La Policía Local de Vigo solicita colaboración ciudadana para esclarecer un caso de maltrato animal

0

Buscan al responsable de la muerte de dos cachorros en Cabral; se garantiza el anonimato a quienes aporten información

La Policía Local de Vigo ha lanzado un llamamiento a la ciudadanía para recabar información que ayude a localizar al responsable del maltrato y muerte de dos cachorros de cruce de American Pitbull, encontrados en la zona de Cabral. Los hechos ocurrieron el pasado 2 de octubre, cuando una persona descubrió a los dos perros en una pista forestal que conecta el barrio de O Gorxal con la calle Becerreira. Ambos animales, un macho y una hembra de aproximadamente cuatro meses de edad, presentaban graves lesiones en la cabeza y en otras partes del cuerpo, producidas con un objeto contundente. Ninguno de ellos estaba identificado con microchip.

La Unidad de Medioambiente de la Policía Local acudió rápidamente al lugar y trasladó a los cachorros a un centro veterinario de la ciudad. Desafortunadamente, la hembra, de color negro, no pudo sobrevivir a las heridas y falleció poco después de su llegada. El macho, de color atigrado, además de múltiples golpes, presentaba las orejas cortadas de manera rudimentaria, posiblemente con tijeras. Actualmente, se está recuperando de sus heridas.

La Policía Local ha solicitado la colaboración de cualquier persona que pueda tener información relevante para identificar al autor o autores de este cruel acto. Se garantiza el anonimato a quienes decidan colaborar en el esclarecimiento de los hechos.

Los ciudadanos que dispongan de información pueden ponerse en contacto con la Unidad de Medioambiente de la Policía Local (UMIR) a través de los teléfonos 986810101 o 699047596. Las autoridades agradecen cualquier ayuda que pueda contribuir a resolver el caso.

El PP de Vigo denuncia que el gobierno local desvía recursos de la piscina de la calle Coutadas a otros barrios como “castigo político” a Teis

0

El grupo municipal popular critica que, en lugar de habilitar el vaso disponible en la ETEA, Deportes haya autorizado el traslado de personal y horas de uso del edificio incendiado a otras instalaciones de la ciudad

Fernando González Abeijón reprocha al regidor socialista su política de “conmigo o contra mí”, que dejará a los vecinos sin piscina durante más de cinco años cuando podrían estar disfrutando de una ya construida

El grupo municipal del PP de Vigo ha denunciado este viernes que el gobierno de Abel Caballero está desviando recursos de Teis a otras parroquias de la ciudad como “castigo político” al barrio, que ha convocado varias manifestaciones en las últimas fechas para denunciar la “falta de atención e inversiones” que padece por parte del Ayuntamiento de Vigo.

Tal y como ha comprobado el concejal Fernando González Abeijón en el expediente de gestión de las piscinas municipales cubiertas, en lugar de acondicionar el vaso ya disponible en la ETEA, la Concejalía de Deportes ha autorizado el traslado del personal y horas de servicio de la calle Coutadas a las otras tres instalaciones existentes: As Travesas, Lavadores y Valladares.

En opinión del PP de Vigo, “lo más lógico y justo” hubiese sido habilitar la otra dotación construida en Teis, ya que así lo permite ese contrato de gestión de estas instalaciones deportivas y de este modo los vecinos de este barrio estarían actualmente disfrutando de una piscina. “Ese dinero que recibía Teis podría seguir destinándose a este barrio. Y, sin embargo, va a otras zonas”, ha resumido el edil.

El concejal popular tiene “claro” que esta decisión se toma por las protestas convocadas contra la “dejación de funciones” de Caballero. Los vecinos han salido a la calle en las últimas fechas para denunciar la tardanza en reconstruir la piscina, la pérdida de fondos europeos para reformar el mercado, el abandono del paseo de A Guía o la demora que arrastra la nueva sala de lectura. “Ya conocemos a Caballero. Su política de ‘conmigo o contra mí’ se ha plasmado en este nuevo agravio hacia uno de los barrios más reivindicativos de Vigo, que paga así su valentía”, ha reprochado González Abeijón. Por último, el grupo municipal popular ha advertido de que, a pesar de esa derivación de recursos, la ciudad está perdiendo horas de apertura al público de las piscinas municipales cubiertas. Las tres operativas han ampliado levemente sus horarios pero aun así se están ofreciendo 63,5 horas semanales menos.

