Nueva oportunidad de adquirir reservas para el concierto de Pablo López

0

Las reservas de asientos se podrán comprar online el jueves 20 de julio a través de www.vigoenfestas.com desde las 9:30 horas hasta agotar existencias

El Ayuntamiento abre la taquilla online el jueves 20 de julio a partir de las 9:30 horas para la venta de reservas en el auditorio del concierto de Pablo López en Castrelos. Los pases estarán disponibles hasta fin de existencias a través de www.vigoenfestas.com.

Pablo López saltó a la fama como concursante de Operación Triunfo 2008 y es uno de los entrenadores habituales del programa La Voz. Obtuvo el Disco de Platino en 2015 con «El mundo y los amantes inocentes» y el Doble Doble Disco de Platino, al vender más de 80.000 discos, en 2017 con el disco «Camino, fuego y libertad». Además del éxito de su primer sencillo «Vi», del disco «Once historias y un piano» se convirtió en Disco de Oro en España en 2013, galardón que repite en 2020 con el disco «Unicornio, once millones de versos después de ti».

Acumula varios premios de «Los 40 Music Awards» y Cadena Dial, así como una nominación a los Latin Grammys. A finales de 2022 lanzará el single «Quasi», en el que podremos disfrutar en Castrelos de su apuesta por una base electrónica que fusiona con su talento al piano.

Abel Caballero anuncia un incremento do 69% na achega ao Banco de Alimentos de Vigo

0

Tamén subirá as aportacións aos comedores sociais da cidade en 61.000 euros

O Calvario acolleu esta mañá un mitin do presidente do PSdeG de Vigo, Abel Caballero, no que expresou a importancia do voto a Pedro Sánchez e o PSOE para a cidade. O presidente do PSdeG de Vigo anunciou unha suba de 37.000 euros ao Banco de Alimentos de Vigo “que está a pasar un momento de seria dificultade”, explicou ante a cidadanía.

Deste xeito, o Banco de Alimentos de Vigo pasará de recibir unha subvención para a atención aos máis vulnerables de 83.000 euros a 120.000 euros. O mesmo ocorrerá cos comedores sociais da cidade, que verán incrementado en 50 céntimos cada menú, o que significa 61.000 euros máis que na actualidade.

“As persoas que máis o necesitan teñen o Ingreso Mínimo Vital do Goberno de España, compatible coas axudas municipais de emerxencia. Non ocorre o mesmo coa RISGA da Xunta de Galicia”, lamentou Caballero. Tamén subliñou a protección aos maiores coa suba das pensións nun 8,5%, mentres que cando gobernaba o Partido Popular subían un 0,25%. Abel Caballero pediu o voto para Pedro Sánchez “porque se porta ben coa cidade e imos a seguir facendo Vigo xuntos”. O dirixente socialista explicou que co actual Goberno de España Vigo está a avanzar en infraestruturas estratéxicas como a liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo, a saída sur ferroviaria cara ao Porto, a Biblioteca do Estado e a autovía en túnel a Porriño.

Filoloxía e Tradución será a vindeira semana punto de encontro para máis de 130 docentes de español de múltiples nacionalidades

0

Coa celebración do LVII Congreso Internacional da Asociación Europea de Profesores de Español

Presentaranse arredor dun cento de comunicacións sobre os principais retos e desafíos deste idioma

Máis de 130 docentes chegados de todo o mundo -80 de xeito presencial e 50 a través do Campus Remoto- van participar a vindeira semana en Vigo no LVII Congreso Internacional AEPE,  a Asociación Europea de Profesores de Español, un encontro que se celebrará do 24 ao 28 de xullo na Facultade de Filoloxía e Tradución e que, nesta ocasión, se centrará en analizar os principais retos e desafíos aos que se enfronta este idioma na era da pospandemia, desde o ensino do español na infancia e adolescencia ata a ensinanza-aprendizaxe de Español como Lingua Estranxeira no ámbito universitario, pasando pola presentación de múltiples estudos sobre lingüística computacional e forense, literatura e xénero, sostibilidade ou tradución automática.

