Caballero enxalza a Festa da Vieira de Cambados que terá lugar a próxima fin de semana

0

O alcalde de Vigo enxalzou este luns, ante a primeira tenente de alcaldía Carmela Silva, o alcalde de Cambados, Samuel Lago; os concelleiros Tino Cordal e José Ramón Costa, e os representantes da Confraría de Pescadores e da Asociación de Comerciantes, Javier Millos e Juan Rey, a degustación das vieiras que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xullo na localidade pontevedresa con motivo da XX edición da Festa da Vieira. “Trátase dunha degustación excepcional”, afirmou.

Abel Caballero remarcou hoxe o valor da «Festa da Vieira» que terá lugar a próxima fin de semana en Cambados. “É unha gran festa, altísimamente recomendable, e non só porque sexa de Interese Turístico Galego, senón polo que significa: pola gastronomía, pola beleza do lugar”, remarcou o alcalde.

“As vieiras de Cambados son fantásticas, son unha degustación gourmet únicas e Cambados é un sitio encantador”, afirmou o alcalde ao trasladar o “agarimo” de Vigo a Cambados.

O alcalde de Cambados, Samuel Lago, tras convidar a toda a cidadanía de Vigo a gozar da vixésima edición da Festa da Vieira, recalcou a calidade das múltiples preparacións dirixidas por chefs locais.

O Concello renovará as redes de saneamento e abastecemento da auga en Coia, Teis e Lavadores

0

Abel Caballero anunciou este luns que o Concello renovará as redes de abastecemento e saneamento de auga de distintas rúas de Coia, Teis e Lavadores

O alcalde avanzou hoxe que ou Concello aprobou a renovación das redes de abastecemento e saneamento en “zonas enteiras” de Coia . “Queremos acabar cos problemas de abastecemento que hai nalgunhas rúas que contan con tubaxes desde hai 65 anos, absolutamente imposibles de manter porque son de fibrocemento”, afirmou ao detallar que “imos acabar cos problemas de abastecemento de auga renovando todas as rúas A Guarda, Camiño Figueirido, Tui, Cuntis e Padre Seixas».

O rexedor recalcou que a situación das redes en Coia débese a que os anteriores alcaldes e alcaldesas “deixáronas abandonadas” a pesar de superar a súa vida útil, e que agora se vai proceder a solucionar os problemas que provoca “o estado calamitoso” en que se atopan as redes de abastecemento e saneamento. “Todos os tramos que están en mala situación nestas rúas van ser completamente renovados por redes modernas e do século XXI”, afirmou.

Abel Caballero tamén anunciou a renovación e melloras substanciais no abastecemento de auga en medio quilómetro da rúa Xulián Estévez, con obras que acadan un investimento de 333.000 euros e cun prazo de execución de 5 meses. “Imos substituír tubaxes de fibrocemento por novas de fundición” desde a rúa Sanjurjo Badía ata a de Santa Tegra, e instalar tres tramos de colector de saneamento; dez novos pozos de rexistro e reposición completa do pavimento de aparcamento”, apuntou ao indicar que se trata de “unha actuación singularmente importante na rúa Xulián Estévez en Teis”.

Entre os acordos adoptados polo executivo local tamén destaca a aprobación do proxecto para o saneamento da rúa Sabaxáns, en Lavadores. As obras contan cun orzamento de 61.000 euros e un prazo de execución de cinco meses. Caballero explicou que se instalarán 125 metros de novo colector para contar cunha rede con capacidade suficiente para pluviais e evitar desbordamentos en época de choivas.

O Auditorio de Castrelos celebrou a vitoria da Selección Española na Eurocopa

0

Milleiros de persoas acudiron ao convite no Auditorio de Castrelos para ver o partido da final da Eurocopa entre a Selección Española de Fútbol e Inglaterra, no que “La Roja” saíu vitoriosa 2-1 fronte ao equipo inglés. Os asistentes gozaron da retransmisión do partido nunha pantalla xigante. “Castrelos petado”, afirmou o rexedor, que louvou e felicitou á Selección por converterse no equipo nacional que máis veces gañou este campionato, xa que saíu vencedora en 1964, 2008, 2012 e 2024.