Responsables de profesorado das universidades españolas abordan en Vigo o presente e o futuro da docencia

0

Na sectorial de Crue-Profesorado que se celebra en Redeiras

As acreditacións e o Programa María Goyri, no foco das sesións

60 persoas, entre vicerreitoras e vicerreitores e directores e directoras da Área de Profesorado dunha trintena de universidades españolas, participan este venres na Comisión Sectorial de Crue-Profesorado que se celebra no edificio Redeiras da UVigo. Nesta xornada de traballo, inaugurada polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, os e as representantes das institucións académicas españolas abordan algunhas das cuestións que marcan o presente e o futuro da docencia universitaria como a carreira profesional e as novas figuras de profesorado, a calidade dos procesos de avaliación e a formación do persoal docente.

O presidente da sectorial de profesorado e reitor da Universitat de Barcelona, Joan Guàrdia, foi o encargado de convocar a reunión que este venres se celebra en Vigo e que se desenvolve en sesións de mañá e tarde, nas que, ademais do desenvolvemento do fondo de compensación, responsables da Agencia Nacional de Acreditación, Aneca, trataron, para o seu posterior debate, os novos criterios de acreditación. 

Joan Guàrdia agradeceu na súa intervención inicial a colaboración da UVigo na organización da reunión, nomeadamente da vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Adela Sánchez Moreiras, ao tempo que gabou a “preciosidade de edificio” no que se desenvolve a xuntanza. O presidente da sectorial de Crue-Profesorado destacou na súa alocución inicial a importancia que desde a “Crue se manteña unha coordinación que nos permita interactuar co Goberno central”, unha función, que precisamente, o reitor da UVigo agradeceu a Guàrdia que realizase, cualificándoo de “interlocutor magnífico”, nomeadamente pola súa actuación en relación co Programa María Goyri, que ten a finalidade de financiar a incorporación de axudantes doutores ás universidades españolas.

En defensa da universidade pública e do seu profesorado

Manuel Reigosa foi o primeiro en intervir esta mañá no inicio da sectorial cun discurso no que eloxiou o valía da universidade pública e do seu profesorado, ao tempo que reiterou e alertou dos retos que enfrontan as institucións como o avellentamento do seu persoal docente ou a eliminación do requisito de acreditación para os axudantes doutores. Para o reitor da UVigo, “unha universidade é tan boa como o é o seu profesorado, a materia prima coa que se constrúe”, dixo Reigosa, que gabou a capacidade das institucións para cumprir cos retos que se lle presentan, a pesar de contar cun financiamento limitado. 

O cambio xeracional é para Reigosa o gran reto que enfronta unha universidade “envellecida e limitada pola falta de orzamentos e temas burocráticos e normativos”. O reitor da UVigo incidiu na urxencia de captar persoal novo, ao tempo que asegurou que a LOSU “me parece unha oportunidade perdida. Queremos universidades fortes en docencia e investigación e preocúpame que non faga falta ningunha acreditación para entrar”, dixo en relación coa eliminación na Lei de Universidades do requisito dunha acreditación previa para os e as axudantes doutores. “Contar cunha acreditación é un elemento positivo e xa non o hai”, lamentou Reigosa.

A combinación das tarefas docente e investigadora foi outra das cuestións ás que se referiu o reitor, que as comparou con dúas mochilas, “que fan falta” para todo o profesorado universitario. Reigosa. que cualificou de “incrible” o posicionamento das universidades españolas nos ránkings internacionais, en relación cos cartos recibidos, agradeceu tamén o traballo realizado polos membros da Crue en relación co Programa María Goyri.”Xogámonos moitísimo”, dixo o reitor, que confirmou o apoio total da Xunta a esta iniciativa do Goberno central, que permitirá “sumar máis prazas” e contrarrestar os efectos da LOSU coas rebaixas de horas docentes.