“Para o noso centro organizar esta xuntanza é unha oportunidade magnífica e todo un desafío”, explica o decano José Montero, principal cabeza visible dun comité organizador do que tamén forman parte as profesoras Inmaculada Anaya, Helena Cortés e Montserrat Ribao, xunto co profesor Miguel Cuevas e a investigadora Rocío Hernández. “Ter reunidos a unha parte moi importante dos estudosos da ensinanza do español como lingua estranxeira na FFT supón que o noso centro poida ser coñecido por todo o mundo”, salientou Montero, quen se amosou convencido de que a celebración do congreso neste centro suporá unha difusión extraordinaria que pode ser de grande axuda para varias cousas: captación de alumnado internacional, contactos con outras universidades, apertura de convenios, etc. “Por outra banda, é un desafío no que amosaremos a nosa capacidade de organización e as nosas fortalezas como centro de referencia nos estudos de lingua e literatura españolas no mundo”, recalcou o decano, quen foi o principal enlace entre AEPE e a Universidade de Vigo. “Desde a asociación coñecían a miña traxectoria como docente e investigador, o meu percorrido por moitas universidades do estranxeiro e as colaboracións feitas para o Instituto Cervantes”, aclara o decano”.

Nove liñas temáticas e máis dun cento de comunicacións

O congreso, que o ano pasado se celebrou na cidade xienense de Úbeda, pretende ser un punto de encontro entre as persoas interesadas na ensinanza do español, investigadores, especialistas e académicos. Trátase, tal e como explican na web do encontro, de compartir experiencias e novas ideas, algunhas froito das prácticas durante a pandemia, así como os resultados das investigacións máis recentes en torno á lingua, a literatura, a cultura e a tradución da lingua española.

A cita está estruturada en nove liñas temáticas: estudos sobre lingüística e investigacións interdisciplinares; investigacións sobre cultura e literatura; tradución literaria e outras traducións; ensinanza da cultura, a historia, a literatura, a tradución na aula de español como L1/L2 o LE como lingua de herdanza; as TIC e a ensinanza da lingua; o docente de ELE na era dixital; o ensino de español para nenos e adolescentes;  a ensinanza-aprendizaxede ELE no ámbito universitario e a ensinanza de español para fins específicos.

A apertura do encontro será o vindeiro luns ás 10.30 horas e contará coa participación da vicerreitora de Internacionalización, Maribel del Pozo; o alcalde Vigo, Abel Caballero; o presidente da AEPE, Pablo Deza, e o decano da facultade, José Montero. Será o arranque dun intenso programa no que se presentarán máis dun cento de comunicacións e cuxa conferencia inaugural correrá a cargo  da profesora da Universidad de Extremadura Marisa Montero Curiel, que estará centrada na creatividade léxica como recurso de humor verbal.

Ao longo de toda a semana -á excepción do festivo, xornada na que hai prevista unha excursión polas Rías Baixas- celebraranse múltiples actividades nos diferentes espazos da facultade. As sesións plenarias serán no salón de actos e as aulas acollerán de xeito simultáneo as diferentes charlas e talleres. Contarase como conferenciantes plenarios, a maiores de Montero Curiel, coa profesora da Universidad de Sevilla Catalina Fuentes Rodríguez; Alexia Dotras Bravo, do Instituto Politécnico de Bragança, así como do profesor da Universidade de Vigo José Yuste.

Unha cita con máis de medio século de historia

O I Coloquio da AEPE celebrouse en Estrasburgo en outubro de 1969 e nel participaron arredor dun cento de socios. Desde entón pasou máis de medio século e a día de hoxe a asociación está composta por uns 400 docentes de español de arredor de 40 países de todo o mundo (Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Canadá, China, Corea, Francia, India, Italia, Xapón…).

 Nestes anos o encontro ten viaxado por medio mundo, desde múltiples cidades de España ata países tan diversos  como México, Arxentina, Perú, Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Guinea Ecuatorial, Italia, Xapón, Marrocos…

Ana Pastor asegura que o PP aposta pola seguridade xurídica, a creación de emprego e a captación de investimento

0

Recorda que o Banco de España advirte que hai máis de 1,6 millóns de familias españolas que non poden cubrir os gastos elementais do día a día

Enumerou todos os agravios de Sánchez a Redondela nos últimos cinco anos

A cabeza de lista do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor,  explicou esta mañá as propostas económicas dos populares ante o tecido empresarial de Redondela e doutros concellos da comarca, nun almorzo no que tamén participaron a responsable de Economía do Goberno galego, María Jesús Lorenzana, as candidatas ao Congreso e ao Senado, Irene Garrido e Nidia Arévalo, e o presidente local, Javier Bas.