Vigo ten unha nova praza que une Urzáiz con San Roque

0

O alcalde acudiu á inauguración da nova praza na peonil do Calvario, nos números 136 e 138 de Urzáiz, e que une esta rúa con San Roque. “Unha nova praza e percorrido peonil, atractivo e urbanizado digno da cidade de Vigo”, afirmou Caballero

Vigo conta cunha nova praza que une ás rúas Urzáiz e San Roque. Abel Caballero visitou o novo enclave situado nos números 136-138 da peonil do Calvario e que xa está aberta á cidadanía. Unha nova praza de case 2.000 metros cadrados, “percorrido peonil, atractivo e urbanizado digno da cidade de Vigo”, expresou o alcalde.

A urbanización da nova praza permitiu dotar de coherencia estética e funcional á totalidade do espazo. Creáronse zonas verdes e axardinadas e instalouse novo mobiliario urbano.

La Xunta concede Autorización Ambiental Integrada al proyecto para la instalación de una planta de hidrógeno verde en el Puerto de Vigo

0

Los técnicos de la Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático concluyen que la propuesta es viable y no tendrá impacto en el entorno si se cumplen los condicionantes recogidos en el propio documento y en la Declaración de Impacto Ambiental

La iniciativa de Julio Verne Hidrógeno Puerto de Vigo consiste en la construcción y explotación de una estación de dispensado público de hidrógeno con generación de dos megavatios de potencia en una superficie aproximada de 200 metros cuadrados

La Xunta de Galicia acaba de resolver de manera favorable la solicitud de Autorización Ambiental Integrada (AAI) del proyecto de la empresa Julio Verne Hidrógeno Puerto de Vigo SL para la instalación de una planta de producción de hidrógeno verde en el muelle vigués.

El Diario Oficial de Galicia publicó hoy la resolución por la que resuelve favorablemente esa AAI, que ya está colgada y disponible para su descarga y consulta en la página web de la Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Una vez finalizado el análisis técnico de todo el expediente y los posibles impactos derivados, la Xunta concluye que el proyecto es viable medioambientalmente siempre que se cumplan, además del recogido en la Declaración de Impacto Ambiental (DIA) y en el resto de la documentación evaluada, los condicionantes señalados en la propia autorización ambiental integrada. De hecho, la autorización incluye la descripción, condiciones, deberes y derechos que deben cumplir los promotores de esta iniciativa.

Con esta resolución se completan los pasos para que la instalación obtenga los permisos ambientales necesarios para llevar adelante el proyecto, dado que su puesta en marcha hace que tenga que ser sometido a una autorización ambiental integrada, figura de intervención administrativa que establece el condicionado medioambiental para la realización de esta actividad.

La documentación recoge que el proyecto consiste en la construcción y explotación de una estación de dispensado público de hidrógeno con generación de 2 megavatios (MW) de potencia. La producción de hidrógeno se realizará mediante electrólisis del agua, un proceso en el que se empleará energía renovable. De hecho, la instalación de generación de hidrógeno estará compuesta por cuatro electrolizadores de entre 390 y 450 megavatios de potencia cada uno y ocupará una superficie aproximada de 200 metros cuadrados.

La mayor parte de las equipaciones e instalaciones de proceso estarán dispuestas en contenedores y distribuidos en zonas delimitadas de generación, compresión, acumulación y dispensado de hidrógeno, así como de control y seguimiento de todos los pasos del proceso de producción.

Ana Ortiz destaca a promoción do bono turístico da Xunta con doce establecementos adheridos en Vigo

0

A delegada territorial en Vigo visitou este luns unha das axencias de viaxes que forman parte da nova campaña de Turismo de Galicia

Os bonos, dos cales máis de 15.000 xa foron descargados por usuarios, poderán desfrutarse en estadías en Galicia do 10 de setembro ao 25 de decembro

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, acudiu este luns á axencia de viaxes Bivestour, un dos establecimentos adheridos dentra da oferta do Bono Turístico posta en marcha polo Goberno galego. Na visita a delegada lembrou que quedan xa poucos bonos dispoñibles tras o éxito da descarga desde o inicio da campaña o pasado 4 de xullo. Os usuarios que desexen descargar o bono turístico da Xunta este 2024 poden facelo a través da páxina web www.bonoturismo.gal

“A iniciativa estase a consolidar como unha proposta que impulsa a actividade fóra de tempada alta e contribúe a apoiar o sector e con ela o Goberno autonómico busca promover as viaxes en Galicia durante este outono”, sinalou Ortiz. Segundo explicou, polo de agora hai máis de 300 establecementos de aloxamento e axencias nos que poder desfrutar do bono dos que máis de 80 están na provincia de Pontevedra e 12 na cidade de Vigo. Os aloxamentos áinda teñen de prazo para sumarse ata o 2 de decembro.