Grandes retos e un obxectivo

Pola súa banda, a vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica da UVigo destacou a importancia dun foro como a sectorial da Crue para poder intercambiar experiencias e poñer en común erros e acertos e asegurou que os retos que a LOSU pon por diante ás universidades, “non deben enredarnos en cuestións que non son ofrecer as mellores condicións de docencia ao alumnado cuns recursos limitados».

Adela Sánchez Moreiras incidiu na, que considera, incongruencia, da LOSU ao marcar a figura do axudante doutor como “peza clave” para a entrada na carreira académica e non obstante retirar a acreditación que lle outorgaba un selo de calidade. “Agora temos economistas que se presentan a prazas de fisiólogo vexetal”, dixo a vicerreitora, que lamentou que “agora nós teremos que facer ese filtrado, que supón máis traballo”. 

Detenida en Redondela una mujer tras desarticular un punto de venta de droga

0

Se incautraron efectos para la distribución de la droga y distintas cantidades de cocaína y marihuana, además de unos 3.000 euros en efectivo

La Policía Nacional detuvo en la localidad pontevedresa de Redondela a una mujer como presunta autora de un delito de tráfico de drogas, desarticulando así un punto negro de venta de estupefacientes en el centro del municipio.

Tal como informa dicho cuerpo de seguridad, la investigación, que contó con la colaboración de la Policía Local, comenzó a raíz de informaciones recibidas sobre un posible punto de venta de drogas, constatando más tarde que la autora del delito es una mujer que en su propio domicilio distribuía pequeñas cantidades a consumidores finales.

Así, se procedió a su detención y al posterior registro de su vivienda, incautando efectos para la distribución de la droga y distintas cantidades de cocaína y marihuana, además de unos 3.000 euros en efectivo. La detenida fue puesta a disposición del juzgado correspondiente.

A Deputación completa o reparto dos fondos do +Provincia cunha achega de 290.000 euros para que Nigrán execute as obras de saneamento e abastecemento na Carballeira

0

Luis López: “Con esta axuda temos repartido xa os 48,2 millóns de euros do +Provincia, o plan máis ambicioso da Deputación co que, ao longo deste ano, tendemos pontes cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia”

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 290.000 euros para que Nigrán impulse un novo investimento ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia. O presidente Luis López explicou que con esta axuda “temos repartido xa os 48,2 millóns de euros do +Provincia, o plan máis ambicioso da Deputación co que, ao longo deste ano, tendemos pontes cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia”.  

Con estes preto de 290.000 euros o Concello de Nigrán vai executar as obras da rede de saneamento e abastecemento no camiño da Carballeira, no núcleo de San Roque, en Camos. En concreto, dotaráselle dunha rede de saneamento a través dun colector que descorrerá ata a última vivenda, localizada no punto máis baixo da estrada, onde un pozo de impulsión bombeará as augas residuais ata a actual rede de saneamento na EP-2102, no cruce co torreiro de San Roque. Ademais, a proposta pasa por dotar ao camiño da Carballeira de rede subterránea de baixa tensión, o que permitirá eliminar o tendido aéreo nun futuro. Ademais, ensancharase e mellorarase o viario cun novo muro de contención e estendido de pavimento de formigón. “Estas obras súmanse ás aprobadas o venres pasado, cun importe de 300.000 € para mellorar a rede de saneamento e abastecemento na Pateira. Polo tanto, 600.000 € para Nigrán en tan só unha semana”, concluíu López.

