta Fortuna. Durante ese período, el equipo lograba alcanzar el playoff de ascenso a Segunda División demostrando su talento y capacidad.

Comprometido con la filosofía del club, el técnico representa las raíces y los valores que diferencian al RC Celta en el ámbito nacional e internacional. Unos valores por los que el RC Celta confía plenamente en Claudio Giráldez para continuar al frente del primer equipo la próxima temporada.

Arranca Montes Vigo 2046, a estratexia coa que construír e pór en valor un monte vigués máis sostible

0

Da man da Universidade, a Mancomunidade de Montes e a Fundación Biodiversidad

Analizaranse os servizos recreativos e culturais, a calidade e cantidade de auga, a absorción de C02

Deseñar unha estratexia que poña en valor os múltiples servizos que o monte periurbano proporciona á sociedade e concienciar ao tecido social e empresarial vigués da crucial importancia do monte no benestar da sociedade. Este é o obxectivo co que este xoves se puxo en marcha na Facultade de Bioloxía o proxecto Montes Vigo 2046, unha iniciativa que chega da man da Mancomunidade de Montes de Vigo, a Universidade viguesa e a Fundación Biodiversidad, tres institucións que unen forzas e coñecementos para tratar de identificar e valorar os principais servizos ecosistémicos que os 14 montes veciñais en man común da cidade olívica achegan á cidadanía, definindo estratexias mancomunadas de xestión sostible para os vindeiros 25 anos.

“Unha das principais misións que ten a Universidade é transferir coñecemento á sociedade e, por iso, a colaboración entre todos os que hoxe nos atopamos aquí é fundamental para avanzar na creación e difusión deses coñecementos, así como na aplicación práctica dos mesmos para resolver desafíos e mellorar a calidade de vida das persoas”, explicou na presentación a profesora Josefina Garrido, responsable do Grupo de Bioloxía Ambiental, que será o encargado na UVigo de xestionar o proxecto, xunto do Grupo GEN, Governance And Economics Research Network, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Ao carón de Josefina Garrido participaron na presentación do proxecto, o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, e Alberto Capataz, experto en xestión de proxectos de I+D+i da Fundación Biodiversidade, entidade que financia a iniciativa.

Co apoio de máis de 40 entidades da área metropolitana 

No caso de Uxío González agradeceu a colaboración da Universidade de Vigo, “socio principal deste proxecto”, así como as cartas de apoio recibidas desde a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, a Dirección Xeral de Defensa do Monte, o Porto de Vigo, os tres concellos do Valmiñor (Baiona, Gondomar e Nigrán), así como as máis de 40 entidades veciñais, sociais, culturais e comunidades de monte, en especial a Asociación Forestal de Galicia e a Organización Galega de Comunidades de Montes. “Temos depositadas moitas esperanzas en que os resultados deste proxecto, que serán extrapolables a outras comunidades de montes e áreas periurbanas doutras cidades, sexan moi positivos”, salientou González.

O amplo respaldo co que conta o proxecto reflectiuse tamén no numeroso público que asistiu á presentación, incluíndo un amplo número de especialistas en xestión forestal procedentes de distintas institucións e organismos, numerosas entidades sociais e empresariais de Vigo, así como persoas responsables doutros proxectos beneficiarios da convocatoria de Bioeconomía Forestal 2023 que se desenvolverán en Galicia.

Desde a Fundación Biodiversidad Alberto Capataz felicitou aos promotores do proxecto por ter sido unha das 56 propostas seleccionadas entre as 163 candidaturas presentadas. Así mesmo,  resaltou a importancia do traballo conxunto entre as comunidades de montes e a universidade, un “traballo en bloque”   co que se pon de manifesto a importancia de seguir loitando pola adecuada conservación das zonas verdes que rodean as cidades.

269.000 euros de fondos NextGeneration

Tal e como se explicou durante a xornada, o proxecto executarase entre 2024 e 2025 e conta cun orzamento de 269.000 euros, financiados na súa inmensa maioría pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Tras a presentación foi o secretario técnico de Montes de Vigo, Xosé Antón Fernández, o encargado de facer unha presentación xeral da comunidade de montes veciñais, entidade que agrupa a arredor de 4000 comuneiros, e que no 2046 cumprirá as súas vodas de ouro.

