Caballero se reúne con directivos de Air Nostrum para analizar el estado de las operaciones de la compañía en Vigo

0

Esta mañana, el alcalde de Vigo, Abel Caballero, tuvo una reunión con Antonio de Nó, Director de Comunicación y Relaciones Institucionales de Air Nostrum y Juan Corral, Director Comercial de la compañía.

En esta reunión trataron la situación de las actuales rutas que tiene la operadora en el aeropuerto de Peinador, conectando Vigo con: Lanzarote; Las Palmas; Ibiza; Menorca; Palma de Mallorca; Alicante; Valencia; Santander; Málaga; Sevilla y Bilbao. El regidor destacó en la rueda de prensa que “estas operaciones están en Vigo porque el Ayuntamiento los paga”, a la vez que se suman nuevos vuelos que operan porque observan la actual relevancia de la ciudad como destino de mercado.

Fernández-Tapias lamenta que as obras do HALO retrasen aínda máis a apertura da estación de autobuses intermodal de Vigo

0

A delegada territorial da Xunta en Vigo sinala que na comisión de seguimento se constatou que estas actuacións sobre os viais recentemente asfaltados interfiren nos accesos á terminal, o que fai inviable a súa apertura como mínimo ata novembro

Asemade, indica que o Ministerio de Transportes non contempla un permiso de apertura parcial e reclama completar a obra dos accesos para autorizar o seu uso

O Goberno galego mantense á espera de que o Concello acredite ter rematados os accesos e solicitada a autorización imprescindible do Ministerio para o seu uso

A representante autonómica recalca que sen esa confirmación a Xunta non pode activar os traballos para o traslado da actividade da estación de autobuses

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, vén de informar que as obras do Halo, o ascensor de 50 metros que o Concello proxecta entre Serafín Avendaño e Vía Norte, retrasarán aínda máis a apertura da estación de autobuses intermodal.

Neste sentido, sinalou que a comisión de seguimento do convenio constatou na seu último encontro que estas actuacións sobre os viais recentemente asfaltados interfiren directamente nos accesos da terminal. Asemade, indicou que na devandita reunión  informouse que os técnicos do Ministerio de Transportes só autorizaron a apertura do conxunto das obras, non planeándose autorizar escenarios intermedios. 

“A información que nos trasladan é que mentres que os accesos non se completen non se poderá abrir a estación”, asegurou a representante autonómica, ao tempo no que anotou que “o Ministerio non contempla en ningún caso un permiso de apertura parcial”.

Deste modo, Fernández-Tapias, quen recordou que o Goberno galego ten rematada a estación e os accesos de competencia autonómica desde o pasado 10 de xuño, exixiu axilidade ao Concello vigués para que a apertura desta infraestrutura non se demore máis no tempo. “Despois de investir 18 millóns de euros o que está a desexar a Xunta é poder poñer ao servizo dos cidadáns, e canto antes, esta estación”, incidiu.

Paralelamente, o Executivo autonómico mantense á espera de que o Concello acredite oficialmente que ten rematados os accesos e solicitada a autorización imprescindible para o seu uso, así como o plan de seguridade necesario para os túneles. Unha tramitación que, insistiu Fernández-Tapias, correspóndelle á Administración local como   responsable das obras. 

“Sen esta confirmación a Xunta non pode activar os traballos para o traslado da actividade da estación de autobuses, que inclúe un complexo proceso de información aos concesionarios e usuarios e precisa dunha antelación suficiente, estimada nun mes”, abundou a representante do Goberno galego na cidade. Fernández-Tapias se referiu tamén á carta que lle enviou ao alcalde o pasado 28 de agosto e na que lle pedía “responsabilidade, certezas e concreción” nas datas e na achega da documentación para evitar maior confusión aos usuarios, que deben dispoñer de toda a información sobre o cambio dos servizos de estación con tempo suficiente. Segundo dixo, “a data de hoxe seguimos sen resposta por parte do Goberno local”.