A Deputación levará máis de 100 espectáculos a 49 concellos da provincia da man do circuíto cultural +Escénicas

0

Luis López: “Trátase dun programa moi demandado polo sector profesional. Por iso nós tiñamos claro que debiamos escoitalos e poñer en marcha unha iniciativa como +Escénicas, que recollese as súas demandas”

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno a programación de  +Escénicas,  o primeiro circuíto de teatro e danza posto en marcha desde a institución que chegará a 49 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia con 105 actuacións e un investimento de 145.000 euros. Trátase, tal e como explicou o presidente Luis López, dun circuíto “moi demandado polo sector profesional das artes escénicas. Por iso nós tiñamos claro que debiamos escoitalos e poñer en marcha unha iniciativa como +Escénicas, que recollese as súas demandas”.

En concreto, os concellos que se beneficiarán de +Escénicas  recibirán achegas que oscilan entre os 1.200 e os 3.400 euros para programar espectáculos entre outubro deste ano e marzo de 2025. Cada concello podía solicitar un máximo de tres espectáculos, de entre os 300 ofertados a través dun catálogo elaborado por vez primeira pola Deputación, cofinanciados en función do tamaño do concello. Desta maneira, a Deputación financia o 90 % do custo naqueles concellos de menos de 5.000 habitantes, o 80 %, nos de están entre 5.000 e 10.000 e o 70 %, nos que teñen entre 10.000 e 20.000. “A cultura é un dos nosos eixos prioritarios e queremos, e debemos, contribuír á programación cultural estable en todos os concellos da provincia, independentemente do seu tamaño, favorecendo así o acceso á cultura por parte de todos os públicos”, asegurou o presidente provincial.

El foro de desarrollo empresarial Vertical Summit contará con más de 30 ponentes como Marián Mouriño, Fran Murcia o Pepe Solla

0

El evento, que está impulsado por Diesemm y se celebrará el martes 15 de octubre en Vigo, reunirá a más de 100 empresas de toda Galicia que buscan generar negocio “de una forma diferente”

El próximo martes 15 de octubre el Hotel Attica21 de Vigo acogerá la I edición de Vertical Summit Galicia, un foro de desarrollo empresarial para el ecosistema empresarial gallego que pretende generar negocio, a través de “un modelo diferente” basado en “networking y sinergias reales” donde “todos, ponentes y asistentes, deben interactuar”.

La presidenta del RC Celta, Marián Mouriño; el ex jugador de baloncesto Fran Murcia, el chef Estrella Michelín Pepe Solla o el director general de Howden España y Portugal, Rubén Martínez, serán algunos de los ponentes que participarán en esta jornada que reunirá a más de 100 empresas de toda Galicia.

“Vertical nace de una frustración, ya que tras muchos años acudiendo a congresos como asistente, te das cuenta de que en la mayoría eres mero espectador y no tienes ni idea de quién es la persona que está sentada a tu lado”, señala su organizador, David Suárez, CEO de Diesemm. En este sentido, incide, en Vertical “es tan importante el ponente como el asistente, por eso, de forma disruptiva, hemos ido anunciando durante este mes previo también a los asistentes al evento a través de LinkedIn”.

Este congreso “disruptivo”, cuyo “fin único es que los participantes hagan negocio”, contará con la presencia de organizaciones como LinkedIn, Woman In Retail (WiR), Universidade de Vigo, KPMG Abogados, Fundación Juana de Vega, Empresarias Galicia, Clúster del E-Commerce de Galicia, Markea, COINTEGA, Clúster Galego da Industria do Deporte e do Benestar o Torres & Carrera.

