O alcalde anima á cidadanía a visitar a Galería subterránea e o polvorín do Castro

0

As visitas guiadas á fortaleza de O Castro proseguen con éxito na cidade e xa son case 6.000 as persoas que presenciaron a recreación da gran batalla naval de 1719

Abel Caballero lembrou que que os percorridos son gratuítos e concértanse a través do 010

Abel Caballero lembrou esta mañá que seguen con éxito as visitas guiadas á Galería subterránea e o polvorín do Castro. Tal e como explicou, as rutas guiadas funcionan para o público en xeral de martes a xoves, entre as 17,00 ás 19,00 horas. Os sábados abren de 11,00 a 13,00 e de 17.00 a 19,00 horas, mentres que os domingos pódense visitar de 11,00 a 13,00 horas.

O alcalde animou a toda a cidadanía a percorrer os túneles, presenciar a gran batalla naval de 1719 e o asedio á fortaleza. As visitas son gratuítas e concértanse a través do 010.

O proxecto de musealización de O Castro contou cun orzamento de 1,4 millóns que financiou o Goberno de España. Durante os últimos catro meses de 2023 case 6.000 persoas realizaron esta visita.

El grupo británico UB40 llenará Vigo de reggae este verano

0

Abel Caballero ha anunciado hoy que la mítica banda inglesa se incorporará al cartel de “Vigo en Festas 2023”, subiendo al escenario de Castrelos el próximo 7 de agosto

UB40 es «uno de los grandes grupos de la historia del reggae», afirmó el alcalde de Vigo al anunciar su llegada a Vigo este verano.

La banda de Birmingham, formada en 1978, celebra sus 45 años de carrera con un concierto en el auditorio natural de Castrelos el próximo 7 de agosto. UB40 es una de las bandas más famosas de los años 80 y 90, con varios éxitos que siguen repasando en sus conciertos.

En su repertorio «muestran un gran interés por los temas sociales», como lo demuestra su nombre, que tiene su origen en el Unemployment Benefit , «el documento con el que se solicita ayuda a los desempleados en Inglaterra», explicó Caballero.

Uno de sus grandes éxitos es la canción Red Red Wine , que fue lanzada originalmente por Neil Diamond en 1967 pero que triunfó cuatro décadas después al ser revertida por UB40, con la que lograron estar 40 semanas en lo más alto de la lista Billboard .

Actualmente cuentan con 9,2 millones de oyentes mensuales en la plataforma Spotify . Como señaló el primer alcalde de Vigo, «vendieron 70 millones de ejemplares en todo el mundo». En su carrera consiguieron 50 éxitos que entraron en las listas británicas, donde ostentan el récord de mayor cantidad de semanas, un total de 214, durante los años 80.

UB40’s es el quinto concierto confirmado para este verano:

  • Dani Fernández (13 de julio)
  • Sen Senra (25 de julio)
  • UB40 (7 de agosto)
  • Víctor Manuel (14 de agosto)
  • Melendi (17 de agosto)

Ana Ortiz muestra a los hosteleros la «excepcional oferta formativa» de la Escuela de Hostelería del CIFP Manuel Antonio, el mayor centro educativo de Vigo

0

La delegada territorial de la Xunta hizo un recorrido este lunes por la escuela viguesa junto con representantes de Ahosvi y Feprohos

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Ana Ortiz, y el jefe territorial de Educación, César Pérez Ares, visitaron este jueves la Escola de Hostalaría del CIFP Manuel Antonio junto con representantes de la Asociación de Hostalaría de Vigo (Ahosvi) y la Federación Empresarial de Turismo e Hostalaría de Pontevedrda (Feprohos).

Durante el recorrido, la representante autonómica destacó la oferta formativa de la escuela que destaca por su trayectoria y prestigio desde hace ya 24 años en nuestra ciudad. «Estamos en el mayor centro educativo de Vigo, con más de 1.600 alumnos, y ante una formación de una calidad oferta excepcional», señaló.