O Son do Pazo volve traer a Mos o 2 e o 3 de setembro a mellor música da escena folk e tradicional

0

Caldo y Os Rabizos, Xurxo Fernandes, Caamaño&Ameixeiras ou Ailá son algúns dos grupos incluídos no cartel deste ano

O sábado haberá sesión vermú con Pakolas e Abril e pola tarde, obradoiro de baile da man de Xabi Iglesias antes dos concertos

O Festival Intercéltico O Son do Pazo recupera, na súa sétima edición, o seu formato habitual na contorna do Pazo de Mos. Tras unha edición condicionada polas restricións sanitarias en 2021, este ano o acceso ao recinto volverá ser libre e gratuíto para todo o público, que poderá gozar da música de bandas e artistas de referencia da escena folk e “tradi” actual. A música empezará a soar o venres 2 de setembro, ás dez da noite, da man da banda de gaitas anfitrioa, Airiños do Castelo, que dará paso as actuacións de Faíscas da Pontraga e Caldo y Os Rabizos, unha banda procedente do occidente asturiano que traerá a Mos o repertorio tradicional das terras do Eo-Navia.

O sábado 3 de setembro a festa prolongarase durante toda a xornada cunha programación pensada para todas as idades. A mediodía, en horario de sesión vermú, o público infantil terá a oportunidade de cantar e bailar co espectáculo de Pakolas e Abril levará a súa música á carpa do festival. A organización ofrecerá a posibilidade de xantar no propio recinto e a partir das 16:30 horas, Os Charangaitos encargaranse de amenizar a sobremesa. O seu pasarrúas precederá ao obradoiro de baile tradicional, aberto á participación de todas as persoas interesadas, que nesta ocasión dirixirá o mestre lucense Xabi Iglesias. Xa pola noite, a música volverá ao escenario principal do Son do Pazo, polo que pasarán a banda de gaitas de Herville, o dúo Caamaño&Ameixeiras, Xurxo Fernandes co seu espectáculo ‘Levaino!’ e Ailá, que se encargarán de pechar a festa por todo o alto co seu repertorio bailable e animado.

Entidades colaboradoras

Na presentación do evento, xunto á comisión organizadora, formada por membros da directiva do Centro Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos e compoñentes do grupo de baile e a banda de gaitas Airiños do Castelo, participaron ademais representantes das distintas institucións e entidades patrocinadoras. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, agradeceu na súa intervención a colaboración da Xunta de Galicia e AGADIC e a responsable da área de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, reiterou o compromiso do ente provincial coa organización do evento. O acto contou, ademais, coa participación de responsables da Comunidade de Montes e a Fundación Pazo de Mos, cuxa axuda é imprescindible para a celebración do Son do Pazo.

El área de Vigo registra 454 casos activos por Covid, dos menos que ayer

0

Durante las últimas 24 horas se realizaron 223 pruebas diagnósticas que arrojaron 29 positivos (13%), se contabilizaron 19 curaciones y hubo que lamentar una víctima mortal

En estos momentos hay 4 hospitalizados en UCI (+1) y 36 ingresados en planta (-3)

La incidencia acumulada en Vigo a siete días baja a 42 casos por cada 100.000 habitante, siete menos que en la víspera

El área sanitaria de Vigo continúa reduciendo casos activos por Covid. Así, y tras otra jornada de descenso, el total de contagios localizados en la comarca se sitúa en los 454, lo que supone dos menos que ayer.

La cifra se alcanza después de que durante las últimas 24 horas se realizasen 223 pruebas diagnósticas que arrojaron 29 positivos (13%), se contabilizasen 19 curaciones y hubiese que lamentar una víctima mortal.

Por su parte, la presión asistencial empeora en las UCI, que atienden 4 casos (+1), y mejora en planta, con 36 hospitalizados (-3). Asimismo, la incidencia acumulada a siete días en Vigo desciende hasta los 42 casos por cada 100.000 habitantes, siete menos que en la víspera.

Galicia, por su parte, registra hoy 45 casos activos más que ayer, lo que sitúa el total de contagios localizados en los 3.166.