“Será una jornada muy productiva y dinámica con ponencias y mesas redondas express donde vayamos al grano”. En este sentido, se hablará sobre emprendimiento y empresa “en diferentes ámbitos, que son nuestros verticales, como salud y deporte, gastronomía o moda”. Además, destaca, “tendremos, como todos los congresos marca Diesemm, el formato speakers corner, que permite a las organizaciones presentarse en un pitch de tan solo 5 minutos contando sus diferenciales, lo que resulta muy atractivo para los asistentes”. A cuatro días para el evento, quedan diez plazas disponibles. Se puede consultar el programa completo, los asistentes y comprar las entradas en: www.diesemm.com/vertical-summit-2024

Un Juzgado de Cambados forma un equipo con Portugal para investigar una presunta organización dedicada al tráfico de drogas

0

La intervención de Eurojust fue decisiva para la creación del equipo, que fue clave para agilizar la instrucción en ambos países

La magistrada del Juzgado de Instrucción número 4 de Cambados, en el marco de la denominada operación Ceira, decidió en enero de 2024 solicitar, dentro de Eurojust -la Agencia de la Unión Europea para la Cooperación Judicial Penal-, la creación de un Equipo Conjunto de Investigación (ECI) con Portugal para investigar una presunta organización criminal dedicada al tráfico de drogas y al contrabando de narcolanchas afincada en la provincia de Pontevedra y con nexos en el país luso.

Los ECI forman parte de las herramientas de cooperación internacional para hacer frente, dentro de la Unión Europea, a la delincuencia organizada transnacional, pues permiten el intercambio directo de elementos probatorios y de informaciones entre países.

Para formalizar la constitución del ECI fue necesario que la titular del Juzgado de Instrucción número 4 de Cambados y el fiscal antidroga de la Fiscalía de Pontevedra mantuviesen un encuentro en la sede de Eurojust con los magistrados de enlace españoles y portugueses, así como con autoridades judiciales portuguesas y miembros de las fuerzas y cuerpos de seguridad del Estado de cada uno de los dos países.

La intervención de Eurojust fue decisiva para la creación del equipo, que fue clave para agilizar la instrucción en ambos países de cada uno de los dos procedimientos relacionados con el tráfico de drogas. 

La magistrada instructora española y la fiscala portuguesa han acordado esta semana, tras el levantamiento del secreto de sumario en España, el cese del Equipo Conjunto de Investigación. Dentro de la operación, en la que intervinieron, de manera conjunta, agentes de la Policía Nacional, de la Guardia Civil y del Servicio de Vigilancia Aduanera, en la provincia de Pontevedra se practicaron la semana pasada una veintena de detenciones y se incautaron alrededor de 23 kilos de heroína. En las próximas semanas se decidirá sobre la transmisión del procedimiento portugués en favor de la jurisdicción española, algo a lo que no se ha opuesto la magistrada del Juzgado de Instrucción número 4 de Cambados.

A Deputación publica a resolución provisional da concesión de axudas a clubs deportivos que  participan en competicións oficiais de ámbito estatal

0

Ao abeiro deste apoio, 80 clubs de todas as disciplinas e modalidades deportivas  da provincia resultaron beneficiarias da convocatoria da subvención, 29 delas na cidade de Vigo cun investimento de 307.184 euros

A Deputación de Pontevedra publicou na tarde onte na súa web a resolución provisional da concesión de axudas a clubs deportivos que participan en competicións oficiais de ámbito estatal, tal e como anunciou a vicepresidenta Luisa Sánchez coincidindo cunha visita ao Rápido de Bouzas, que este ano incrementa a súa achega nun 39%, ata os 25.000 euros.

A responsable provincial, que tivo ocasión de reunirse coa directiva do club vigués e compartir xornada de adestramento cos equipos de infantís e alevín, aproveitou para pór en valor a aposta decida da Deputación de Pontevedra por dar un xiro ás políticas deportivas na provincia en aras dunha maior transparencia e equidade. Neste sentido, Luisa Sánchez incidiu en que as bases da citada orde de subvencións “corrixen desequilibrios que se viñan dando nas convocatorias anteriores, favorecendo un reparto máis ecuánime dos fondos provinciais, tal e como demandaban os propios clubs, e ponderando criterios como as licencias femininas, de deporte adaptado ou de base”.

Esta liña de achegas, que se outorgaron por concorrencia competitiva, está dotada con 900.000 euros, 50.000 euros máis que o pasado ano. Segundo indicou, ao abeiro deste apoio “80 clubs de todas as disciplinas e modalidades deportivas  da provincia resultaron beneficiarias da convocatoria da subvención, 29 delas na cidade de Vigo cun investimento de 307.184 euros”.