A ex-presidenta do Tribunal Constitucional, María Emilia Casas, converterase na 30ª honoris causa da Universidade de Vigo

0

A distinción foi aprobada este xoves polo Consello de Goberno

Tamén se deu o visto bo ás axudas propias de investigación e á creación dunha nova spin-off

María Emilia Casas, ex-presidenta do Tribunal Constitucional e primeira muller catedrática na área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social en España, converterase na trixésima doutora honoris causa da Universidade de Vigo. O Consello de Goberno aprobou este xoves o seu nomeamento impulsado pola Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social que, na súa proposta, destaca que a integración de Casas no claustro de doutores “sen dúbida vai ennobrecer a nosa institución”. A profesora Casas é, como relataba a profesora Belén Fernández Docampo na lectura dos seus méritos, “unha das xuristas vivas que máis pegada tiveron na conformación do noso modelo de Estado Social e Democrático de Dereito. É unha persoa comprometida coa democracia e cos dereitos fundamentais. A súa militancia na non discriminación por sexo e xénero quizais sexa a máis coñecida. Alén diso, e tamén das moi importantes maxistraturas que exerceu e exerce, é comunmente aceptada como o persoeiro máis referencial en España na rama social do Dereito”. Se a todo iso, continuaba a glosa, “se suma a súa condición de galega comprometida coa súa terra, cómpre concluír que sería de xustiza que os órganos colexiados da Universidade de Vigo sosteñan esta proposta” impulsada “desde a admiración e tamén o agarimo persoal a María Emilia Casas”. E así foi, xa que o seu nomeamento foi aprobado por asentimento.

Ademais deste recoñecemento, a sesión serviu tamén, entre outros temas, para aprobar as axudas propias á investigación ou as memorias dos programas académicos de percorridos sucesivos (PARS), así como para que o reitor, Manuel Reigosa, dese conta da renovación do equipo de goberno e informase de novidades referentes ás prazas dos graos e mestrados para o próximo curso, á convocatoria de prazas docentes ou á  elaboración do POD.

Unha muller fondamente comprometida cos dereitos e liberdades

A presentación da proposta de nomeamento de Mª Emilia Casas como doutora honoris causa no Consello de Goberno correu a cargo da profesora Belén Fernández Docampo, pola ausencia do catedrático Jaime Cabeza. O texto presentado pon en valor que María Emilia Casas é “unha muller galega fondamente comprometida cos dereitos fundamentais e liberdades públicas e, en particular, coa non discriminación entre mulleres e homes. Así mesmo, é a máis salientable arquitecta do noso Dereito colectivo do traballo, en particular mediante os seus relatorios nas sentenzas do Tribunal Constitucional verbo dos dereitos de folga, de liberdade sindical e de negociación colectiva”.

Tamén destacan as e os impulsores deste nomeamento que, a pesar de desenvolver a súa carreira lonxe de Galicia, Casas non esqueceu as súas orixes e segue “intensamente comprometida coa nosa realidade”. Este compromiso valeulle a concesión da Medalla de Ouro de Galicia no ano 2008 ou o premio Fernández Latorre no ano 2017, ademais de ser nomeada ‘Galega do Ano’ polo Grupo Correo Gallego no 2011. Alén deses recoñecementos, a súa presencia nas tres universidades galegas en comisións de selección de prazas de profesado, na docencia en diversos cursos de posgrao e doutoramento, en seminarios e congresos e, en xeral, cantas actividades que organizan as cadansúas áreas de Dereito do Traballo e da Seguridade Social ten sido permanente. En concreto, a súa relación coa Universidade de Vigo remóntase ao ano 1995, cando visitou a institución para clausurar un curso. Dende ese intre, asistiu a múltiples actividades, entre elas a sesión de clausura do Curso de negociación colectiva e individual, que en outono de 2023 acadou a súa sexta edición.