Del total de pacientes positivos, 12 están en UCI y 295 en unidades de hospitalización. Por ahora, en Galicia hay un total de 664.228 personas curadas, registrándose 3.843 fallecimientos

El juzgado de lo Mercantil con sede en Vigo avala la política de equipaje de cabina de Ryanair

0

La magistrada, de acuerdo con la jurisprudencia del TJUE y del Tribunal Supremo, rechaza la demanda presentada por dos pasajeros a los que la aerolínea les cobró por superar el límite de volumen contratado

El Juzgado de lo Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, avala en una sentencia la política de equipaje de cabina de Ryanair. En la resolución, ha desestimado la demanda presentada por dos pasajeros a los que la aerolínea cobró 91,98 euros por transportar bultos de mayor tamaño del contratado en septiembre de 2021 en un vuelo entre Ponta Delgada y Oporto. Los demandantes, según consta en el fallo, pagaron por un servicio adicional a la tarifa estándar (que solo permite un bolso de mano de determinadas dimensiones) para poder transportar en cabina dos bultos: un bolso de mano y una maleta de hasta 10 kilos de 55x40x20 cm. Sin embargo, los clientes de Ryanair, según la sentencia, portaban bultos que superaban el volumen que habían contratado, por lo que fueron requeridos por el personal de la compañía aérea al embarcar para que abonasen 91,98 euros.

“No consta que se haya exigido a los pasajeros el pago de un suplemento por no facturar su equipaje de mano, entendiendo por tal aquel que no supere las dimensiones señaladas por la compañía aérea”, explica la jueza, al tiempo que subraya que la empresa “no impone a los pasajeros la obligación de facturar todo su equipaje, sino que permite el viaje con un equipaje de mano en cabina sin coste adicional”.  

A la hora de emitir la sentencia, la magistrada ha tenido en cuenta la doctrina jurisprudencial emanada de la sentencia del Tribunal de Justicia de la Unión Europea (TJUE) de 18 de septiembre de 2014, en la que asegura que el equipaje de cabina “no puede ser objeto de un suplemento de precio, siempre y cuando responda a las exigencias razonables relativas a su peso y dimensiones y cumpla con los requisitos de seguridad aplicables”. Además, la magistrada del Juzgado de lo Mercantil número 3 de Pontevedra, destaca que el fallo del Tribunal Supremo de 7 de julio de 2021 también consideró que los cargos adicionales establecidos en el condicionado de Ryanair por equipaje facturado son “una cláusula que está amparada por la libertad de fijación del precio del transporte de pasajero y las condiciones de las que disfruta el transportista aéreo”. Por lo que el alto tribunal decretó que esa cláusula “no infringe la normativa protectora de los consumidores”.

“La exigencia de ese suplemento de facturación por equipaje, al tiempo del embarque, responde a razones lógicas y objetivas valorables en atención a su tamaño, peso y dimensión. La parte actora no ha acreditado que su equipaje de mano cumpliera con las dimensiones exigidas por la compañía”, recalca la magistrada del Juzgado de lo Mercantil número 3 de Pontevedra, quien destaca que “no cabe exigir a las compañías aéreas, pues excedería de lo razonable, que no limiten a los pasajeros el equipaje de mano, pues son las propias dimensiones de la cabina del avión y la carga máxima de este las que conllevan la necesidad de fijar un límite”.

Además, la jueza indica que “no puede haber abusividad”, desde la perspectiva de que el servicio y la tarifa “no es impuesta, sino libremente aceptada”. Así, señala que el servicio es “real y añadido (no limitativo) al derecho del viajero a transportar gratuitamente un bulto como equipaje de mano”, al tiempo que afirma que ese servicio añadido “opera como compensación (reciprocidad) por el abaratamiento de las tarifas que aplican las compañías, fundamentalmente las denominadas low cost o de bajo coste”, de forma que el usuario “puede viajar a un precio muy inferior al normal en otras condiciones y con el derecho a portar un equipaje de mano dentro de los límites de lo razonable (e indispensable) u optar por servicios adicionales, entre los que se incluye el que nos ocupa, la facturación de maletas , clase preferente….etc.”. Por todo ello, la magistrada ha decretado que no procede la estimación de la demanda que los dos viajeros presentaron en Vigo por ser su ciudad de residencia. Contra la sentencia no cabe presentar recurso.

Leiva no defrauda

0

Miles de personas abarrotan el Auditorio de Castrelos para disfrutar del concierto del músico madrileño

Una noche más, el Auditorio de Castrelos se llenó para disfrutar, en esta ocasión, de los grandes exponentes del pop rock español: Leiva.