A vicepresidenta insistiu unha vez máis en que o deporte é pedra angular do Goberno provincial, “como motor de desenvolvemento económico e como potenciador turístico”. “A nosa provincia é un estadio deportivo natural que se presta a calquera disciplina deportiva, pero é que ademais contamos cunhas infraestruturas deportivas de primeirísimo nivel”, anotou, para engadir que “os nosos deportistas referénciannos no mundo colleitando os maiores éxitos, mentres que os nosos clubs e entidades traballan a diario para facer realidade todos estes logros”.

Tres niveis de competicións

O importe máximo destas subvencións oscila entre os 5.500 e os 35.000 euros, dependendo da modalidade deportiva e a competición oficial na que se participe, e, en todo caso, as axudas, non poden superar o 40% do orzamento presentado. Entre os gastos subvencionables atópanse os federativos, de competición e adestramento, os de persoal, os de material deportivo e os sanitarios. E os recursos distribúense en función de tres niveis de competicións e categorías.

Deste xeito, en canto á clasificación das competicións (que deben estar incluídas nos calendarios oficiais aprobados polas diferentes federacións para a tempada 2023/2024 ou par ao 2024), están as de nivel 1, nas que se engloban modalidades deportivas nas que a competición de categoría absoluta ou sénior se establece en forma de ligas por equipos (con 5 o máis deportistas na competición), con xornadas de ida e volta e con ascensos e descensos de nivel segundo o regulamento de competición. Dentro deste nivel sitúanse a LEB Oro e Liga Feminina Challenge (baloncesto), a 2ª RFEF Feminina (fútbol), a 2ª división nacional masculina (fútbol sala), a OK Liga feminina e masculina (hóckey sobre patines) e a Superliga feminina e masculina (voleibol), que reciben un máximo de 35.000 euros.

O tope está en 25.000 euros no caso da LEB Prata e Liga Feminina 2 (baloncesto), a División de prata masculina e División de honra oro feminino (balonmán), a 3ª RFEF masculina e feminina (fútbol); a 2ª división nacional B masculina e 2ª división nacional feminina (fútbol sala), a OK Liga prata feminina e masculina (hóckey sobre patíns), a Spanish Baseball League (béisbol), a Spanish Softball League (sóftbol), a División de honra feminina e masculina (rugby), a Superliga 2 feminina e masculina (voleibol) e a división de honra feminina e masculina (wáter-polo). Todas elas tamén de nivel 1.

E por último, tamén no nivel 1, cunha subvención máxima de 15.000 €, están os clubs cun equipo na EBA e 1ª nacional feminina (baloncesto), a 1ª división masculina e División de honra prata feminina (balonmán), a Liga nacional de béisbol 1ª división (béisbol), a División de honra xuvenil (fútbol) a 3ª división nacional masculina (fútbol sala), o OK Liga bronce feminina e masculina (hóckey sobre patíns), a Liga nacional de sóftbol masculino 1ª división (sóftbol), a División de honra B feminina e masculina (rugby), a 1ª división feminina e masculina (voleibol). Neste nivel 1 de competicións, para os clubs que conten cun segundo equipo de categoría estatal incrementarase o límite establecido en 5.000 euros.

No que respecta ao segundo nivel de competicións inclúense aquelas modalidades deportivas nas que a competición de categoría absoluta ou sénior se establece en formato liga por equipos, pero con 4 deportistas ou menos no espazo de competición, e con ascensos e descensos de nivel segundo o regulamento de competición. Neste caso, hai competicións que reciben un máximo de 10.000 euros, que son Primeira oro/Primeira prata (bádminton), División de honra (Billar), División de honra feminina e masculina (bowling), División de ouro -espada, sable ou florete- (esgrima), División de honra feminina e masculina (Tenis de mesa) e 1ª división da Liga Iberdrola GR e 2ª división da Liga Iberdrola GR. Ademais, os clubs que participen na Liga de clubs de primeira división feminina e masculina (atletismo), Primeira bronce (bádminton), 1ª división (billar), 1ª división masculina (bowling), División de prata –espada, sable ou florete- (esgrima), 1ª división de orientación a pé (orientación), 1ª división feminina e masculina (técnicas de mesa), Liga nacional de voleibol praia (voleibol praia) e ximnasia (3ª división da Liga Iberdrola GR), benefícianse dunha achega máxima de 5.000 euros