Desde a UVigo contouse tamén coa participación do catedrático de Bioloxía Ambiental e exreitor Salustiano Mato e a profesora de Economía Aplicada María José Vázquez. Eles foron os encargados de explicar que o grupo de Bioloxía Ambiental e o grupo GEN serán os encargados de investigar os servizos ecosistémicos, particularmente os servizos culturais/recreativos e os recursos hídricos, facendo unha valoración económica dos mesmos. De xeito complementario realizarase tamén a análise da captación de CO2 agregada.

Luis López destaca as 170 adopcións e o coidado de 288 cans no que vai de ano como mostra de que o CAAN é un centro de referencia en benestar animal na provincia

0

O dirixente provincial percorreu as instalacións deste centro de acollida dependente da Deputación acompañado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda

A Deputación destina 1,4 millóns de euros para renovar o contrato de xestión do refuxio, que inclúe un novo servizo de control e esterilización de colonias felinas nos concellos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, definiu o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN), ubicado na Armenteira e dependente do organismo provincial, como un centro de referencia en benestar animal, no que conviven actualmente 288 cans sen fogar e se xestionaron 170 adopcións no que vai de ano. O mandatario provincial visitou este xoves as instalacións do refuxio acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para coñecer o funcionamento do centro e os servizos que prestan tanto aos animais como os de cooperación cos 52 concellos da provincia cos que colabora á hora de recoller animais sen fogar, abandonados ou que provocan algún tipo de problema de convivencia.

“O CAAN é unha referencia en benestar animal, polos coidados desde o lugar de recollida; en cooperación e municipalismo, porque está a diposición dos concellos e son 52 os adheridos; e en sustentabilidade, a que ten que ver coas colonias felinas”, destacou o presidente Luis López, despois da visita guiada polos responsables do CAAN na que tamén estiveron presentes a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; o deputado provincial responsable deste departamento, Marcos Guisasola; e o delegado territorial da Xunta Agustín Reguera.

Neste sentido, o titular da Deputación recordou o acordo para renovar o contrato de xestión do CAAN que supón o investimento de 1,4 millóns de euros nos dous vindeiros anos, o reforzo dos servizos como o de recollida de animais as 24 horas do día e todos os días do ano, as atencións básicas necesarias aos cans que residen no centro e o asesoramento ás persoas interesadas en adoptar. Do mesmo xeito, este contrato inclúe unha novidade, a cooperación cos concellos de menos de 20.000 habitantes para o control das colonias felinas a través da identificación, vacinación, desparasitación e esterilización dos individuos. O Centro de Acollida e Protección de Animais entrou en funcionamento no ano 2013 e desde ese ano xestionou arredor de 5.000 adopcións, das que 170 tiveron lugar ao longo deste ano 2024. No 2023, encontraron un novo fogar un total de 597 cans. “Fago un chamamento á adopción de animais e, como Deputación, temos que dicir que estamos moi orgullosos dun servizo destas características”, rematou Luis López.

El PP de Vigo propone un nuevo aparcamiento gratuito en Pereiró para dar servicio al barrio, los conciertos de Castrelos y los partidos del Celta

0

El Partido Popular plantea el acondicionamiento de una parcela municipal de 2.000 metros cuadrados para ganar más de 100 plazas, que también darían servicio a quienes tienen que acudir al tanatorio

Miguel Martín pide aprovechar la actuación para humanizar la Rúa Pereiró, donde los vecinos se quejan de la falta de aceras y del deterioro de la calle debido al aumento de la maleza y la suciedad

El Partido Popular de Vigo ha propuesto este jueves que el Gobierno local habilite un nuevo aparcamiento público y gratuito junto al tanatorio de Pereiró. La construcción de este estacionamiento se ejecutaría sobre una parcela municipal de más de 2.000 metros cuadrados situada en el número 12 de la Rúa Pereiró. Unos terrenos que no solo están en desuso tras albergar distintas dependencias públicas, sino que se hallan invadidos por la maleza y la basura.

Con esta obra, la ciudad ganaría más de 100 plazas de aparcamiento en un lugar de la ciudad donde resulta especialmente complicado hallar un hueco en el que dejar el coche. Esta dificultad la padecen a diario los propios vecinos y las personas que acuden al tanatorio pero también los asistentes a los conciertos de Castrelos y los partidos del Celta, que suelen buscar sitio por esta zona.