A sus 41 años, el músico acaba de conseguir el disco de oro con su nuevo trabajo y agotó el papel en el doble concierto del Wizink Centre de Madrid. «Cuando te muerdes el labio» es su quinto disco de estudio y encabezó la lista de ventas de álbums de España, englobando tanto las reproducciones en “streaming” como las unidades vendidas de los formatos físicos. Además, en su primera semana de publicación, también logró situarse en el primero puesto de la lista de ventas de formato vinilo.

Con una carrera musical de más de 22, Leiva compuso la letra y música de todas sus obras. Fue produtor de muchas de sus grabaciones y destaca con esta faceta en discos tan aclamados como «Lo niego todo» de Joaquín Sabina, o 11 del argentino Abel Pintos.

O goberno local solicita fondos europeos para a rampla mecánica en Escultor Gregorio Fernández

0

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o proxecto de musealización das galerías e a posta en valor da fortaleza de O Castro

Abel Caballero deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno entre os que destacou a participación do Concello na convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España para a solicitude de fondos para a rampla mecánica na rúa Escultor Gregorio Fernández.

O orzamento para a mecanización da rúa é de 2.443.924,27 euros, dos que solicítanse 1.955.139,42 na convocatoria de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas e que o Concello presentou o proxecto para a zona que vai de Vialia á Cidade da Xustiza.

Tal e como informou o rexedor, no proxecto figuran 5 ramplas: “Supón rematar un correo mecánico que vai desde o mar hasta a zona de San Roque. Coa rampla de Serafín Avendaño, o HALO, a actuación en Gregorio Fernández e San Salvador estamos a salvar case 90 metros de altura”.

O 9 de agosto comeza a construción do HALO

0

Abel Caballero anunciou que no mes de novembro estará operativo todo o nodo de comunicacións dos accesos a Vigo tras o remate do túnel de Lepanto

O martes 9 de agosto comeza a construción do HALO coa colocación da primeira pedra e ten un prazo de execución ata o 31 de decembro de 2023. Abel Caballero presentou o proxecto de construción en rolda de prensa e subliñou que a obra require “moita planificación e coordinación porque é moi complexa técnicamente”.

O alcalde anunciou que no mes de novembro estará operativo o nodo de comunicacións de entrada e saída de Vigo tras rematar as obras do túnel de Lepanto: “Están rematados os accesos á estación de autobuses, que xa podería estar en funcionamento se a Xunta tivera solicitado o traslado, pero queda por finalizar os traballos na saída de Lepanto á autopista e os accesos ao parking de Vialia”, explicou.

Caballero avanzou que a partir de xaneiro poderían comezar cortes provisionais de tráfico para a construción dos pilotes que levante a estrutura e subliñou que “a estación de autobuses non terá nin un so corte total”.

O HALO ten un orzamento de cerca de 13 millóns de euros, dos cales 6 son fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España. O ascensor, xa referente como obra arquitectónica, terá 50 metros de alto e un diámetro: “O Halo é unha das grandes obras da historia da cidade de Vigo. Vai ser un fito, unha forma de entender a mobilidade, a mobilidade e esta cidade”, explicou Caballero.

Fernández-Tapias anuncia medidas de aforro enerxético coa instalación de placas fotovoltaicas nos centros educativos

0

A delegada territorial da Xunta informou hoxe nunha visita ao CEE Saladino Cortizo da licitación dun paquete de obras encamiñadas á redución do consumo 

No caso deste centro escolar de Educación Especial, os traballos consistirán na instalación destas fontes renovables, a substitución das luminarias, a reforma da casa do conserxe, a adaptación dun aseo e a construción dun patio inclusivo

O Goberno galego foi pioneiro na posta en marcha dun Plan  de Nova Arquitectura Pedagóxica que contempla accións específicas para acadar espazos máis sostibles e cunha maior calidade ambiental, reducindo o consumo e mellorando o confort

A delegada territorial da Xunta en Vigo achegouse hoxe ata o CEE Saladino Cortizo, un dos centros de Educación Especial aos que a Xunta de Galicia dálle un novo impulso ao aforro enerxético coa licitación das obras para a dotación de instalacións solares fotovoltaicas.