As populares subliñaron que o programa de Núñez Feijóo aposta pola seguridade xurídica, a creación de emprego e a captación de investimento como elementos clave. “Cremos que a xeración de oportunidades e a creación de emprego son as bases dunha sociedade do benestar sostible no tempo, que debe ter ás persoas no centro da súa acción política e manter a medio e longo prazo uns servizos sociais de calidade”, defendeu Ana Pastor. Nesta liña, denunciou que “as políticas do Goberno empobreceron como nunca ás familias españolas, que son as que máis poder adquisitivo perderon. Por iso, nin España nin a nosa poden permitirse catro anos máis de sanchismo”. Así, tomou como dato as advertencias do Banco de España, que indican que hai máis de 1,6 millóns de familias españolas que non poden cubrir os gastos elementais do día a día.

Pastor apostou por gobernar de xeito responsable, rigoroso e transparente, “como Feijóo xa ten demostrado no Goberno galego”, e explicou as medidas coas que o PP pretende cambiar a situación: medidas centradas en facer unha política fiscal axeitada, mudar unhas contas que tenden ao déficit e á débeda constante así como reverter as subas de impostos para aliviar as cargas que soportan os fogares. Así, inclúen a modificación do sistema fiscal para as familias con rendas medias e baixas, deflactar a tarifa do IRPF e facilitar que os fogares con menos recursos poidan consumir peixe, carne e conservas, para as que prevén reducir o IVE. “Pensamos que onde mellor está o diñeiro é no bolsillo da cidadanía, e estas políticas contribúen a dinamizar a economía”, engadiu.

Con respecto aos fondos europeos, apostan por “unha maior transparencia na asignación de recursos porque son un instrumento clave para impulsar a transformación e é importante que cheguen ás nosas empresas e á sociedade”. Neste senso, denunciou que “mentres xa se concederon axudas directas á industria doutras comunidades autónomas afíns ao sanchismo, en Galicia seguimos esperando polos fondos europeos”.

Pastor tamén se referiu á simplificación administrativa, “para eliminar a burocracia, evitar duplicidades e facilitar a tramitación, para fomentar o emprendemento e apoiar aos autónomos e pemes”, a un plan de reindustrialización, para dotar ás empresas dos recursos necesarias para facelas máis competitivas. Por último, recordou os “agravios” do Goberno de Pedro Sánchez con Redondela, e denunciou que as 15 emendas que o PP presentou aos orzamentos xerais en 2022, con investimentos superiores aos 10 millóns de euros, os socialistas rexeitaron todas. Así, puxo como exemplos o incumprimento coa supresión da peaxe en Rande, a rexeneración da praia de Cesantes, mellora da seguridade viaria na avenida da Estación, a construción da senda peonil no viaduto de Redondela, mellora da seguridade viaria en varias estradas nacionais ou a creación dun terceiro distrito na Comisaría de Vigo-Redondela.

La Xunta habilita una línea de autobús para facilitar el acceso al Atlantic Fest los próximos 21, 22 y 23 de julio

0

Los usuarios dispondrán de 3 expediciones de ida desde la estación a O Campanario el viernes 21 y otras 2 el sábado 22, además de 2 expediciones de vuelta desde O Campanario hasta la estación al cierre del festival, el domingo 23

La Xunta, a través de la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, habilitará una línea de transporte público con motivo de la celebración del Atlantic Fest, con una parada en la zona de acampada, en el lugar de O Campanario, en Vilagarcía de Arousa. 

La nueva línea, estación de autobuses de Vilagarcía-O Campanario (Atlantic Fest), facilitará los desplazamientos de los asistentes durante la celebración del festival, esto es, desde este viernes día 21 hasta el domingo 23 de julio, prolongando el recorrido de la conexión Pontevedra-Vilagarcía de Arousa. 