Pola súa banda, os beneficiarios poderán empregar os seus bonos desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos incluídos. Como novidade, cada usuario poderá descargar este ano ata dous bonos, polo que poderá contar cun investimento de ata 300€ para gozar dunha estadía o vindeiro outono nalgún dos establecementos que se adhiran.

O Goberno autonómico inviste este ano 1M€ coa previsión de mobilizar no sector 2,5M€ durante o outono. Poranse en circulación máis de 16.000 bonos en formato código QR cun importe de 150€, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia en nun 60% polas persoas que o soliciten (os particulares abonarán, polo tanto, 90€ para contar cun bono por valor de 150€), o que supón preto do 47%. Nestes catro anos puxéronse en circulación máis de 47.000 bonos turísticos e mobilizáronse máis de 14M€: deles, durante a pandemia foron máis de 10M€ (5M€ co bono turístico sociosanitario e 5,8M€ no ano 2021), aos que se suman os 3M€ nos últimos dous anos.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e Stellantis Vigo promoven unha nova campaña de doazón de sangue

0

A factoría viguesa acolle durante os días 16, 17 e 18 xullo a terceira das catro visitas anuais que ADOS ten programadas durante o ano 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolve nesta semana a terceira campaña anual de doazón de sangue nas instalacións de Stellantis Vigo. Ao longo do martes 16, mércores 17 e xoves 18 de xullo, a Axencia desprazará varias unidades móbiles, nas quendas de mañá, tarde e noite, para facilitar que os traballadores e traballadoras da empresa viguesa poidan realizar o xeneroso xesto da doazón de sangue. 

No que resta do presente ano, ADOS ten proxectado efectuar unha cuarta campañas máis en Stellantis Vigo e quere poñer en valor a contribución deste centro vigués, que suma 75.513  doazóns dende o 1995, ano no que comezaron as colectas de sangue nesta significativa factoría galega. ADOS quere amosar o seu máis sincero agradecemento a Stellantis Vigo, un dos principais centros industriais do tecido produtivo galego que, dende sempre, ten dado mostras do seu compromiso co solidario xesto da doazón.

Traxectoria solidaria

Hai 29 anos que o centro de Vigo do Grupo Stellantis comezou a acoller campañas de doazón de sangue promovidas desde a Consellería de Sanidade e que, actualmente, consolidan a esta compañía como un referente no ámbito estatal, sendo a empresa española con maior número de doazóns.

Resaltar que grazas á colaboración dos profesionais da factoría viguesa que doaron sangue nesta segunda campañas anual promovida por ADOS, poderán realizarse 297 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a preto de 118 enfermos oncolóxicos.

Sensibilización e colaboración

ADOS quere poñer en valor a implicación e compromiso de Stellantis Vigo co desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, pois unha iniciativa desta magnitude require dunha gran coordinación e implicación de cada un dos departamentos que conforman a factoría viguesa, circunstancia que pon de manifesto, unha vez máis, a xenerosa colaboración brindada por esta compañía a prol do solidario xesto da doazón de sangue.

El PP de Vigo tacha de “discriminatorio” el límite de dos entradas por concierto impuesto a las personas con movilidad reducida en Castrelos

0

El grupo municipal popular reclama al Gobierno local que revise las Condiciones Generales de Venta, que permiten adquirir cuatro unidades al resto de espectadores, e incluso más a grandes unidades familiares 

El concejal Fernando González Abeijón propone que, dentro de las 500 plazas que se reservan para prensa, organización e invitados, se incluya a las asociaciones que atienden a personas con discapacidad

El grupo municipal del Partido Popular de Vigo ha tildado de “discriminatorio” el límite impuesto a las personas con movilidad reducida a la hora de adquirir entradas para los conciertos de Castrelos, que al igual que el año pasado se mantiene en dos localidades por comprador. Sin embargo, tal y como anunció Abel Caballero, el resto del público goza este verano de un tope mayor al poder retirar cuatro reservas en una sola operación de compraventa. Una cifra esta última que incluso puede ser superior en el caso de las unidades familiares con cinco o más componentes. El PP local considera “totalmente injusta” esta situación, que ha sido denunciada por algunos de los afectados.