Así, mientras no se desarrolla el ámbito urbanístico en el que se ubica, algo que “sospechamos que va para largo”, la ciudad tendría la “oportunidad” de “resolver en parte los graves problemas de aparcamiento que hay en el entorno de Castrelos, donde apenas hay alternativas”, tal y como señala el portavoz del grupo municipal del PP de Vigo, Miguel Martín.

“Esto es algo que bien podía haber hecho ya el Concello hace mucho tiempo, lo  que lamentamos no haya sucedido”, ha proseguido el concejal popular, quien ha subrayado la “gran demanda” existente y el “colapso” que sufre la zona cuando hay partido en Balaídos o un concierto en el parque de Castrelos.

“Se trata, pues, de una medida sencilla y barata pero muy efectiva y que podría entrar en funcionamiento en un breve espacio de tiempo, si hay voluntad para ello, claro. Por tanto, instamos al Gobierno de Abel Caballero a que acondicione la parcela cuanto antes y la ponga a disposición de los vigueses como complemento a las plazas de aparcamiento que ya existen fuera”, ha añadido Martín.

Asimismo, el PP de Vigo pide aprovechar esta actuación para humanizar la propia Rúa Pereiró, que es objeto de las quejas de los vecinos por la falta de aceras. Tal y como han trasladado a los concejales Miguel Martín y Fernando González Abeijón, el Gobierno local se limitó en su día a pintar sobre el asfalto unos presuntos senderos peatonales cuya señalización a día de hoy es inapreciable y, por ello, son invadidos por los coches, que bloquean el paso. Igualmente, la vía arrastra un progresivo deterioro debido al aumento de la maleza y la suciedad. Por último, el portavoz del grupo municipal del Partido Popular se ha preguntado “cuántas otras parcelas de titularidad municipal tiene el Concello desperdigadas por toda la ciudad susceptibles de ser habilitadas como aparcamiento público” y, sin embargo, Abel Caballero “prefiere tener cerradas y abandonadas”.

O BNG alerta do risco de que as ludotecas municipais de Vigo pechen a partir de xuño

0

A fronte nacionalista denuncia que non se iniciou unha nova licitación para a xestión do servizo de ludotecas a menos de dous meses para a fin da segunda prórroga do contrato

Xabier P. Igrexas: “Falamos dun servizo de enorme importancia que atende arredor dun centenar de crianzas por xornada, e que xa se desenvolve nunhas condicións precarias pola falla de vontade e compromiso do Goberno de Abel Caballero”

O Bloque Nacionalista Galego vén de alertar este xoves do risco de que as ludotecas do Concello de Vigo pechen a partir do vindeiro 3 de xuño. Así o denunciou o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, trasladando a “enorme inquedanza” tanto do persoal como das familias usuarias diante da fin da segunda prórroga do contrato para a xestión deste servizo.

“A menos de dous meses aínda non hai ningunha información sobre que vai suceder coas ludotecas municipais, toda vez inda non se iniciou o procedemento para unha nova licitación”, cuestionou Igrexas. A este feito, advertiu, se engade o traslado forzoso das actividades que se prestaban na Casa da Xuventude, pechada ‘sine die’ sen previo aviso a finais de marzo, ao pavillón de Coia sobre o que existe a previsión de obras de reforma.

“Estas dúas situacións fan claro o risco de que as ludotecas sexan fechadas a partir do mes de xuño, sen unha data clara para a súa reapertura”, asegurou o portavoz nacionalista, demandando explicacións á concelleira de Xuventude e esixindo que se manteña a actividade deste servizo de “enorme importancia” que cada día atende arredor dun centenar de crianzas de entre 4 e 12 anos.

Porén, dende o Bloque lamentaron que as ludotecas xa veñan prestando un servizo “precario” por contar con menos persoal do necesario e cun orzamento de menos de 1 euro ao mes para material por usuario, tal como ten denunciado a propia fronte nacionalista. “Estas condicións precarias só responden á falla de vontade e compromiso do Goberno de Abel Caballero”, criticou Igrexas.