Ademais, os impulsores do seu nomeamento recalcan a “súa implicación constante co Consello Galego de Relacións Laborais. Moi en particular, foi a redactora principal do I Acordo Galego de Solución Extraxudicial de Conflitos, asinado no ano 1992 polas organizacións sindicais UGT, CIG e CCOO e pola confederación empresarial CEG”. Tamén recalcan que as súas achegas ao ámbito laboral e da Seguridade Social son decisivas nun amplo feixe de materias e, en particular, negociación colectiva e liberdade sindical, non discriminación por razón de sexo, políticas sociais da Unión Europea, Seguridade Social agraria e, moi sinaladamente, protección de dereitos fundamentais no eido laboral. Foi nomeada doutora honoris causa polas universidades Carlos III, Las Palmas de Gran Canaria, Santiago de Compostela e Málaga.

O BNG de Vigo denuncia que a actualización do Inventario Municipal leva no “limbo” durante ano e medio

0

A fronte nacionalista solicita información sobre o estado de tramitación deste expediente, que incorpora preto de 21 mil modificacións sobre os bens e dereitos do Concello, e sobre  as moitas alegacións veciñais que aínda non teñen resposta

Xabier P. Igrexas: “A cidade necesita dun alcalde que goberne e xestione, non apenas dun tertuliano televisivo”

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que a actualización do Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Vigo leva no “limbo administrativo” durante ano e medio. A fronte nacionalista solicita información do Goberno municipal sobre o estado de tramitación do expediente, que incorpora preto de 21 mil modificacións sobre os bens e dereitos municipais, aprobado inicialmente en xaneiro de 2023 polo PSOE e o PP.

Así o demandou este xoves o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, urxindo tamén resposta ás moitas alegacións veciñais recibidas que aínda non tiveron contestación do Goberno local nin tampouco os grupos da oposición puideron coñecer polo momento.

Igrexas lamentou este novo exemplo de “falla de transparencia” por parte do Executivo de Abel Caballero, a quen afeou o “escaso prazo” para a exposición pública, que rematou en marzo do ano pasado. “Un proceso que foi reducido a un mes, rexeitando a demanda do BNG de amplialo a tres, e que se fixo sen habilitar un visor web que facilitase a consulta dun expediente de case 4.500 páxinas e de evidente complexidade técnica”, criticou.

O portavoz nacionalista lembrou que a actualización do Inventario Municipal “non é un trámite burocrático” e reivindicou a súa importancia á hora de definir que viais e espazos son de titularidade pública, cunha evidente afectación a nivel urbanístico e de mantemento. Así o demostran, a xuízo do Bloque, situacións como as que vive a veciñanza da contorna da rúa Bueu, en Coia, onde o Concello se “desentende” de actuar en viais “degradados e inaccesíbeis” alegando que non son da súa competencia.

“Que a actualización do Inventario estea nun limbo administrativo durante case un ano e medio xera unha maior desprotección das viguesas e vigueses diante de decisións que lles afectan nalgúns casos en primeira persoa, pero que teñen un claro impacto en termos de interese público”, valorou Igrexas.

Un alcalde que xestione e non un tertuliano

Dende a fronte nacionalista consideraron que esta situación evidencia máis unha vez a “total falla de xestión” por parte do Goberno municipal, malia contar cunha amplia maioría absoluta e con máis recursos económicos que ningún outro Executivo na historia da cidade. “É incapaz de atender con axilidade e eficiencia aspectos tan importantes como completar dunha vez por todas a actualización dun Inventario que comezou a revisarse hai 23 anos”, reprochou.

O portavoz municipal do BNG achacou esta circunstancia a que os 19 concelleiros do Goberno local fiquen reducidos a un “superconcelleiro de propaganda” na figura de Abel Caballero. “A cidade necesita dun alcalde que goberne e xestione, non apenas dun tertuliano que o único que xestiona é o seu autobombo e propagandístico, con paseos por platós televisivos como o que vai volver protagonizar hoxe con Risto Mejide”, remachou.