“Están en todo su derecho de ir a los eventos con tres amigos, sean o no personas que tengan problemas de movilidad. Prolongando esa limitación se está condicionando por tanto su ocio. ¿O acaso al ser personas que tienen movilidad reducida solo pueden ir a los conciertos de Castrelos con un amigo o un familiar? ¿Y el resto, en cambio, podemos ir con más? Esto, desde luego, no debería de ser así”, ha señalado este lunes el concejal Fernando González Abeijón.

El concejal vigués ha recordado que “habría margen para atender esta demanda” puesto que el aforo de la platea de Castrelos es de 5.500 personas y supuestamente se comercializan 5.000 reservas. “Y ya no digamos si le añadimos las 500 entradas por concierto que el Gobierno local no puso a la venta el verano pasado. Y que, por cierto, aún no sabemos a dónde fueron a parar”, ha añadido.

Así, el grupo municipal del Partido Popular de Vigo ha instado a Caballero a cambiar la política de venta de entradas. Empezando por modificar el punto 1.8 de las Condiciones Generales de Venta de Entradas de este año, que recogen ese trato “discriminatorio”. “Y si fuese un problema de espacio, entonces estaríamos ante una absoluta falta de previsión porque sería necesario ampliar la zona reservada para personas con movilidad reducida”, ha ahondado el edil popular.

Adicionalmente, González Abeijón ha propuesto que, dentro de las plazas que se reservan para prensa, organización e invitados, se incluya un cupo gratuito para las asociaciones que atienden a personas con discapacidad, sea ésta del tipo que sea. “Una medida que sin duda agradecerán todos estos colectivos”, ha sostenido. El PP de Vigo cree que los conciertos de Castrelos “todavía se puede avanzar mucho en inclusión y accesibilidad”. En este sentido, la formación popular recuerda otras ideas planteadas recientemente como el reparto de chalecos vibratorios para personas con problemas de audición o la contratación de intérpretes en lengua de signos. “Una pena que a Caballero no le importe esto lo más mínimo”, concluyó.

Una persona resultó herida tras salirse de la vía y volcar con su coche en la A-55 a su paso por Mos

0

Otras dos personas que viajaban en el vehículo resultaron ilesas, mientras que el herido fue evacuado al Hospital Álvaro Cunqueiro.

Pasadas las 23:30 horas del domingo, un particular que circulaba por el punto, el kilómetro 12 de la A-55 en sentido O Porriño, llamó al 112 Galicia e informó de un coche volcado en medio de la carretera. En aquel momento no podía precisar si había personas heridas. Poco después serían múltiples alertadores más los que contactaron con el Centro Integrado de Atención a las Emergencias, señalando además que la situación ponía en serio riesgo la circulación del resto de vehículos.

De inmediato, los gestores del 112 Galicia solicitaron la colaboración del personal de Urgencias Sanitarias de Galicia-061, de la Guardia Civil de Tráfico, del GES de Mos y de los servicios de mantenimiento de la autovía.

A la llegada de los servicios de emergencias, las personas ya habían conseguido salir a través de una de las ventanillas del coche. De hecho, una de ellas llamó al 112 Galicia a fin de solicitar asistencia sanitaria para uno de los implicados, herido en cabeza y que fue evacuado al Hospital Álvaro Cunqueiro.

BNG urxe o Goberno a actuar e recuperar como espazo público a Illa viguesa de Toralla

0

Carme da Silva exixe garantir o tránsito público na zona de servidume de protección, de tránsito e nas de acceso ao mar, permitindo a libre circulación de persoas

O BNG mostra o seu apoio á mobilización veciñal realizada o pasado fin de semana para reclamar que a illa sexa devolta ao uso público e se abra a senda peonil prometida

O BNG vén de rexistrar iniciativas nas Cortes do Estado para reclamar ao Goberno que cumpra a normativa estabelecida en dominio público marítimo terrestre e que na Illa de Toralla, en Vigo, se garanta o tránsito público, así como as servidumes de tránsito, de protección e de acceso ao mar. A senadora nacionalista, Carme da Silva, denuncia o incumprimento da lei en relación a dominio público marítimo terrestre e ás zonas de paso público e apremia o Goberno para que se cumpra a lei e sexa, polo tanto, liquidado definitivamente.