Este servicio directo, de tan sólo 10 minutos de duración, dispondrá de 7 expediciones: 5 de ida, distribuidas entre el viernes y el sábado 22; y 2 de vuelta, al cierre del festival, el domingo 23 de julio. 

Así, las expediciones de ida saldrán el viernes 21 de julio de la estación de autobuses de Vilagarcía a las 14,55, 16,55 y 20,55 horas y llegarán a O Campanario a las 15,05, 17,05 y a las 21,05 horas, respectivamente. 

El segundo día del evento, el sábado 23 de julio, se activarán dos servicios de ida con salida de la estación de autobuses a las 09,50 y 13,50 horas, con llegada a O Campanario a las 10,00 y 14,00 horas, respectivamente.  

Para el regreso, se habilitarán 2 servicios con salidas desde O Campanario a las 08,05 y 11,50 horas con hora aproximada de llegada a la estación de autobuses de Vilagarcía a las 08,15 horas y 12,00 horas, respectivamente.  

Con esta línea adicional, la Xunta da servicio y atiende los desplazamientos de los asistentes del Atlantic Fest, un evento de referencia que reúne a distintos artistas para el disfrute de la juventud, al tiempo que optimiza las conexiones entre Pontevedra y Vilagarcía de Arousa.

La información relativa a los nuevos servicios estará disponible para su consulta en la página web www.bus.gal.

Investigan una supuesta violación en las fiestas de Pontellas

0

Tras quedarse sola en una fiesta, dos individuos la habrían convencido para subirse al coche y, posteriormente, violarla

La Guardia Civil investiga la supuesta violación de una joven de 19 años en las fiestas en honor a San Campio de Pontellas, en O Porriño.

Por el momento la víctima no ha presentado denuncia, aunque se espera que lo haga próximamente.

Desde el instituto armado ya se ha iniciado una investigación después de conocerse los hechos, que habrían ocurrido en la madrugada del pasado lunes, cuando la mujer se quedó sola en las fiestas tras acudir con unos amigos. En ese momento, dos individuos la habrían convencido para subirse al coche con ellos y, posteriormente, violarla.

La joven, tras hablar con sus familiares, acudió a un centro médico para que le llevasen a cabo una exploración.

Detienen a un joven en Vigo que apuñaló en la espalda a su pareja durante una pelea

0

Los profesionales sanitarios trasladaron a la presunta víctima al hospital Álvaro Cunqueiro, si bien las heridas de la joven no son graves

La Policía Nacional ha detenido en Vigo a un joven de 23 años que presuntamente blandió un cuchillo de cocina contra su pareja durante una discusión, causándole varias heridas en la espalda, aunque estas no revisten gravedad.

Los hechos, según detallan fuentes policiales, se produjeron a primera hora de la pasada madrugada en una vivienda de la calle Castelao, donde se inició una disputa entre la pareja durante la cual el ahora detenido propinó también diferentes golpes a su pareja, con la que mantiene una relación desde hace unas pocas semanas.

Los agentes arrestaron al joven sobre la una de la madrugada como presunto autor de un delito de homicidio en grado de tentativa y ahora están a la espera de ponerlo a disposición judicial.

Hasta el lugar de los hechos se desplazó una ambulancia de Urgencias sanitarias 061, cuyos profesionales trasladaron a la presunta víctima al hospital Álvaro Cunqueiro, si bien, según subraya la Policía, las heridas que ha sufrido la joven no son graves.

O Castelo de Soutomaior acolle este xoves o espectáculo ‘Rock ‘n’ magic’ do Mago Teto

0

Neste show para todos os públicos, que comezará ás 19 horas, o ilusionista mestura dúas das súas grandes paixóns: o rock e a maxia

Música e maxia envolverán o Castelo de Soutomaior este xoves 20 de xullo co espectáculo Rock ‘n’ magic do Mago Teto, unha actividade para todos os públicos cargada de ritmo e humor que se enmarca no programa provincial Tras as Ameas, co que este verán a Deputación de Pontevedra enche de cultura os castelos de Soutomaior e Sobroso. A actuación, para a que están xa todas as prazas esgotadas, comezará ás 19 horas e nela o Mago Teto ofrecerá unha mostra do seu repertorio, no que caben aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e pequenas e grandes ilusións máxicas acompañadas de temas de rock and roll.