El PP de Vigo exige a Caballero que “asuma sus competencias” y deje de usar la educación como “arma arrojadiza” para tapar su “mala gestión”

0

El grupo municipal popular pide saber en qué consiste la advertencia trasladada a la empresa encargada de la limpieza en los colegios y pregunta si se prevén sanciones por el reconocido absentismo laboral

Fernando González Abeijón lamenta que el alcalde socialista base su estrategia política en presentar mociones contra la Xunta en los plenos y en “acusar a diestro y siniestro sin hacer ni la más mínima autocrítica”

El PP de Vigo ha exigido a Abel Caballero que “abandone su estrategia de usar la educación como un arma arrojadiza” y le ha reclamado que “asuma de una vez por todas sus obligaciones y competencias en esta materia”. El concejal Fernando González Abeijón ha lamentado que el alcalde socialista base su “estrategia” en “buscar titulares de prensa” que “tapen su mala gestión” mientras “se desentiende olímpicamente de su primera obligación: atender las necesidades básicas de los centros educativos en cuanto a limpieza y mantenimiento”.

Así  lo demuestran, a juicio del grupo municipal del PP, la falta de conserjes en los colegios o la “deficiente” limpieza de los centros educativos que estos días está denunciando la Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foapas). En lugar de solucionar los problemas existentes, el Gobierno local “vuelve a hacer política acusando a diestro y siniestro sin hacer ni la más mínima autocrítica al respecto”, tal y como remarca González Abeijón. Un “plan” que también se plasma cada mes en los plenos municipales, donde el PSOE “parece estar solo preocupado” por llevar una moción reclamando a la Xunta de Galicia “lo que sea” con el “único propósito de intentar hacerle daño políticamente”.

En lo que respecta a la limpieza, el edil popular ha asegurado que el Ejecutivo municipal “llega tarde” cuando dice que le ha exigido a la concesionaria que cumpla con el pliego de condiciones. “¿En qué ha consistido esta advertencia? ¿Le pidió también explicaciones debido al elevado absentismo laboral que aduce la empresa y reconoce y parece aceptar el Concello? ¿Se plantea el Gobierno local sancionar a esta empresa por incumplir sus obligaciones?”, ha preguntado Abeijón. Según el concejal popular, Abel Caballero “no puede abdicar eternamente de sus responsabilidades”, que pasan también por un mayor control de las concesionarias, a las que trata “con una llamativa complacencia”. “Sucedió lo mismo hace poco con Vitrasa, a la que se le permitió absolutamente de todo mientras se difundía el bulo de que su comité de empresa estaba politizado. Esta acusación falsa se vuelve a usar ahora con Foanpas. Pero quien está politizando es Abel Caballero, en este caso usando algo tan importante como la educación como arma arrojadiza”, ha denunciado el edil del PP vigués.

Luisa Sánchez remarca o apoio de 120.000 € da Deputación ao Coruxo FC na súa visita ao Campo do Vao na última xornada de adestramento do club desta tempada

0

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou as instalacións do Campo do Vao na última xornada de adestramentos da tempada do Coruxo FC. Sánchez recordou que a institución provincial destina neste período 120.000 € ao club co obxectivo de “garantir un respaldo económico para axudalo a afrontar os gastos de participación nunha liga de tanta esixencia como é a Segunda División da Real Federación Española de Fútbol, na que ten conseguido manterse”.

Ademais, amosou optimismo ante “unha nova tempada que, de seguro, traerá moitos máis éxitos”. Luisa Sánchez subliñou a “aposta prioritaria” do Goberno provincial polo deporte, con investimentos millonarios para “potenciar o deporte, a base, pero tamén para modernizar as infraestruturas deportivas de toda a provincia, así como para converter a este espazo no escenario das probas deportivas máis importantes do mundo”. Ademais, recordou que se acaban de aprobar as axudas, por valor de 500.000 €, 200.000 € máis que o que aportaba o anterior Goberno provincial, para os clubs deportivos da provincia, “o que demostra que a nosa aposta polo deporte non é de palabra, senón de feitos”.

A delegación da Xunta en Vigo acolle o simulacro de emerxencia no edificio administrativo

0

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo acollerá este xoves o simulacro de emerxencia no edificio administrativo do Goberno galego na cidade. O simulacro que se realizará na sede da delegación durará aproximadamente unha hora e media e ten como finalidade poñer a proba o Plan de Autoprotección do edificio administrativo, ademais de formar aos centos de traballadores que cada día acoden ao seu posto de traballo.