A illa de Toralla foi obxecto dunha especulación urbanística salvaxe nos anos 60 do século pasado entregada aos intereses empresariais privados, comezando a urbanizarse. Primeiramente, construíuse a ponte e colócase un valo e un vixiante que só permite o paso a propietarios e persoas autorizadas, posto que a illa está en mans dunha comunidade de propietarios e a ponte de acceso é unha concesión privada que termina en 2064. A mesma empresa que ten a concesión, Toralla S.A., xestiona desde 1965 a ponte e os terreos comúns dentro da illa.

“A desprotección da illa e a súa caótica urbanización chegou até o extremo de construír un alto edificio de vinte pisos que destaca na visión desde calquera punto da Ría e mesmo desde a praia do Vao” sinala a senadora do BNG. Mais, aínda que a illa foi “privatizada”, a lei recolle que debe ser accesíbel ao tránsito público nas zonas de servidume e de dominio público marítimo terrestre. “De feito, o Ministerio aprobou en 2008 o proxecto de Recuperación do DPMT e apertura ao tránsito na Illa de Toralla” lembra Carme da Silva.

O propio Ministerio de Transición Ecolóxica, incide a senadora, deixa claro que “a zona de servidume de protección é aquela franxa de terreos de propiedade privada lindeira co dominio público marítimo terrestre que está suxeita a determinadas limitacións que contén a lei de Costas co fin de protexer o DPMT (Dominio Público Marítimo Terrestre”. Neste sentido, Carme da Silva denuncia que este precepto non se está a cumprir na Illa de Toralla.

“Unha barreira e un vixiante impiden o acceso de vehículos e peóns ao interior, permitindo só o paso aos investigadores da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) que se atopa a súa sede alí e as visitas a residentes deben ser notificadas con anterioridade” explica a senadora do BNG.

“A lexislación vixente estabelece que calquera persoa pode chegar até a ribeira do mar a pé mais, na realidade, os visitantes só se lles permite acceder aos areais situados a ambos os dous lados da ponte. A norma contempla restricións ás leiras limítrofes co dominio público marítimo-terrestre para garantir o libre paso dos cidadáns e vehículos de vixilancia e salvamento” sinala Carme da Silva. Ademais, continúa a senadora, na lei estabelécense obrigas respecto ás servidumes de protección e servidume de tránsito que tampouco se están a cumprir na Illa de Toralla.

En opinión da senadora do BNG, o Goberno do Estado debe facer cumprir a lei e actuar de forma inmediata “para garantir o tránsito público na zona de servidume de protección, nas zonas de servidume de tránsito e nas zonas de servidume de acceso ao mar, permitindo a libre circulación de persoas e asegurando o acceso público a liña costeira”.

De facto, este problema tamén estivo no ámbito xudicial e existen varios pronunciamentos por parte da Xustiza sobre o peche da Illa de Toralla: en outubro de 1997, o Tribunal Supremo rexeitaba o recurso presentado polos residentes particulares da illa que pedían a exclusividade do uso e goce da ponte e as súas praias. A sentenza deixaba claro que en base á Lei de Costas os propietarios deberían ceder para dominio público seis metros de terreo a partir da máxima preamar rexistrada.

A veciñanza de Vigo reivindica a recuperación da Illa para todos os vigueses e viguesas

Pola súa parte, o portavoz do BNG no Concello de Vigo, Xabier P. Igrexas, trasladou o apoio da organización nacionalista á veciñanza que se mobilizou esta pasada fin de semana na ponte que une a praia do Vao coa illa de Toralla e reclamar a súa recuperación como espazo público, así como a apertura da senda peonil aprobada en 2008. “Non podemos permitir que en pleno 2024 a illa de Toralla continúe a ser un couto privado para uns poucos VIP” apunta.

“A falta de acción do Goberno local, a complicidade da Xunta de Galiza e a conivencia dos sucesivos gobernos do Estado está a provocar que na Illa de Toralla se siga a incumprir a lei en relación ao dominio público marítimo-terrestre e ás zonas de paso público” denuncia Xabier P. Igrexas.

O portavoz municipal nacionalista subliñou o firme compromiso do BNG para “seguir a dar a batalla en todas as frontes para lograr que a veciñanza de Vigo recupere Torallla e poida exercer plenamente o seu dereito a percorrer a illa”.