O portavoz nacionalista lembrou que tanto as ludotecas e os campamentos de verán son, na práctica, as únicas actividades e servizos que o Concello de Vigo lle ofrece á cativada da cidade. “Sabemos que non son obxecto de grandes inauguracións ou infografías das que tanto gosta a política de autobombo de Caballero e, tamén, que as nenas e nenos non votan, pero son cidadanía con dereitos que merece que o Concello atenda as súas necesidades e preste servizos e actividades para elas”, valorou. 

A Deputación recibe a mención especial de Viajes National Geographic ás Rías Baixas como destino gastronómico

0

A deputada de Turismo, Nava Castro, recolleu no Club Allard de Madrid o recoñecemento outorgado polos lectores da publicación nunha votación en liña

A Deputación de Pontevedra suma outro recoñecemento á excelencia do destino Rías Baixas, desta volta directamente por parte do público final. A deputada de Turismo, Nava Castro, acaba de recoller o galardón outorgado polos lectores da publicación Viajes National Geographic, que lle deron unha mención especial á provincia de Pontevedra na categoría de mellor destino gastronómico nos seus “Premios de los Lectores de Viajes National Geographic 2024”. A entrega tivo lugar no Club Allard (Madrid) tras tres semanas de votación en liña o pasado mes de febreiro.

Sobre o destino Rías Baixas, a revista destaca  que “a combinación dos ricos mares, os verdes pastos e os fértiles viñedos permitiron que esta rexión se convertera nun fervedoiro de restaurantes exquisitos, rutas gastronómicas e experiencias co sabor como protagonista”. Ademais, Viajes National Geographic sinalou que o produto da provincia está sendo potenciado “cunha nova xeración de restauradores que potencian as receitas clásicas e exploran novas fronteiras”. A provincia de Pontevedra competía nesta categoría con Córdoba (que gañou o primeiro premio), Terres de l’Ebre, a Costa Guipuscoana e as Terras de Xaén. A gastronomía é unha experiencia 100% Rías Baixas, un dos principais sinais de identidade da provincia de Pontevedra, tanto polos seus peixes e mariscos, como polas súas carnes, os produtos do campo, os queixos e mel ou os viños con recoñecemento internacional. Na provincia de Pontevedra trabállanse produtos de cinco denominacións de orixe e outras once indicacións xeográficas protexidas.

Más de 13.000 personas han visitado la exposición «Comedy Wildlife», que entra en sus últimos días en el Teatro Afundación de Vigo

0

La muestra reúne las imágenes premiadas entre 2015 y 2022 por el galardón homónimo, que llama la atención sobre la diversidad y la necesidad de proteger la naturaleza distinguiendo cada año las instantáneas más divertidas de la vida salvaje hechas en el planeta

La propuesta se enmarca en el compromiso de la Obra Social de ABANCA para promover en la sociedad maneras de actuar responsables con el medioambiente

Últimos días para poder visitar la exposición «Comedy Wildlife», la última propuesta expositiva en Vigo de Afundación, la Obra Social de ABANCA, que ya han visitado más de 13.000 personas. 60 fotografías componen esta muestra homónima al certamen de fotografía del que nace. Fueron realizadas en distintos rincones de todos los continentes y todas ellas resultaron distinguidas entre 2015 y 2022 como las mejores instantáneas de animales hechas en clave de diversión y humor en el mundo.

«Comedy Wildlife» se muestra ahora en la Sala de Exposiciones del Teatro Afundación de Vigo gracias a la colaboración entre Afundación y Terra Espléndida, tras abarrotar en 2023 museos y centros de exposiciones de los Países Bajos, Inglaterra, Portugal o Canadá.

Estará abierta al público hasta el próximo 27 de abril, de lunes a viernes en horario de 17.30 h a 20.30 h y los sábados de 11.00 a 14.00 h y de 17.30 a 20.30 h.

«Comedy Wildlife» forma parte asimismo del programa «Cultura por alimentos», de Afundación, por lo que la entidad invita a todos los visitantes a acudir con alimentos no perecederos y depositarlos en la propia sala de exposiciones para su distribución a los bancos de alimentos locales, a través de la Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

La concienciación medioambiental, base de la programación de Afundación

Sobre la base de su compromiso con la implicación social y el cuidado del medioambiente, la Obra Social de ABANCA incluye esta propuesta expositiva en el marco de una programación variada, dinámica e innovadora para todos los públicos y de amplio alcance geográfico. Así, además de realizar acciones directas de voluntariado medioambiental como el programa PLANCTON que ha permitido, desde su inicio hace 3 años, la retirada de más de 52 toneladas de residuos en arenales y costas, Afundación recibe cada año a más de 8000 visitantes en Naturnova, el Centro de Educación Medioambiental de Vigo. A través de estas, y otras propuestas, el objetivo es promover en la sociedad maneras de actuar responsables que permitan mantener los recursos sin llegar a comprometerlos para las generaciones futuras.