Durante a visita, na que estivo acompañada polo xefe territorial da Consellería de  Cultura, Educación, FP e Universidade, César Pérez Ares, e parte da directiva do centro educativo, Fernández-Tapias cifrou en preto de 77.000 euros as inversións previstas polo Goberno galego no CEE Saladino Cortizo. Así, detallou que á instalación destas fontes renovables se suma a substitución de luminarias, a reforma da antiga casa do conserxe, a adaptación dun aseo e a construción dun patio inclusivo.

Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego que senta os piares para a construción e reforma dos centros educativos nos vindeiros anos con espazos máis sostibles e cunha maior calidade ambiental. De feito, do total de 191M€ de orzamento do Plan, o 40,5% (77,5M€) están destinados a actuacións de sostibilidade e eficiencia enerxética.

Segundo destacou Fernández-Tapias, con este tipo de accións o Executivo autonómico “contribúe a avanzar na transición enerxética apostando por novas enerxías máis eficientes, á vez que trata de paliar os efectos da suba de prezos enerxéticos e de combustibles, agravados polo conflito en Ucraína”. “Na liña -dixo- das directrices de aforro acordadas por Bruselas para facer fronte á crise enerxética”.

Asemade, a delegada territorial referiuse a outras actuacións con este mesmo fin como as reformas enerxéticas e as rehabilitacións integrais en colexios e institutos, caso do IES Santa Irene, o IES San Toméde Freixeiro ou o Conservatorio Superior de Música en Vigo, e a instalación de centrais térmicas de biomasa. Así pois, avánzase no impulso á renovación das instalacións públicas a través da redución do impacto medioambiental acadando sistemas máis eficientes desde o punto de vista enerxético, ao tempo que se promove unha cultura de respecto ao medio entre o alumnado, todo ilo encamiñado cara unha Galicia máis verde.

O BNG alerta de que Vigo non conta desde xuño co número mínimo de bombeiros en plena vaga de calor e incendios

0

A fronte nacionalista acusa ao goberno de Abel Caballero de provocar un contexto de inseguridade por non dotar de efectivos suficientes ao corpo, que non dispuxo nin un só día dos 20 bombeiros fixados para garantir o operativo

Denuncia que, cinco anos despois dos graves lumes que asolaron a cidade, nin Concello nin Xunta teñan posto ningún recurso para despregar o prometido anel verde

Xabier P. Igrexas: “Esta situación débese á nefasta xestión do Goberno municipal que ten que motivar explicacións urxentes e, sobre todo, a adopción de medidas inmediatas”

O Bloque Nacionalista Galego alerta de que Vigo non conta desde xuño co número mínimo de bombeiros para garantir a seguridade en plena vaga de calor e incendios que arrasan en toda Galiza. A fronte nacionalista acusa desta situación á “nefasta” xestión do goberno de Abel Caballero, que se traduce en que moitos días do verán o corpo de emerxencias apenas contou con entre 12 e 14 bombeiros por xornada.

“Vigo non dispuxo nin un só día dos 20 bombeiros que se establecen como mínimo para o operativo que ten que garantir a seguridade de todas as viguesas e vigueses”, advertiu o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en base a datos contrastados aos que tivo acceso a fronte nacionalista.

Igrexas reclamou explicacións “urxentes” do Goberno municipal, así como a adopción de medidas “inmediatas” por parte da responsábel da área de Seguridade, Elena Espinosa, diante do contexto de vaga de calor e dos incendios que arrasan nestes días o conxunto do territorio galego. Nese sentido, o edil nacionalista lamentou que as distintas administracións non teñan aprendido “nada” despois da experiencia “nefasta” dos lumes de 2017 na cidade.

Así, o concelleiro do BNG denunciou que as comunidades de montes locais seguen sen dispoñer dos recursos necesarios para protexer os espazos naturais da cidade pola falta de apoio tanto do Concello de Vigo como da Xunta de Galiza. “A estas alturas do ano 2022, e cinco anos despois dos graves lumes, non se avanzou nin un só metro do prometido anel verde”, recriminou.

O edil nacionalista chamou ao goberno de Abel Caballero a actuar con “responsabilidade e axilidade” para reforzar o corpo co número suficiente de efectivos. “É urxente garantir a seguridade en Vigo, singularmente, nos seus montes diante do risco crecente dos lumes”.