Descubierta una especie nueva de esponja para la ciencia en aguas de Galicia

0

Un equipo del Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) y del Grupo de Estudo do Medio Mariño de Riveira (GEMM) acaban de publicar el hallazgo

Esta esponja, recogida por primera vez en la ría de Arousa a 30 metros de profundidad, se ha nombrado como Biemna begonae en homenaje a Begoña Pérez Dieste, entusiasta defensora del medio marino

Un equipo científico del Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) y del Grupo de Estudo do Medio Mariño de Riveira (GEMM) han descubierto una nueva especie de esponja no catalogada hasta la fecha.

La especie fue recolectada por primera vez en la ría de Arousa a 30 metros de profundidad mediante técnicas de buceo. Se trata de una especie perteneciente al género Biemna del que solo se había descrito anteriormente una especie en aguas gallegas y cinco en aguas europeas.

“La morfología de la nueva especie es de forma de cojín semiesférico con numerosas proyecciones tubulares que emergen de la base, terminan en los ósculos que conducen el agua al exterior después de ser filtrada y presentan un color general rojo burdeos o crema”, explica Javier Cristobo, investigador del Centro Oceanográfico de Gijón y primer autor del trabajo. “Su esqueleto característico está formado por espículas silíceas que son diferentes respecto a otras especies próximas”, apunta el científico.

Los ejemplares se encontraron entre 20 y 30 metros de profundidad, en fondos duros detríticos, principalmente en superficies rocosas horizontales cubiertas por finas capas de sedimentos. Los especímenes recolectados en julio mostraron yemas reproductivas a lo largo de las papilas.

El nombre elegido para esta especie ha sido Biemna begonae en homenaje a Begoña Pérez Dieste (1965-2021), entusiasta defensora del medio marino y hermana de uno de los coautores.

Este trabajo ha sido posible gracias a la colaboración del Instituto Español de Oceanografía, que a través del equipo de investigación ECOMARG estudia la biodiversidad bentónica en la demarcación noratlántica a través varios proyectos de investigación, y la organización sin ánimo de lucro Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM), creada en 2010 para mejorar el conocimiento sobre la fauna marina de las costas gallegas. Gracias a su constante actividad de buceo se han encontrado especies de gran interés y poco conocidas.

A Deputación abre este venres o prazo para que confrarías e agrupacións de mariscadoras soliciten axudas para afrontar gasto corrente e novos investimentos

0

As axudas ascenden a 250.000  € e contan con dúas liñas: novos investimentos e gasto corrente. Por vez primeira e para atender a demanda do sector, a institución provincial destinará 175.000  € para que as entidades poidan afrontar gasto corrente

A Deputación de Pontevedra abre este venres, 10 de maio, o prazo para que confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras poidan solicitar as subvencións para afrontar novos investimentos e gastos correntes. As axudas, dotadas cun orzamento de 250.000 euros, divídense en dúas liñas: a de investimentos, con 75.000 euros, e a de gastos correntes, que contará con 175.000 euros para afrontar gasto corrente, atendendo así ás necesidades e demandas formuladas polo sector. 

Deste xeito, con estes 175.000 euros de gasto corrente, as confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras poderán facer fronte ás facturas de combustible e electricidade, á adquisición de semente de moluscos bivalvos e ao gasto de persoal.  Por outra banda, o importe restante desta liña de axudas da Deputación ata completar os 250.000 euros, 75.000 euros, permitirá que estas entidades poidan impulsar novos investimentos como elementos de transporte, construcións, mobiliario, formación técnico ou material de vixilancia.

Cabe destacar que a porcentaxe máxima subvencionable será do 80% do orzamento total, ata un máximo de do orzamento de gastos de 40.000 € e un importe da subvención mínimo de 600 € e máximo de 20.000 €. As solicitudes poden presentarse a través da Sede electrónica da Deputación ata o 7 de xuño, e nas bases da convocatoria pode consultarse a documentación que é preciso achegar en cada unha das liñas.