Evitar los mensajes y las imágenes «deprimentes»

Asegura el cofundador de los premios «The Comedy Wildlife», el también fotógrafo especializado en la naturaleza Paul Joynson-Hicks, que «las cuestiones de conservación y sostenibilidad de la vida silvestre están ganando impulso a nivel mundial, pero los mensajes y las imágenes tienden a ser negativos, deprimentes y enervantes». Y que por ello se animó, junto a los fotógrafos de naturaleza Tom Sullam y Michelle Wood, a crear estos galardones. Desde 2015, premian las imágenes más divertidas de animales tomadas en un mundo «extraordinariamente bello e interconectado».

«Comedy Wildlife» es una exposición que cautiva a toda la familia al utilizar el humor y la sorpresa como una forma efectiva de involucrar al público con el encanto del reino animal. Las imágenes son extremadamente populares, atraen a todas las edades y trascienden todas las culturas e idiomas. Así, las 60 instantáneas seleccionadas que se presentan en Vigo muestran, en las posiciones y momentos más divertidos, a animales como tortugas, mapaches, osos, pingüinos o frailecillos atlánticos. «Una foto divertida de animales es increíblemente eficaz porque no hay barreras para la comprensión, o tabúes que deben ser negociados. La imagen aprovecha el impulso por el antropomorfismo que está bien documentado como una de los disparadores más potentes para la empatía humana. Para entender realmente a los animales y las cuestiones que les afectan tenemos que empatizar con ellos como conciudadanos del mismo planeta», subraya Paloma Vela, coordinadora adjunta del Área de Cultura de Afundación.

Alianza estratégica entre Vithas y MSD para impulsar la mejora asistencial y calidad de vida de los pacientes de cáncer y otras patologías

0

El acuerdo incluye la realización de proyectos y programas comunes de formación y actividades relacionadas con la innovación, el desarrollo tecnológico y la promoción social de la educación sanitaria incluyéndose el área oncológica

Dentro de su compromiso con la innovación y la investigación en salud, Vithas y MSD han puesto en marcha una alianza estratégica con el objetivo principal de “contribuir a la mejora asistencial y de la calidad de vida de los pacientes con cáncer”. El convenio, con una duración mínima de dos años prorrogables, coincide con el lanzamiento del Instituto Oncológico Vithas (IOV), que será el principal instrumento de la compañía hospitalaria para su desarrollo junto a la Fundación Vithas, la central de compras Vithas PlazaSalud+ y el conjunto de hospitales del grupo.

El acuerdo marco incluye la colaboración de Vithas y MSD en la realización de proyectos y programas conjuntos de formación, actividades relacionadas con la innovación, desarrollo tecnológico y promoción social de la educación sanitaria en distintas áreas terapéuticas, incluido el ámbito oncológico.

El Dr. Pedro Rico, director general de Vithas, ha explicado que “la investigación y la divulgación en salud son pilares básicos del modelo asistencial de Vithas y su Instituto Oncológico, dos objetivos que se verán reforzados con este acuerdo”. El Dr. Rico ha subrayado que “las acciones previstas no solo contribuirán al avance de las ciencias de la salud, sino que mejorarán la experiencia de nuestros pacientes, que podrán acceder a terapias innovadoras”.

“Para MSD es una gran satisfacción establecer colaboraciones que subrayen nuestro compromiso con el abordaje de los principales retos sanitarios. Sumamos esfuerzos para lograr la excelencia en la investigación oncológica y en mejorar la calidad de vida de los pacientes de cáncer. Es un esfuerzo conjunto con la prioridad y el objetivo común de mejorar la calidad asistencial de los pacientes y de apoyar a los profesionales del sistema sanitario” ha subrayado por su parte Ana Argelich, directora general de MSD en España.