Por último, hai un terceiro nivel no que se engloban as modalidades deportivas nas que a competición de categoría absoluta ou sénior se establece en formato de ranking ou clasificación individual ou por equipos e que estean incluídas nun calendario oficial da tempada da que resulte a clasificación final. Neste caso, os clubs de ciclismo que participen na Copa de España en ruta elite/sub-23 reciben unha achega máxima de 20.000 euros, e os que o fagan en elite/sub-23 na modalidade de estrada, BTT, XCO ou XCM ou ciclocrós, de 10.000 euros.

La APV reúne al foro aduanero para promover la coordinación entre usuarios, autoridades y servicios de control en frontera

0

Durante el encuentro se analizaron las últimas novedades de los sistemas electrónicos y la reforma aduanera, el despacho europeo centralizado, y se puso sobre la mesa la posibilidad de que Vigo sea puerto piloto a nivel nacional a través de una herramienta propia para una logística eficiente en la inspección de contenedores

El Edificio de Sesiones de la Autoridad Portuaria de Vigo reunió esta mañana al Foro Aduanero del Puerto de Vigo. Un encuentro que estuvo presidido por el máximo responsable portuario, Carlos Botana, y el director de la terminal olívica, Leandro Melgar, que compartieron mesa junto a la subdirectora general de Gestión Aduanera, María González, la jefa de la Oficina Nacional de Gestión de Aduanas e Impuestos Especiales, Eva Mª Pedruelo, y el jefe de Área de Servicios a la Comunidad Portuaria de Puertos del Estado, Jaime Luezas, entre otros, además de una alta representación de la AEAT, así como de diversos Ministerios (Transportes, Sanidad, Agricultura y Pesca, Comercio y Administraciones Públicas), Coordinación del PCF, Sanidad Exterior, Vegetal, Animal y SOIVRE, y responsables de asociaciones empresariales del sector logístico aduanero y de las empresas que, por su volumen y tipo de operaciones, interactúan con más frecuencia con los organismos paraaduaneros y aduaneros.

Entre los temas que se pusieron sobre la mesa durante el encuentro, se analizaron, junto a la Comunidad Portuaria, las últimas novedades de los sistemas electrónicos y la reforma aduanera, el despacho europeo centralizado, y la posibilidad de que Vigo sea puerto piloto a nivel nacional a través de una herramienta propia, el VUA Port, para lograr una logística eficiente en la inspección de contenedores.

Antecedentes

El Foro Aduanero del Puerto de Vigo se constituyó el pasado 20 de marzo con el objetivo de promover la coordinación entre los usuarios del puerto y las autoridades aduaneras, así como con los servicios de control en frontera, intercambiando información de las nuevas iniciativas de las Administraciones en materia de comercio exterior y de la búsqueda de soluciones a las incidencias y disfunciones que surgen en la operativa ordinaria de importación y exportación a través del Puerto de Vigo. Durante el transcurso de esta primera reunión, se produjo una comunicación fluida y muy útil entre los intervinientes, planteándose diversas novedades en asuntos como horarios y nueva coordinación del despacho aduanero, reconocimientos físicos de las partidas, gestión del escáner de contenedores o diseño e implantación de VUAPORT, una herramienta de gestión de las inspecciones en frontera. Asimismo, las asociaciones y agencias de aduanas y transitarias presentes pudieron plantear una serie de cuestiones concretas de su gestión ordinaria de las tramitaciones en frontera.