O Mago Teto debutou cando era só un adolescente no seu instituto de Viana do Bolo sorprendendo aos seus compañeiros e compañeiras cunha actuación no Día das Letras Galegas de 1992. Catro años despois, chegou o seu despegue profesional con A maxia dos soños e desde a estrea dese primeiro espectáculo, con tan só 19 anos, foise convertendo nun dos ilusionistas máis relevantes de Galicia. Con Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, o Mago Teto une o seu talento ao de Fer Risco (na batería) e Mon Orencio (na guitarra).

Tras as Ameas arrancou o 27 de xuño e inclúe ata o 29 de agosto un total de 13 accións entre concertos, obradoiros, contacontos ou espectáculos escénicos que inclúen maxia e circo divididas en cinco bloques: Noite no castelo (accións nocturnas); Música con historia (concertos para público familiar); Nin príncipes nin princesas (contacontos); O teatro vén de visita (teatro de rúa); Creando no xardín (obradoiros participativos de arte); Vaia circo este castelo! (espectáculos de circo exterior) e Entre muros de maxia! (espectáculos de maxia).

Ademais de Rock ‘n’ Magic, hai outras cinco actividades que teñen as prazas esgotadas: As palabras perdidas de Inventi Teatro, o 27 de xullo en Soutomaior; as actividades de circo Glamping de SU.MA., o 3 de agosto en Soutomaior; o concerto Paxaro amigo. Músicas para a paz de Mamá Cabra o 10 de agosto en Soutomaior; o espectáculo circense Nino & Mambrú de Nauta o 17 de agosto en Soutomaior; e a actividade de maxia Superheroe de Fran Rei o 22 de agosto en Sobroso. Si quedan prazas dispoñibles para o concerto Silforiña da compañía Golfiños o 1 de agosto en Sobroso e para o obradoiro Lingoreteira de Xarope Tulú o 29 de agosto en Sobroso.

La Travesía a Nado de la Ría de Vigo espera alcanzar los 200 nadadores

0

El sábado 5 de agosto, a las 16.00 horas, arrancará una nueva edición desde O Morrazo

El primer sábado de agosto próximo (día 5), y en horario vespertino (16:00 horas), vuelve la Travesía a Nado de la Ría de Vigo, una de las citas clásicas que organiza la sociedad recreativa viguesa ya desde el siglo pasado.

El presidente del club, José Antonio Portela, acompañado de su vicepresidente, Eduardo Varela, y de la responsable de la sección de natación, Marisa Urcullu, se felicitó por la puesta en escena de una nueva edición de este evento, también escaparate de sus propios nadadores. “Estoy muy orgulloso de la sección de Natación, porque igual que hace veinte años el club estaba en un nivel altísimo en esta modalidad, ahora volvemos a tener una nueva remesa de nadadores que, por su trabajo y dedicación, son el futuro del club, y espero que dure muchos años”, dijo.

Y es que con Portela también estuvieron presentes el propio entrenador de la sección y las nadadoras que se proclamaron campeonas gallegas absolutas en Ourense hace unos días. Portela, que las felicitó de forma personal por su gran resultado, augura una gran travesía. “Además de la vela, la natación siempre ha sido nuestra bandera y a la cantidad de grandes nadadores que ha tenido el club”, sostuvo.

Marisa Urcullu, al frente de la gestión de la sección, explicaba que esta competición de aguas abiertas es un brillante final a una temporada fantástica. “Un año más vamos a celebrar la travesía, que es un clásico dentro del calendario de travesías; este club está muy orgulloso de poder celebrarla como colofón al gran año que ha realizado el equipo de natación del Náutico, con su ascenso a División de Honor gallega y el triunfo en el Gallego femenino absoluto después de más de veinte años sin lograrlo”, manifestó.

Sergio Silva, que se ocupará de la dirección del evento, espera unos 200 nadadores en la prueba, que como es habitual cruzará la ría de lado a lado, saliendo de la playa de O Con (Moaña), con llegada a la dársena deportiva, ante el edificio social. Para intentar sortear las complicaciones de otros años (niebla, alerta amarilla…) la organización ha abandonado la matinal del domingo para disputarse en sábado por la tarde.

Al igual que el año pasado, además de la prueba reina de 3.700 metros (para Élite, Máster y popular), habrá otras distancias de 1.200 metros (infantil-alevín), 400 (benjamín) y relevos (4×400). Con premios económicos en el 4×400 élite y en la travesía élite, la inscripción está abierta hasta el día 30 en la plataforma Championchip. Ya hay 130 inscritos.

O Sergas pide á nova alcaldesa de Cangas que axilice a cesión dos terreos para poder construír o novo centro integral de saúde

0

Javier Puente agarda que o novo goberno local mude a postura do anterior e colabore na posta en marcha dun centro que engadiría novas prestacións á poboación do Morrazo, como unha unidade de hemodiálise

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Francisco Javier Puente Prieto, e a nova alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, mantiveron unha reunión onte no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo na que o responsable da sanidade viguesa solicitou á mandataria municipal a cesión pendente dos terreos que permitan a construción no municipio dun novo Centro Integral de Saúde (CIS).

Esta iniciativa, formulada pola Xunta hai xa cinco anos, aínda non puido ser materializada debido á falta de colaboración dos sucesivos gobernos locais na cesión á administración autonómica dos 4.900 m2 de terreo precisos para a súa edificación.

Con tal motivo, o xerente da Área Sanitaria de Vigo reiterou esta demanda ao novo goberno municipal para poder dar unha resposta definitiva á cidadanía de Cangas ao respecto desta nova infraestrutura sanitaria que precisa. Ao finalizar o encontro, Puente Prieto mostrouse confiado en que a alcaldesa de Cangas poda mudar a postura mantida polo anterior goberno local e opte colaborar neste proxecto.

Acumulación de atrasos

O proxecto da construción deste novo CIS en Cangas parte do Estudo de Necesidades Sanitarias para Cangas e Moaña, un documento elaborado en 2018 e que contou coa participación de todos os profesionais das estruturas sanitarias implicadas, así como coas administracións locais, asociacións de pacientes e de usuarios.

Neste plan, contemplábase a creación dun Centro Integral de Saúde, emprazado na zona canguesa da Rúa, con urxencias de atención primaria con consultas, salas de observación, radioloxía dixital, laboratorio, telemedicina e unha base do 061.

O seu plan funcional contemplaba tamén, unha área integral de rehabilitación con consultas de fisioterapia, cabinas de tratamento, ximnasio e unha sala para rehabilitación cardíaca. Así mesmo incluíanse áreas de odontoloxía e saúde bucodental, de saúde mental, de atención á muller ou de farmacia e espazos para o servizo de Hospitalización a Domicilio ou para a prestación doutras especialidades médicas.

Este proxecto non puido ser levado adiante pola falta de resposta do Concello de Cangas á cesión dos pertinentes terreos, aínda que se seguiron producindo encontros e contactos co fin de chegar a unha solución; un dos máis recentes, a remisión ao concello o 8 de febreiro pasado dun novo Plan Funcional, no que se detallaban aínda máis melloras, como a posibilidade de integrar no CIS unha unidade de hemodiálise con capacidade para 32 pacientes, que evitaría moitos desprazamentos á poboación do Morrazo.

Esforzo na atención

Dada esta situación, e consciente de continuar ofrecendo a pertinente atención sanitaria á veciñanza de Cangas, a Consellería de Sanidade ven de incrementar nos últimos meses a dotación de persoal no Concello, coa dotación dun equipo de enfermaría de atención a domicilio, a incorporación de nutricionista, o incremento dun novo psiquiatra na Unidade de Saúde Mental, así como o aumento da actividade de Radioloxía en horario de tarde, ademais de organizar actividades extras de Fisioterapia cando as circunstancias o requiren, evitando o desprazamento de veciñas e veciños de Cangas a outros centros asistenciais da área sanitaria.

Por outra banda, o xerente da área lembrou a decisión do goberno galego de promover unha lei para poder cubrir sen oposición, por concurso de méritos, as prazas de atención primaria de difícil cobertura. Este mecanismo conseguiu captar o ano pasado unha facultativa para a quenda de tarde do centro de saúde e, neste ano, permitiu convocar outras dúas prazas, unha de medicina de familia e outra de pediatría de atención primaria.